miércoles, 13 de mayo de 2009

SETE CORES REÚNESE CO ALCALDE DA NOSA CIUDADE, JAVIER LOSADA.


Este foi o primeiro encontro oficial entre o colectivo e o alcalde coruñés, o pasado vernes 8 de Maio. As nosas miras estaban postas no intercamio de opinións sobre pasado, presente e futuro do colectivo LGTB no ámbito coruñés, así como nos posibles proxectos comúns que se están a planear pola nosa parte, buscando o apoio institucional necesario para poder acadar o éxito previsto. Ao mesmo tempo a intención principal era deixar claro que este é o momento de impulsar actividades, fomentar servicios e favorecer encontros sociais que consigan consolidar as políticas institucionales de igualdade que foron e son pouco a pouco introducidas no discurso social.

Tras 40 anos de loita pola non discriminación en termos de xénero e sexualidade, sigue a facerse patente e necesaria unha reforma real no ámbito social, unha reforma nas bases nas que somos educad@s comos modo de avanzar en puntos de vista que non deixan de ser lastres para tod@s @s que temos que “sair de armarios” (a patadas ou petando na porta pola noite coma monstruos), modificar os nosos corpos porque non son os que nos gustan, criar a(o)s nos@s fill@s sen medo a que o resto de pais e nais comente e xuzgue a súa familia de dúas nais, de dous pais ou de tres transexuais... A finalidade, en definitiva e plantar unha semente de cambios que, como noutros países, dará os sus frutos en varias xeracións, como neste mesmo país que avanza a marchas forzadas para adaptarse a realidades sociais estigmatizadas de xeito casi obligatorio hai ben pouco e que agora loitan por cohabitar dentro (aínda que teñas que entrar pola marxe) dos círculos da normalidade.

Con todo, e despois dos usos e costumes de calquera reunión formal (vaian por diante os agradecementos a persoal do concello, concellerías de Festas, de Infraestructuras e Servicios Sociais pola súa colaboraión en diversos actos) a nosa conversa pasou a detallar proxectos e traballos que estamos a preparar dentro do colectivo, para conseguir o apoio do Concello como respaldo ante a cidadanía coruñesa, que sigue a ser o obxectivo fundamental das accións diseñadas para unha mellor conciencia social e educación en realidades plurais. A idea principal que o colectivo quería presentar ao alcalde era a de situar a Coruña como referente en termos de políticas sociais de vangarda para o colectivo LGTB e os tres eixos que vertebran as nosas propostas: a Visibilidade, a Educación e a Transversalidade. Así que aí fumos coas nosas propostas, e para mostra, o botón:

Nomear unha rúa con nome de Tomás Fábregas.
Petición especial ao Concello para que apoie o plan da ONU de establecer o 17 de Maio como día internacional contra a homofobia.
Poñer en marcha medidas por parte do Concello enfocadas a nais, pais, titores e resto do colectivo LGTB como atención telefónica, correo electrónico, etc, así como preparar e divulgar información contra a homofobia.
Promover charlas informativas en colexios e institutos para evitar o mobbing homófobo dentro das aulas., iniciativa apoiada e promovida pola Asociación Galega de Nias e Pais de Alumn@s.
Organizar congresos e xornadas de debate abertas ao diálogo social como forma de trasmisión e reelaboración de información.
Acceder ao servicio de bibliotecas municipais para promover a adquisición de fondos necesarios dentro do servicio público.
Participar da promoción e elaboración de eventos culturais e artísticos dentro das programacións locais nos diversos teatros e edificios destinados a tal.

Como conclusión, o colectivo 7Cores comprometeuse co alcalde ao desarrollo activo destas e outras actividades relacionadas coa educación social e o benestar en termos de visibilidade e convivencia do colectivo LGTB na cidade, contando sempre co apoio do concello.

No hay comentarios: