miércoles, 14 de julio de 2010

CARTA ABERTA DO GRUPO DE HOMOSEXUAIS E TRANSEXUAIS DOS SOCIALISTA DE GALICIA

Esta tarde teremos na rúa un asasino confeso máis.
Jacobo Piñeiro Real será posto en liberdade hoxe mesmo.
O seu xuízo debe repetirse pero el estará entre nós desde hoxe.
Esta persoa asestou 57 puñaladas a seres humanos.
Parte delas logo de rebentar a porta para rematar a unha das súas vítimas
mentres esta chamaba (consta a chamada gravada) á policía pedindo socorro.
Ademais meteu pertenzas das súas vítimas nunha maleta e levoullas. E
prendeu lume.
Soa a asasino de serie de televisión? Pois non debeu ser así no xuízo con
xurado popular porque foi absolto do delito de asasinato.
Absolto ? Si absolto.
E porqué?
Estaba todo demostrado? Estábao. Entón que pasou?
Que o xurado pensou que o simple feito de que as súas vítimas fosen dous
homosexuais cos que acababa de ligar minutos antes nun pub de Vigo era
motivo suficiente para que este ser sentise tal medo que xustificase as 57
puñaladas.
Isto é homofobia pura e dura, desa que di "teño amigos gais" pero non
quero nada con eles nin merecen dereitos nin nada de nada.
Desa homofobia que está no disco duro das nosas mentes desde que nacemos
porque nola inculcaron durante mil anos.Esa que non somos libres de
decidir aínda que creamos que o estamos sendo.
Homofobia que forma parte dos nosos xenes, das nosas células.
Cremos que non a temos pero aí está.
Como non vai xustificar 57 puñaladas e dous asasinatos o medo a estar na
mesma habitación con dous maricóns? pois claro que si!
Dá igual que os coñeceu horas antes nun pub gai, onde adoita haber gais, é
o que teñen os bares gais...
O seu defensa cooulle un gol ao xurado, un gol en toda regra, como o de
Iniesta, pero a diferenza deste o gol o que o xurado tragouse foi o gol de
mal. Só fixo felices aos familiares do asasino.
Que xustiza é a que só fai felices aos familiares dos asasinos? pois unha
que comete erros graves.
Aínda así reaccionou e o xuízo deberá repetirse.
Pero de momento o asasino estará na rúa nunhas horas, connosco, convosco,
cos meus fillos, cos vosos fillos, alguén capaz de asestar 57 puñaladas e
que di que o fixo por medo, que por medo rebentou portas para seguir
apuñalando, que por medo perseguiu a quen intentaba sen éxito fuxir do seu
odio, á espera de novo xuízo, se é que segue en España para entón.

Javier Graña.

No hay comentarios: