O pasado sabado reunímonos varias persoas para render homenaxe a Marcela e Elisa, dúas coruñesas que en 1901 casaron na Igrexa de San Jorge rompendo todas as regras establecidas na epoca. O matrimonio aínda consta no libro matrimonial da citada igrexa. Marcela e Elisa tiveron que escapar primeiro a Porto e logo a Bos Aires, sendo o final da historia tragico. Dentro da edicion do mini Festival Visible 2011 se esta reslizando unha exposición sobre a historia destas dúas coruñesas, unha exposición que non debeis deixar de visitar. Marcela e Elisa estan consideras as pioneiras do matrimonio homosexual no noso pais, e debemos sentirnos orgullosos lso cidadáns de Coruña da loita que realizaron estas dúas mozas.
A homenaxe a Marcela e Elisa foi moi emotivo. E despues despues da cerimonia a comitiva nupcial deu unha volta e fíxose fotos na praza de Maria pita. Logo houbo un picho nunha das terrazas de Maria Pita con torta nupcial incluída. Unha tarta que preparo para a ocasión a TiaVero.
O enlace foi obra dos grupos LGTB A.L.A.S Coruña e "7CORES" coa axuda da ONG VISIBLE e a colaboración de "tortas da TiaVero", Alunmos de Escola e Imaxe de Coruña, Pablo Rodriguez, Juan Pazos, XSG, Visible Coruña, Concello da Coruna e a UDC.
TEXTO DA HOMENAXE
ELISA SÁNCHEZ LORIGA
Nacín na Coruña ás sete da mañá do 8 de setembro de 1862. Era filla Manuel Sánchez e María Loriga, naturais ambos de Santiago de Compostela e veciños da Coruña. Bautizáronme na Igrexa de San Jorge, actuando como padriño Antonio Fenda e María Pin. Entre 1877 e 1879 formeime como mestra superior na Escola Normal da Coruña, na praza de María Pita e ese mesmo ano realizo o exame de reválida para obter o título. Cando coñecín a Marcela eu tiña 23 anos. Cando nos casamos cumprira xa 39 anos.
MARCELA GRAZA IBEAS
Fun bautizada na Igrexa de Santa Águeda, da cidade de Burgos, o día 27 de xuño de 1867. Nacín sendo filla natural de Manuel Graza e Marcela Ibeas e vivín durante dez anos no hospicio. Foi unha vida moi dura, xa que tiven que loitar a diario para sobrevivir ao fame e ás enfermidades, ademais da a falta de agarimo. Cando os meus pais casaron na Coruña en 1877 leváronme con eles e lexitimáronme. Entre 1884 e 1887 formeime como mestra superior na Escola Normal da Coruña. Cando coñecín a Elisa eu tiña 18 anos, pero cando nos casamos xa tiña 34.
NARRADOR
ELISA E MARCELA COÑÉCENSE
Elisa e Marcela coñécense en 1885 na Escola Normal, na que quizais Elisa, ao ser familiar da directora, estaba traballando en tarefas administrativas cando Marcela cursa os seus estudos como mestra. Un día Marcela, entusiasmada, chega a casa e di aos seus pais: ?¡Ai mamá! ¡Se vises que amiga máis boa teño! Estou encantada. Coñecina na Escola. É parente da directora. Non estuda, pero vai alí a traballar? Os pais de Marcela ao ver que esta relación íase facendo cada vez máis íntima decidiron enviar a Marcela a Madrid por catro meses. Cando Marcela regresou a Coruña Elisa e ela xa nunca volverían separarse?
NARRADOR
ITINERARIO DOCENTE DE AMBAS AS MULLERES
Cando Marcela regresou de Madrid Elisa era mestra interina na escola de Couso, no Ayto. de Coristanco. tomara posesión o 4 de setembro de 1888 e sería confirmada nese mesmo destino o día 31 de decembro de 1889. Ao reencontrarse de novo na Coruña Marcela decidiu solicitar a súa primeira escola, en Traba, situada tamén en Coristanco, moi preto de Couso, onde Marcela exerceu como mestra interina entre o 13 de febreiro e o 11 de xullo de 1890. Todos estes anos sempre que foi posible ambas as mulleres conviviron na máis absoluta intimidade, encargándose Elisa a miúdo ?porque tivo máis períodos de falta de traballo- de lavar a roupa no río, da cociña, de carrexar a auga e da limpeza e coidado do fogar. A convivencia das dúas mulleres ?dúas mestras- non resultaba sorprendente nin sospeitosa porque a soltería era o estado natural de moitas mestras. Con todo Marcela e Elisa decidiron casar pola igrexa. Non sabemos que foi o que as levou a facer este acto tan temerario, pero o caso é que o fixeron. Tras numerosas negociacións, coa familia, co cura e con outras persoas. Parece que a transformación de Elisa no seu ficticio primo Mario resultou crible. Non foi fácil porque houbo que convencer a moita xente e todo debía resultar moi convincente. Pero finalmente lográrono e o sacerdote Víctor Cortiella accedeu a casar á parella. A voda oficiaríase o día 8 de xuño de 1901, ás sete e media da mañá.
