domingo, 3 de abril de 2011

ACTO DO GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS GALEGOS PARA PRESENTAR A LEI INTEGRAL PARA A IGUALDADE DE TRATO




O grupo LGTB dos socialistas de Galicia organiza un acto para debater sobre a Lei Integral para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación que o goberno aprobará proximamente. Dun xeito especial charlaremos sobre as propostas que se refiren ás persoas homosexuais e transexuais.

A Lei Integral para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación é un anteproxecto que ten dous obxectivos básicos: Previr e erradicar calquera forma de discriminación por razón de nacemento, de orixe racial étnico, sexo, relixión, convicción e opinión, idade, discapacidade, orientación ou identidade sexual, ademais de por calquera outra circunstancia persoal ou social.
Ademais de protexer e reparar ás vítimas será de aplicación a todo tipo de afectados (incluídas as persoas xurídicas), e en todos os ámbitos da vida política, económica, cultural e social.

O acto celebrarase o mércores 6 de Abril ás 19:30 horas no Hotel Axis (c/ María Berdiales nº 22) e contaremos coa intervención de:

· Pedro Zerolo (concelleiro no Concello de Madrid e secretario de movementos sociais e relacións con ONG do PSOE)

. Carmela Silva, (portavoz socialista no Senado)

. Laura Seara (Directora do Instituto da Muller)

. Fito Ferreiro Seoane (Coordinador do grupo LGTB do PSDEG-PSOE)

. Jose Angel Santoro (Coordinador do grupo LGTB dos Socialistas de Vigo)

. Distintos representantes do Concello de Vigo, Deputados do Parlamento de Galicia e outras Asociacións e Colectivos.

Esperamos contar coa vosa presenza.