lunes, 29 de junio de 2009

"El DÍA DEL ORGULLO ES PARA LA SOCIEDAD EL DÍA DEL ORGULLO CIUDADANO"



Zerolo sinala que "el PP es la derecha de la ultraderecha " e que "es una losa para los derechos de LGTB y se han convertido en un peligro para la diversidad, por eso no daremos ni un paso atrás"



Santiago, 26 de xuño de 2009.- a Secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, participou hoxe xunto ao Secretario Federal do PSOE, Pedro Zerolo, na presentación dos actos de conmemoración do Día do Orgullo 2009.

Zerolo afirmou que “el Día del Orgullo es para la sociedad el Día del Orgullo ciudadano”, xa que nas manifestacións reivindícase un mundo mellor dende a diferencia.

Explicou que este ano se conmemora o 40 aniversario do inicio do movemento de liberación LGTB (lesbianas, gays, transexuais e bisexuais), cando recordando a Judie Garland nun bar en Nova Iorque a policía cargou contra eles. “Esa noche se dijo: basta ya”, dixo Zerolo, quen lembrou que como a frase de Garland, “más allá del arco iris es el lugar donde es posible que los sueños se hagan realidad”; dende entón se foron conquerindo dereitos e liberdade.


España, un refenrente


O Secretario federal de Movementos Sociais afirmou que España está hoxe á vangarda dos dereitos civís e humanos grazas á aposta decidida e valente do Presidente Zapatero polo recoñecemento da igualdade efectiva de lesbianas, gays, transexuais e bisexuis, e polas políticas de integración.

Pola contra, destacou a mala noticia da que “como casi siempre fue protagonista el PP” ao opoñerse onte no Congreso a unha declaración institucional en favor da realidade LGTB.

“Esta es la cara del PP, que sigue negando la realidad LGTB y sus derechos”, dixo Zerolo, polo que fixo un chamamento a Feijoo e a Rajoy para que retiren o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Matrimono entre persoas do mesmo sexo, que trouxo a felicidade a máis de 15.000 parellas, ás súas familias e amigos. Lembrando o xesto de Feijoo de asisitir a unha voda entre homosexuais, Zerolo advertiu que “ya no vale ninguna excusa”, e insisitiu en que o único que teñen que facer e retirar o recurso.

Neste sentido sinalou que o que o PP quere é explusar a estas parellas do Código Civil, e advertiu que o problema non estivo en ningún momento no nome da lei como alegaban. “El PP es una losa para los derechos de LGTB y se han convertido en un peligro para la diversidad, por eso no daremos ni un paso atrás“, aseverou.

O dirixente socialista engadiu que “el PP es la derecha de la ultraderecha de Europa, es muy conservador, por sus actos se les conoce y trabaja en contra de la igualdad LGTB sistematicamente”.

Precisamente polo resultado das eleccións europeas, Zerolo amosou a súa preocupación pola suba significativa de grupos de ultradereita, polo que dixo que “no corren buenos tiempos en la Unión Europea, ya que no son los más proclives a los reconocimeintos de los derechos LGTB”. Considera tamén que debemos exportar o noso modelo de “convivencia y coexistencia” á Unión Europea.


Educar en la diversidad


Por outra banda puxo en valor a aposta de Zapatero para constituir o 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, xunto a países como México, Costa Rica, Luxembrurgo, Holanda, Reino Unido e o Parlamento Europeo.

Ao lema do Orgullo 2009 “Escuelas sin armario”, o Partido Socialista suma “Educar en la diversidad”, porque tal e como afirmou Pedro Zerolo “la educación es el mejor medio para cambiar las mentalidades, el machismo” e acabar coa homofobia.

Ademais, Zerolo deu grazas aos colectivos reivindicativos sen os que ningún destes avances houberan sido posibles, e recordou que esta fin de semana o PSOE participará nos actos convocados nas diferentes comunidades autónomas que culminarán na manifestación estatal o vindeiro 4 de xullo en Madrid.

Como membro da Executiva Federal felicitou ao PSdeG pola súa valentía á hora de crear o Grupo de Traballo de LGTB, “que representa la diversisad de Galicia en el PSdeG”.

A Secretaria de Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, advirte que “non consentiremos que se dea ningún retroceso nin que se combata dende o PPdeG o avance dos dereitos de LGTB”, e anunciou que ademais da Proposición non de Lei presentada no Parlamento Galego, vaise presentar nos concellos galegos unha moción en apoio ao recoñecemento do día 17 de maio como Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.

Seara insistiu na importancia de elevar a protección e ampliacións dos dereitos civís como prioridade en todas as institucións.

No acto estivo tamén presente o coordinador do Grupo de Traballo LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro, quen fixo un chamamento á participación nos actos convocados para esta fin de semana nas cidades da Coruña, Ourense, Lugo e Vigo, xa que “a pesar dos avances conqueridos temos que seguir loitando día a día polos nosos dereitos”.

No hay comentarios: