miércoles, 16 de noviembre de 2011

O meu LIBRO DE FAMILIA, as nosas FAMILIAS, o noso DEREITO.


Foi no ano 1999 cando comecei no colectivo LGTB MILHOMES a miña vida como activista. Discutiamos unha tarde no café Ou'alfaite, por que non tiñamos sede, o proxecto de lei de parellas de feito que a FELGTB e o PSOE ían presentar no parlamento do estado. Recordo que unha tarde levánteme da cadeira e dixen, "Estou en contra desta lei de parellas de feito, non quero ser cidadán de segunda, eu quero casarme como todo o mundo". Todos miráronme estrañados, "Fito non soñes", dixéronme.

Seis anos despois grazas a unha lei aprobada polo goberno socialista de Rodriguez Zapatero era posible que os homosexuais deste país nos casasemos cos mesmos dereitos e o mesmo nome, matrimonio, que o resto dos cidadáns.

Iso é traballar pola o igualdade da sociedade. Iso é converter unha utopia en realidade, por que a través da política podemos facer realidade aquilo polo que loitamos e traballamos. A política é o único que temos a xente de esquerda para resolver os nosos problemas, para avanzar, para ser mais iguais.

A reforma do 2005 do Código Civil que recoñecía o dereito ao matrimonio para as parellas do mesmo sexo constituíu un avance histórico ao ampliar a protección legal á nosa realidade familiar, tanto das nosas parellas como dos nosos fillos e fillas. Tras décadas de invisibilidad e marxinación, supuxo un recoñecemento da nosa dignidade convirtiendonos nunha sociedade avanzada, plural e diversa. Isto debería producir satisfacción non só no noso colectivo, senón tamén no conxunto da cidadanía na medida en que é unha ampliación de dereitos e liberdades. Esta vez, España si que entro con maiúsculas na Historia, grazas á valentía do partido socialista. Hoxe contan con leis iguais á nosa, Canada, Suecia, Sudafrica, Noruega,
Portugal, Islandia, Arxentina, Mexico DF e en USA os estados de Massachusetts, Connecticut , Iowa , Vermont , New Hampshire, Wáshington D.C. e Nova York . E Belgica e Holanda xa o tiñan antes que nós.

Estes seis anos de lei desmentiron algúns dos argumentos máis
usados no seu momento. Os modelos de familia máis tradicionais nin se romperon nin se viron socavados. Cada parella, cada proxecto de convivencia
puido elixir, libremente, grazas á reforma do
Código Civil, como organizar a súa relación afectiva, sen prexudicar en ningún
momento unhas opcións a outras. Por esta razón é vital respectar
a liberdade de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais para que
poidan, en caso de querer afianzar a súa unión desde o punto de vista
legal, contraer matrimonio. Só así a nosa convivencia, a dos
homosexuais, producirase en igualdade de condicións co resto da
cidadanía. Pero aínda estamos pendentes do Tribunal Constitucional,
que logo de seis anos podería falar xa.

O señor Rajoy discrepa en que se lle chame "matrimonio", ha de saber que non é un argumento aceptable, as nosas familias son tan dignas como as que forman as parellas heterosexuais e xa que logo por que haberían de ter unha denominación diferente e un recoñecemento legal distinto destas? O que é igual ha de chamarse da mesma xeito. Calquera outra fórmula remítenos a sistemas de segregación social. Ou non era segragacionismo cando se dicía que persoas brancas e negras tiñan os mesmos
dereitos sempre que estes exercésense dentro das súas respectivas comunidades?.

Merecemos a dignidade e a liberdade igual que calquera outra persoa.

Existiamos, existimos e existiremos, con recurso ou sen recurso, con sentenza do Constitucional positiva ou negativa e quéirao ou non o queira o PP. O debate real é se unha sociedade democrática e avanzada, como a española, está disposta a soportar un escenario no que se condene, outra vez, á clandestinidade a miles de familias vetando o noso dereito máis elemental ao amor e a felicidade.

NON, Non nos volveran a encerrar nos armarios.

Non señor Rajoy, non queremos esa "lei de unións civís".

E se recordamos, esa lei foi rexeitada dúas veces polo PP cando gobernaron. Vostedes señores do PP queren facer unha lei de unión de amigos, pero o meu marido e eu ademas de amigos, somos unha familia, somos un Matrimonio. Ademas sabe que esta lei non lle obriga a casar cunha persoa do mesmo sexo se vostede non quere.

Como dixo o outro día o noso compañeiro Pachi Vazquez, son as primeiras eleccións onde temos que pelexar para que non nos arrebaten os nosos dereitos, matrimonio homosexual, reasignación de sexo, igualdade, dependencia, aborto, educación, sanidade... Están xogando coa igualdade de oportunidades da persoas e coa súa felicidade. Non o podemos permitir.

Pero aínda con todo o avanzado, sabemos que debemos seguir traballando para conseguir a igualdade real. Para iso os socialistas estamos traballando na lei de Igualdade de Trato, os servizos de Medicación LGTB, a lei Galega de visibilidade LGTB, a lei Integral Galega de Transexualidad, aínda nos queda moita pelexa por diante.

Sabeis que é isto que teño na man? Si,é un LIBRO DE FAMILIA. Moitos sentiredes moita alegria cando vos haceis con él, para vos foi sempre fácil conseguilo.

Pero non sabeis o que significa para nós. Eu nunca pensei ter un libro de familia que recoñecese a miña relación coa miña parella e estou moi orgullo de telo.

E NON, señor Rajoy. Nos levou moitos anos de loita e Non nolo vai a quitar agora.

No hay comentarios: