viernes, 26 de septiembre de 2008

A XUIZ NÉGASE A CASAR PARELLAS HOMOSEXUAIS.

O CGPJ RETIRA A SANCIÓN Á XUIZ DE DENIA QUE CRITICOU O GOBERNO POLOS MATRIMONIOS HOMOSEXUAIS.

 

O pasado ano, a comisión Disciplinaria do “Consejo General del Poder Judicial (CGPJ)” multóu a Laura Albau, xuiz de Denia por criticar nun escrito ó goberno e a fiscalia en relación coas bodas das parellas homosexuais. Unha multa que consistía no pago de 305 euros.

A xuiza recurriu e a multa pasou a convertirse en falta grave, perdendo efecto a sanción. Esta decisión tomouse na ultima sesión plenaria do consello por nove votos a favor, da maioría conservadora, e oito en contra. O pleno asume así o informe do ponente de este asunto, o vocal nombrado a proposta deo PP José Merino, que propuso o pleno deixa sen efecto a sanción imposta a Albau xa que considera o escrito da xuiz dentro do dereito a liberdade de expresión.

A xuiz cuestionou a constitucionalidade dos matrimonios homosexuais, negouse a celebrar este tipo de bodas e rexeitou a solicitude de varias parellas de homosexuais estranxeiras para contraer matrimonio alegando que no seu país de orixe non esta recoñecido.

Cremos que todos sabemos o que é a liberdade de expresión, e probablemente non pasaría nada se esta xuiz escribise en prensa o seu artigo en contra dos matrimonios homosexuais. Pero utilizar o seu cargo para intentar impoñer as súas ideas políticas e morales non cremos que sexa algo do que poda sentirse orgullosa. Non se pode consentir nunha democracia que un cidadan non poda facer uso das leis por que un funcionario, que precisamente esta para velar pola xustiza, intente impoñer a sua "verdade moral" en contra dunha lei aprobada no parlamento da nación. O que demostra esta persoa é un grave problema de homofobia así como todas aquelas persoas que intentan xustificala. Estas accións indicannos o moito que ainda temos que seguir loitando.

No hay comentarios: