viernes, 18 de noviembre de 2011

O GRUPO LGTB SOCIALISTA 7 CORES DENUNCIA O RECORTE DO 50% DO ORZAMENTO DE VISIBLE E QUE TALVEZ POIDA DESAPARECER.


NON DEIXAREMOS QUE NEGREIRA NOS VOLVAN Ao ARMARIO A Los HOMOSEXUAIS, TRANSEXUAIS E BISEXUAIS DE CORUÑA.




Este ano celébrase o V festival de arte LGTB da Coruña "Visible". Un festival que comezou en novembro do ano 2007 e que aos poucos foi consolidándose dentro a vida cultural da cidade e da vida das lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Un festival que cumpría a función de Visibilizar, Normalizar e Educar sobre a realidade do colectivo LGTB.

Un festival que foi facéndose grande nuns momentos de crises. Un festival cun orzamento moi axustado, por que sabiamos que nestes momentos tiñamos que ser comedidos.

Por iso queremos denunciar que o Goberno municipal reduciu a menos da metade o orzamento de VISIBLE CORUÑA. Este ano vaise a celebrar soamente unha obra de teatro e unha pequena exposición. Tamén esta dentro do festival a exposición sobre "Marcela e Elisa" que se vai a celebrar no centro Normal da Universidade, pero que foi patrocinada en case un 90% polo "Instituto da Muller" e pola "Universidade da Coruña" e a "Deputación da Coruña".

É tan pouco o orzamento do festival, que non hai partida para a publicidade. Nin para carteis, nin para repartición de programas. Só editáronse estes que pago unha persoa persoalmente por con o seu compromiso coa cultura LGTB. E sabemos que o que non se publicita non existe, non quererán volver ao armario as actividades LGTB do concello? Non será a súa intención volver meternos no armario?

Recordar que en maio tanto este grupo e o resto de grupos LGTB de Coruña, pedimos unha reunión co Alcalde da Cidade e seis meses despois seguimos esperando por ela.

Este ano é o primeiro ano no que a concellaría non se reúne cos colectivos LGTB da cidade para traballar no programa do festival. Nas catro edicións anteriores había reunións previas onde se nos informaba do programa e os grupos e colectivos faciamos achegas.

Dos 277.115.553,74 de orzamento do Concello da Coruña o orzamento de Visible Coruña supón un 0,0019%. Do orzamento de Servizos Sociais que son mais de 14 millóns de euros, Visible Coruña
supón un 0,03 por cento. Este ano seria un 0,015 %.

O concello da Coruña inviste en políticas LGTB uns 30.000 euros, que se van no Centro de Mediación LGTB, Visible Coruña, Visible Cinema, programación cultural da semana do Orgullo. O que supón un 0,010% dos orzamento do concello e un 0,2 dos orzamentos da concejalia de Servizos sociais.

Como vedes son uns orzamentos moi axustados e moi produtivos. Por iso cáusanos mais estrañeza este recorte. Ademais tanto o concelleiro como o xefe de servizo prometeunos que non ía recortar nada en políticas LGTB xa que dicían que tiñan unha especial sensibilidade co tema.

O festival Visible Coruña cumpre o papel de axudar a Normalizar, Visibilizar e educar sobre a realidade do colectivo LGTB. Non só estamos falando dun festival dedicado á cultura, ao teatro, a
arte, ao cine para lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Conseguiuse que a cidade da Coruña fose un referente con este Festival no resto de Galicia e en resto de España. O simple feito de realizalo
axudaba a Visibilizar o noso feito e que durante esa semana o mundo LGTB volvese estar na axenda de todas e todos. A normalizar a través de programar en sitios diferentes, non só son actos
para o publico LGTB. levaban estes a sala de teatros, bares, a rúa, centro cívicos, CGAI, e o teatro Rosalía onde se realizaba o acto principal do festival. E tamén se facían visitas guiadas ás exposicións, proxeccións no institutos co que quedaba cuberta a parte educativa.

Pero ademais o festival conseguira un prestixio dentro das compañías e os artistas galegos que preparaban traballos específicos para Visible Coruña. O festival teñen conexión co Festival Visible
de Sansebastian e o de Madrid. Así que varias obras e compañías de aquí representaron a súa obra nestes festivais. A película Ander do Coruñes Roberto Castón, a compañía de Cabaret "Femme Fatale" ou a obra Testosterona da compañía Chevere. Co que o festival servia de escaparete para axudar a que obras galegas coñecésense fóra de Galicia.


Queremos preguntarlle ao Alcalde da Coruña e ao concelleiro de Serviciossociales se é verdade que aumentou un 22% o gasto en servizos Sociais por que reduciron en 50% o orzamento de dedicado ao colectivo homosexual e transexual. E como dixemos, estamos falando dun orzamento de menos de 13000 euros do festival que quedou nuns 6000 euros.

O festival pasou de ter cinco actos e unha exposición a ter unha obra de teatro e unha pequena exposición. Ademais da referida exposición de Marcela E Elisa que organiza a Universidade da Coruña
coa axuda do Instituto da Muller.

É tan pobre este festival, que os grupos LGTB, 7 Cores e A.L.A.S Coruña habemos decidio facer un acto a maiores para que o festival non quede tan cutre.

Ou realmente estamos falando dunha acción política para que a poboación lesbiana, gai, transexual e bisexual volvamos ser invisibles. Volvamos estar no armario.

Desde o grupo LGTB dos socialistas de Galicia non imos permitir que ninguén nos Volvan a encerrar en ningún armario nin nos volvan a invisibilizar.

Fito Ferreiro Seoane
Coordinador do Grupo LGTB dos Socialistas de Coruña

jueves, 17 de noviembre de 2011

A FELGTB denuncia as falsidades de Rajoy respecto ao matrimonio





A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais, FELGTB, celebra que onte se tratase o tema do matrimonio entre persoas do mesmo sexo no debate entre candidatos do PSOE e PP á Presidencia do Goberno. O tema do matrimonio é unha preocupación que se suma ás económicas, sociais e laborais que teñen lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, polas consecuencias que pode ter para as familias xa casadas, os seus fillos e fillas, e para quen queiran facer uso do dereito ao matrimonio no futuro.



Mariano Rajoy insistiu en que non vai retirar o recurso que mantén o PP ante o Tribunal Constitucional, a pesar de ser un recurso que vai non só contra o nome do matrimonio senón tamén contra a capacidade de dous pais ou dúas nais de facerse cargo dos seus fillos. O recurso é inxusto e pesa sobre as máis de 25.000 parellas que xa contraeron matrimonio.



Pero ademais os argumentos de Rajoy caen polo seu propio peso. Pon de exemplo as figuras que segundo el en Europa amparan ás parellas do mesmo sexo con leis como o matrimonio pero sen usar ese nome. Cando fala de Reino Unido non se informou de que o presidente conservador David Cameron afirmou fai apenas un mes que cambiará a lei de parellas do feito polo matrimonio para as persoas do mesmo sexo para recoñecer a igualdade das parellas. Así mesmo Rajoy nomeou a Francia e a Alemaña onde as figuras legais que amparan ás parellas do mesmo sexo están lonxe de recoller os dereitos que dá o matrimonio, sobre todo en canto ao amparo legal das fillas e fillos destas parellas, que contan só coa protección dun dos seus proxenitores.


Rajoy obviar tamén países como Dinamarca, que tamén confirmaron que aprobarán proximamente o matrimonio, ou Holanda, Bélxica, Noruega ou Suecia, onde hai igualdade de dereitos como a hai hoxe en España.


"Se Rajoy recibiunos explicámoslle que Cameron está mirando cara a adiante en Reino Unido, como o fai o resto do mundo, e que o único que se empeña en mirar para atrás é el e o seu partido", afirmou Antonio Poveda, presidente da FELGTB.


Así mesmo, Rajoy fai referencia a unha proposta de contrato de unión civil que, segundo el, estaba incluída no programa electoral de 2004, pero que en realidade nunca existiu.

"La Princesa Ana" obra gañadora do premio "Sal a Escena contra la discriminación", na Coruña.



O 3 e 4 de decembro visita Coruña a compañía que trae a obra "A
princesa Ana", que trata sobre o respecto á diversidade, e será no
teatro do Andamio na Coruña.

"A Princesa Ana" obra gañadora premio Sae a Escena contra a discriminación
outorgada polo Ministerio de Igualdade
En todo conto de Princesas ten que haber unha ra que ao ser bicada convértase en... e aquí chegou o momento de cambiar a tradición.

Chega un día en que a Princesa Ana ten que seguir a tradición, ten que casar para poder reinar no seu país. Só hai un problema: ela non quere casar con ningún dos príncipes dos que viñeron a pedir a súa man. Ela só quere seguir sendo feliz xunto á súa mellor amiga, unha doce ranita.

Cando a ra suxírelle que a bique para probar sorte, sorprendentemente, en lugar dun príncipe azul, aparece unha fermosa moza.

A partir de aí, terán que loitar e demostrar que poden reinar e facer felices ao seu pobo igualmente, grazas ao amor que as une.

Combina a presenza de actores e monicreques, e conta con divertidas cancións e coreografías, que contaxian aos nenos do patio de butacas, formando un espectáculo máxico e cheo de cor.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

O meu LIBRO DE FAMILIA, as nosas FAMILIAS, o noso DEREITO.


Foi no ano 1999 cando comecei no colectivo LGTB MILHOMES a miña vida como activista. Discutiamos unha tarde no café Ou'alfaite, por que non tiñamos sede, o proxecto de lei de parellas de feito que a FELGTB e o PSOE ían presentar no parlamento do estado. Recordo que unha tarde levánteme da cadeira e dixen, "Estou en contra desta lei de parellas de feito, non quero ser cidadán de segunda, eu quero casarme como todo o mundo". Todos miráronme estrañados, "Fito non soñes", dixéronme.

Seis anos despois grazas a unha lei aprobada polo goberno socialista de Rodriguez Zapatero era posible que os homosexuais deste país nos casasemos cos mesmos dereitos e o mesmo nome, matrimonio, que o resto dos cidadáns.

Iso é traballar pola o igualdade da sociedade. Iso é converter unha utopia en realidade, por que a través da política podemos facer realidade aquilo polo que loitamos e traballamos. A política é o único que temos a xente de esquerda para resolver os nosos problemas, para avanzar, para ser mais iguais.

A reforma do 2005 do Código Civil que recoñecía o dereito ao matrimonio para as parellas do mesmo sexo constituíu un avance histórico ao ampliar a protección legal á nosa realidade familiar, tanto das nosas parellas como dos nosos fillos e fillas. Tras décadas de invisibilidad e marxinación, supuxo un recoñecemento da nosa dignidade convirtiendonos nunha sociedade avanzada, plural e diversa. Isto debería producir satisfacción non só no noso colectivo, senón tamén no conxunto da cidadanía na medida en que é unha ampliación de dereitos e liberdades. Esta vez, España si que entro con maiúsculas na Historia, grazas á valentía do partido socialista. Hoxe contan con leis iguais á nosa, Canada, Suecia, Sudafrica, Noruega,
Portugal, Islandia, Arxentina, Mexico DF e en USA os estados de Massachusetts, Connecticut , Iowa , Vermont , New Hampshire, Wáshington D.C. e Nova York . E Belgica e Holanda xa o tiñan antes que nós.

Estes seis anos de lei desmentiron algúns dos argumentos máis
usados no seu momento. Os modelos de familia máis tradicionais nin se romperon nin se viron socavados. Cada parella, cada proxecto de convivencia
puido elixir, libremente, grazas á reforma do
Código Civil, como organizar a súa relación afectiva, sen prexudicar en ningún
momento unhas opcións a outras. Por esta razón é vital respectar
a liberdade de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais para que
poidan, en caso de querer afianzar a súa unión desde o punto de vista
legal, contraer matrimonio. Só así a nosa convivencia, a dos
homosexuais, producirase en igualdade de condicións co resto da
cidadanía. Pero aínda estamos pendentes do Tribunal Constitucional,
que logo de seis anos podería falar xa.

O señor Rajoy discrepa en que se lle chame "matrimonio", ha de saber que non é un argumento aceptable, as nosas familias son tan dignas como as que forman as parellas heterosexuais e xa que logo por que haberían de ter unha denominación diferente e un recoñecemento legal distinto destas? O que é igual ha de chamarse da mesma xeito. Calquera outra fórmula remítenos a sistemas de segregación social. Ou non era segragacionismo cando se dicía que persoas brancas e negras tiñan os mesmos
dereitos sempre que estes exercésense dentro das súas respectivas comunidades?.

Merecemos a dignidade e a liberdade igual que calquera outra persoa.

Existiamos, existimos e existiremos, con recurso ou sen recurso, con sentenza do Constitucional positiva ou negativa e quéirao ou non o queira o PP. O debate real é se unha sociedade democrática e avanzada, como a española, está disposta a soportar un escenario no que se condene, outra vez, á clandestinidade a miles de familias vetando o noso dereito máis elemental ao amor e a felicidade.

NON, Non nos volveran a encerrar nos armarios.

Non señor Rajoy, non queremos esa "lei de unións civís".

E se recordamos, esa lei foi rexeitada dúas veces polo PP cando gobernaron. Vostedes señores do PP queren facer unha lei de unión de amigos, pero o meu marido e eu ademas de amigos, somos unha familia, somos un Matrimonio. Ademas sabe que esta lei non lle obriga a casar cunha persoa do mesmo sexo se vostede non quere.

Como dixo o outro día o noso compañeiro Pachi Vazquez, son as primeiras eleccións onde temos que pelexar para que non nos arrebaten os nosos dereitos, matrimonio homosexual, reasignación de sexo, igualdade, dependencia, aborto, educación, sanidade... Están xogando coa igualdade de oportunidades da persoas e coa súa felicidade. Non o podemos permitir.

Pero aínda con todo o avanzado, sabemos que debemos seguir traballando para conseguir a igualdade real. Para iso os socialistas estamos traballando na lei de Igualdade de Trato, os servizos de Medicación LGTB, a lei Galega de visibilidade LGTB, a lei Integral Galega de Transexualidad, aínda nos queda moita pelexa por diante.

Sabeis que é isto que teño na man? Si,é un LIBRO DE FAMILIA. Moitos sentiredes moita alegria cando vos haceis con él, para vos foi sempre fácil conseguilo.

Pero non sabeis o que significa para nós. Eu nunca pensei ter un libro de familia que recoñecese a miña relación coa miña parella e estou moi orgullo de telo.

E NON, señor Rajoy. Nos levou moitos anos de loita e Non nolo vai a quitar agora.

lunes, 14 de noviembre de 2011

ACTO DO PSdeG-PSOE: "NUEVOS DERECHOS PARA UNA NUEVA SOCIEDAD"

El MARTES 15 de noviembre, a las OCHO DE LA TARDE en el COLEGIO MARÍA BARBEITO (VENTORRILLO) hay un acto de campaña sobre "Nuevos derechos, para una nueva sociedad" donde charlaremos sobre los avances conseguidos en materia de derechos civiles en los últimos años en nuestro país. Conatremos con la presencia de

- Papa Diop. "Los derechos de las personas inmigrantes"
- Cristina Boo. "La atención a la dependencia; un nuevo derecho subjetivo"
- Carlos Giordano. "Los derechos de los españoles en el exterior"
- Fito Ferreiro. "Movimiento LGTB y derechos civiles en España"

- Javier Losada. Candidato al Senado

lunes, 31 de octubre de 2011

Pedro Zerolo: “Rajoy só traballa contra a igualdade”


Sexto aniversario da presentación polo PP do recurso ante o TC contra os matrimonios do mesmo sexo

O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG esixe de novo a Mariano Rajoy que retire o seu recurso ante o Tribunal Constitucional contra a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo

O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, sinalou que “cada día que pasa sen que o PP retire o seu recurso contra a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, Mariano Rajoy demostra que só traballa contra a igualdade”. Cando se cumpren seis anos desde que o PP presentase o seu recurso ante o Tribunal Constitucional, Zerolo subliñou que “o PP só traballa contra a igualdade, como poñen de manifesto os seus coñecidos intentos de derrogar leis que amplían dereitos civís como a Lei de Igualdade efectiva entre mulleres e homes, a de Saúde Sexual e Reprodutiva ou a do matrimonio igualitario, entre outras”.

“Xa son máis de 20.000 parellas as que nos últimos seis anos puideron exercer o seu dereito ao matrimonio en igualdade”, subliñou o dirixente socialista. “Neste tempo, España colocouse na vangarda dos dereitos humanos e dos dereitos civís, entre outros os de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Desde o ano 2005 no que se aprobou o matrimonio igualitario, son xa dez países máis os que recoñecen este dereito, así como sete estados dos EUA e México DF”, indicou Zerolo, quen engadiu que “cómpre defender as conquistas sociais ante o PP, porque os dereitos civís hai que reivindicalos, conquistalos, celebralos e agora toca defendelos”.

O responsable de Movementos Sociais volveu esixirlle ao PP que “retire o seu recurso do Tribunal Constitucional e se sume ao amplo consenso social e político que existe en España en torno ao recoñecemento do matrimonio igualitario”. Zerolo indicou que “o PP segue a ser o partido da involución en dereitos”.

CURSO "TRANSFORMARSE PARA TRANSFORMAR" ORGANIZADO POR CCOO, DESTINADO AO PROFESORADO.


Desde CCOO, como cada año ponemos en marcha el curso Transformarse para transformar, sobre cómo impulsar una educación en la diversidad afectiva y sexual en los centros educativos.
Dado el interés del curso, y debido a la premura de las fechas, este año se cerrará en cuanto esté lleno por lo que contará también el orden de llegada de las preinscripciones.
el curso completo se llevará a cabo en La cristalera de la UAM, Miraflores de la Sierra.
El curso es del Ministerio y está destinado a docentes de todas las comunidades autónomas en activo fundamentalmente, por lo que es gratuito, dispondrá de título acreditado por el ministerio y presenta los siguientes requisitos:

PARA LA PRESCRIPCIÓN es obligatorio mandar un correo a la dirección que se adjunta en el folleto con todos los datos que se solicitan, fundamentalmente un número de móvil, correo electrónico, etapa educativa, comunidad autónoma, situación administrativa (funcionariado de carrera, interinidad...) tipo de centro educativo( pública, concertada, privada..)
recibirás un correo confirmando que todos los datos están correctos y que se ha recibido tu preinscripción que no garantiza la plaza.

PARA LA INSCRIPCIÓN oficial es obligatorio entrar en la plataforma del ministerio, rellenar la ficha y tener cerca una impresora para poder imprimirla: una vez hecho esto se entiende que tienes plaza e inscripción oficial, pero para obtener la beca y el curso sea gratuito será obligatorio:

* antes del inicio del curso hay que entregar como documentación: una copia del DNI y cabecera de la nómina que puedes enviar escaneada en el momento que tengas la plaza o por correo ordinario, pero siempre antes de la realización del curso.
* la inscripción oficial impresa y firmada, que se entregará en el curso.
* sin estos dos requisitos no se becará el curso, por tanto NO será gratuito.

El curso incluye en su gratuidad:
alojamiento completo, manutención y salvo que sea imperioso se podrá pernoctar el día antes del curso, siempre que exista una razón que lo justifique ( que no se pueda viajar el mismo día por horarios de los medios de transporte )
el viaje ida y vuelta tanto en transporte público, como en coche ( en caso de venir más personas en el mismo vehículo, sólo se abonará el kilometraje a una de ellas ) el trasporte no se abonará a aquellas personas que vienen por Madrid, puesto que se pondrá un autobus desde Atocha hacia Miraflores y vuelta para todos los y las participantes. Es muy importante ajustarse al horario programado, aquella persona que no pueda llegar a la hora de salida del autobus, tendrá que organizarse los horarios y medios de locomoción por su cuenta, simpre ajustándose a la hora de inicio del mismo.

El curso tiene dos niveles de profundización, por lo que se contará la asistencia a ambos niveles, de momento no disponemos de fechas exactas para el nivel 2, tendrán prioridad en el nivel 2 quienes hayan cursado el nivel 1 o bien alumnado de otros años que no hayan podido cursar el nivel 2 en su promoción.

Tendrán prioridad aquellas personas que puedan asistir al curso desde el inicio del mismo.
en cuanto te confirme la plaza en el curso seguiré ampliando la información. muchos besos. belén

--
Belén de la Rosa
F.E. de CCOO
Secretaría de Juventud y Cultura
669891865, 60904