O acta da voda, inscrita no Libro 13 de matrimonios (1897-1911) da parroquia de San Jorge, di así:
OFICIANTE
"En 8 de xuño de 1901. Eu o Doutor Don Víctor Cortiella Somoza, Cura párroco de San Jorge da cidade da Coruña, por delegación de D. Pedro Varela Rolón Cura párroco de Santa Eulalia de Dumbría, de onde é veciña a contraente, precedida a lectura das tres canónicas moniciones e previos os demais requisitos canónicos-legais, asistín ao matrimonio que por palabras de presente e mutuos consentimentos contraeron nesta igrexa parroquial de San Jorge por unha banda: Don Mario José Sánchez Loriga, solteiro, de trinta e un anos de idade natural e veciño desta de San Jorge, fillo lexítimo de Don Manuel Sánchez e de Dona María Loriga, naturais da cidade de Santiago; e por outra Dona Marcela Graza Ibeas, tamén solteira, de trinta e catro anos de idade, natural de Santa Águeda da cidade de Burgos, filla lexítima de Don Manuel García, defunto e de Dona Marcela Ibeas, naturais o primeiro de Alcañiz, provincia de Zaragoza e a segunda de Vivar, provincia de Burgos. Recibiron as bendicións nupciais e foron testemuñas Don Miguel Hermida Casares, viúvo e Don Heliodoro Rei Mourenza, casado, veciños desta cidade. E para que conste asino."
OFICIANTE
pasaron 110 anos deste feito e hoxe día 26 de novembro de 2011 queremos volver vivir e sentir o que Marcela e Elisa sentiron. Por favor preséntense as contraentes?
ELISA
O meu nome, como todos vós sabedes é Elisa, pero aquí comparezo co falso nome de Mario. Non me quedou outro remedio que inventar este nome para poderme casar con Marcela, a persoa á que máis quero. Por ela daría a vida. Marcela é a mellor persoa do mundo e a muller que elixín para que me acompañe o resto da miña vida.
MARCELA
O meu nome é Marcela, eu non tiven que cambiarme o nome. Cambioullo Elisa porque ela daba mellor como home. Elisa é a miña vida enteira. É un ser humano marabilloso, unha muller á que me entreguei por completo desde que nos coñecemos.
ELISA
Non sabería dicir moi ben porqué decidimos casarnos e xogarnos o todo polo todo con esta voda. Pero o certo é que ambas o necesitabamos. Sentiamos que senón era desta forma non viviriamos nunca unha vida plena. Por que os demais si poden facelo e nós non?
MARCELA
Queriámonos. Sentiamos un amor sen medida a unha pola outra e non estabamos dispostas a resignarnos. Por que non intentalo? E intentámolo. Por iso estamos aquí hoxe, porque queremos volvelo a facer, unha vez máis?
SACERDOTE
Elisa Sánchez. Agora si podes casarche co teu verdadeiro nome. O Goberno español cambiou o Código Civil para que vós vos pudiéseis casar. Así é que che pregunto: Elisa Sánchez aceptas contraer matrimonio con Marcela Graza?
ELISA SÁNCHEZ
Si, quero. aceptei cada un dos cento dez anos que van desde aquela a esta voda e seguiría desexándoo outros tantos.
SACERDOTE
E ti Marcela Graza aceptas contraer matrimonio con Elisa Sánchez, antes Mario?
MARCELA GRAZA
Si, quero casarme con Elisa por segunda vez, porque o certo é que a nosa anterior voda non foi aínda anulada e o rexistro está aí (sinala a San Jorge) dentro desa Igrexa. Quero casarme outra vez con ela e esta vez ademais co seu verdadeiro nome. chegou o momento de deixar os enganos e casarnos como o que realmente somos: dúas mulleres, que teñen o mesmo dereito a amarse e a casar que un home e unha muller ou que dous homes.
OFICIANTE DA CERIMONIA
Así sexa. Que o que uniu o amor non o separe o tempo. Benditos os lexisladores, os políticos, os homes e as mulleres que caeron por fin na conta de que todos somos iguais, que todos temos o mesmo dereito á felicidade, por encima de xéneros ou de orientacións sexuais. Bendita a OMS que en 1990 deixou de considerar a homosexualidade como unha enfermidade e bendito Zapatero, que coa axuda de toda a esquerda do Congreso dos Deputados aprobou en 2005 unha lei que facía iguais, por fin, a todos os españois. E pola contra malditos os discriminadores, os reaccionarios, os oscurantistas, os oportunistas, os machistas, os ultradereitistas, os homófobos e todos aqueles que, aínda dicindo falsamente que son demócratas, votaron en contra da igualdade, malditos todos aqueles que pensan que non merecemos a terra que pisamos? quedaron atrás séculos de escurantismo nos que lesbianas, gais e transexuais eramos queimados na fogueira, torturados, golpeados, encarcerados e discriminados? quedaron atrás os tempos nos que os homosexuais tiñan prohibido casar porque non eran consideradas persoas normais nin cidadáns de pleno dereito. Eran investidos, bolboretas, maricas, tortilleras, marimachos, tolas, raros, anormais... Por fortuna todo iso comezou a cambiar. Polo menos aquí e agora. Pero nada é para sempre e os dereitos hai que loitar tanto para conseguilos, como para mantelos. Senón arrebataránnolos. Porque o que non valora o que ten está condenado a perdelo? Marcela e Elisa, espero que sexades moi ditosas e que compartades cos demais vosa felicidade. Que a vosa historia de amor continúe outros cento dez anos máis como mínimo. Oxalá que perdure para sempre na nosa memoria, como un exemplo de valentía e de loita. Só os valentes pasan á historia. Só queda memoria daqueles que se atreven a aventurarse máis aló dos límites coñecidos. Vós sodes un exemplo vivo para todos nós e para todas nós.
Podedes bicarvos (bícanse)
¡¡¡¡¡¡¡VIVAN As NOIVAS!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario