lunes, 28 de septiembre de 2009

VIDEOFORUM "MUNDO LÉSBICO" COA PELICULA "LA CALUMNIA"



VIDEOFORUM "MUNDO LÉSBICO" COA PELICULA "LA CALUMNIA"

SABADO 3 DE OUTUBRO NA SALA DE TV DO FORUM METROPOLITANO ÁS 17:30

O grupo LGTB socialista de A Coruña 7CORES, organiza un Videforum sobre o mundo da muller lesbiana.

Este sábado 3 de outubro a partir das 17:30 veremos a película "LA CALIMNIA" de 1962, de William Wyler coas magnificas interpretacións de Audrey Hepburn e Shirley MacLaine. Logo de ver a película debateremos do "MUNDO LÉSBICO".

A PELÍCULA

Karen (Hepburn) e Martha (MacLaine) son as directoras dunha exclusiva escola para rapazas. Unha alumna maliciosa e vingativa, furiosa por un castigo que recibiu, escoita por casualidade un comentario e o emprega dunha forma manipulada, para acusar as súas profesoras dunha conduta reprobable. Os escandalosos rumores propáganse velozmente pola comunidade escolar, con repercusións inmediatas, devastadoras e tráxicas.

martes, 22 de septiembre de 2009

VELADA 7 CORES CON SILVIA LONGUEIRA


O pasado venres 18, as xentes do grupo LGTB 7 CORES ceamos coa concelleira de asuntos sociais do concello de A Coruña, Silvia Longueira. Foi unha cea amena e distendia.


Falamos das nosas saídas do armario, a situacion do mundo lgtb. E durante un bo intre falamos das nosas vodas, e da futura voda dalgún dos asistentes.

Politica, chismes, chistes, economia e a escena musical da nosa ciudade formo parte da charla .

Tamen falamos da pronta posta en marcha do "servizo de mediación e información LGTB" por parte do concello. Que leva un certo atraso por causas alleas a nós e ao concello pero que de aqui fin de ano estara en marcha.

Gracias Silvia e tamén a todos os asistentes á cea.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

SABADO DÍA 26 DE SETEMBRO ÁS 13:30. XANTAR-FESTA pola "VISIBILIDADE RURAL"

SABADO DÍA 26 DE SETEMBRO ÁS 13:30. XANTAR-FESTA pola
"VISIBILIDADE RURAL"


Na praza do centro cultural de Monterroso. Se fai mal tempo trasladárase á cúpula de Monterroso. A idea é facer un acto aberto a todo o mundo. Cada un levará a súa comida e bebida (e levade un mantel de cuadros).

Despois de comer haberá xogos:
TIRAR DA CORDA
PAÑUELO
CARREIRA DE SACOS
BRILÉ

Ás seis da tarde realizarase un acto cultural festivo no salón de actos docentro cívico.

MANUEL CLAVIJO (Cantante e compositor)
Lectura de unhas poesías do poeta de Monterroso JESUS MANUEL LORENZO VARELA VAZQUEZ.
ACTUACIÓN DA DRAG "CANDY"
ACTUACIÓN DA TRAVESTI "AFRODITA"

Esperámosvos a todas e todos. Por favor se podedes comunicar a asistencia sería de agradecer.
Escribide a lgtb@psdg-psoe.org

jueves, 10 de septiembre de 2009

HOMOSEXUAIS ITALIANOS PINDEN ASILO EN ESPAÑA POLA "CRECENTE HOMOFOBIA" DO SEU PAIS



O colectivo Arcigay, o máis importante do país, quere que España se converta na súa voz en Europa
Homosexuais italianos protestan en Roma polos seus dereitos. - AFP EFE - Roma - 08/09/2009 19:27
Membros do colectivo de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (LGTB) italianos anunciaron que van realizar unha solicitude de asilo colectivo ante o consulado de España en Milán para denunciar "o crecente clima de homofobia que vive Italia".
"Queremos asilo nun país civilizado", anuncian na súa páxina os membros do colectivo Arcigay, que ademais convocaron diferentes actos de protesta e unha manifestación nacional que se celebrará en Roma o vindeiro 10 de outubro.
Con estas iniciativas pretenden denunciar os recentes ataques a persoas do colectivo LGTB e a locais de ambiente gai que se produciron en Italia e expresar o seu desexo de que España se converta na súa voz en Europa.
Na súa páxina web rexeitan "un concepto de seguridade construído sobre unha vontade de control, poboado de inútiles patrullas veciñais, coa lóxica do medo e as cámaras de seguridade, pero no que os homófobos campan libremente".

miércoles, 2 de septiembre de 2009

CEA 7CORES CON SILVIA LONGUEIRA, CONCELLEIRA DE SERVICIO SOCIAIS


Volvemos coas ceas 7 cores. Esta vez coa concelleira de “servicios sociais” do concello de A Coruña SILVIA LONGUEIRA. Con ela charlaremos e compartiremos nosas vivencias dunha forma moi humana e amena. Estaremos coa persoa non coa concelleira.


Sera o venres 18 de Setembro ás 22:00 no restaurante GORENCIA na Rúa Cordelería, 63, xunto á igrexa Castrense en San Andres. O menu é pechado e seran 20 euros. Por favor apuntarvos e poder facer a reserva escribir ao mail lgtb@psoecoruna.org.

PROGRAMACION DO COLECTIVO "NOS MESMAS" DE VIGO PARA SETEMBRO.

"SOMOS MULLERES I"
Continuando ca fin de semana de convivenza en Panxón, dentro doprograma de "Tempo de Mulleres 2009" ofrecido pola Secretaría Xeral deIgualdade, ofertamos o seguinte módulo que ten por obxectivo:
-Recoñecer e coñecer como aprendemos a ser mulleres e homes na sociedade.
-Facilitar a adquisición das aptitudes precisas para un mellor desenrolo persoal e social.Algún dos conidos que trataranse serán:
-O sistema sexo-xénero
-O proceso de socialización
-Estereotipos e roles de xénero
-Os axentes de socialización
-O traballo produtivo e reprodutivo
-A violencia de xénero: conceptos, tipos e causas

Datas: 10 e 17 de Setembro---------17:30 a 19:30
22 de Setembro--------------19:30 a 21:30
Lugar de realización: Casa da Muller (Rúa Romil, 20)

A asistenza é gratuíta, prazas limitadas. Para anotarse ou calquera dúbida escribir a aso_nosmesmas@hotmail.com ou ó teléfono 685475622


EXPOSICION DE PINTURA DE DANIELE CABRERA.


Dani sorprenderanos coa súa obra "Galicia en Cores" onde nos mostrará a súa particular visión da terra galega, as nosas cidades, costumes e paisaxes.

Datas: 21 de Setembro ao 6 de Outubro (horario de L-V de 9:30 a 14h e de L-J de 17 a 20h) Lugar: Punto Xove (Rúa Lopez de Neira, 27)