lunes, 16 de noviembre de 2009

PROGRAMACIÓN CORUÑA VISIBLE 2009

O programa de A Coruña Visible 2009, que se desenrolará do 18 0 22 de Novembro, recolle as seguintes actividades:

EXPOSICIÓN 57 PUÑALADAS



Exposición colectiva que denuncia o asasinato de dous mozos galegos nun presunto crime homófobo do que o acusado foi declarado inocente por unha decisión dun xurado popular que recentemente foi anulada pola Xustiza. “57 puñaladas” non trata só acerca deste crime, senón que fai referencia e rinde homenaxe a todos aqueles que sofren discriminación, pena de cárcere, tortura ou morte pola su orientación sexual en moitos lugares do mundo. A mostra, que se inaugura oficialmente o 19 de novembro, está comisariada por Jesús Gironés.

Permanecerá no Centro Cívico Municipal de “Los Rosales”
do 17 de novembro ó 11 de decembro.


ENRIQUE RAMIL & COCÓ MANDALA EN CONCIERTO




Despois de moito tempo por separado, as súas dúas personalidades escolleron este escenario para reunirse por primeira vez sobre un escenario. Arroupados pola maxia dun trío de grandes (Fran Rey, Luis Cuba e M. "Twosnares" Perez) Enrique e Cocó xogan co jazz, a copla, o fado, a bossanova, o soul ou incluso o pop.

O concerto celebrarase o mércores día 18 de novembro
ás 20:30h no Teatro Rosalía de Castro.


AS MELLORES CORTOMETRAXES ESPAÑOLAS


Trátase dunha retrospectiva dalgúns das mellores cortometraxes españolas de temática LGTB dos últimos anos. Son obras dirixidas por Jorge Torregrossa (Desire), Rut Suso e María Pavón (Pasión polo fútbol), David Planell (Carisma), María Trénor (Con que a lavarei), Antonio Naharro e Álvaro Pastor (Invulnerable), Antonio Hens (En malas compañías) e Mariel Macià (Flores no parque). Neles trátanse temas como o amor, o desexo e o sexo, pero tamén o sida, o engano ou o miedo a romper as normas sociais.

Proxectaranse o xoves día 19 de novembro
ás 20:30 horas no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).


ABRAZOLAMP


¿Que é abrazolamp? ¿Algunha vez pasaron de ti a túa nai e os teus amantes?¿sintes que precisas algo e non sabes o qué? Se cres que Marisa Paredes é a Joan Crawford española, se o teu irmán durmía coas lentillas postas, se non sabes que facer os fins de semana nin con quen quedar porque non tes amigos, se o único que che interesa é o fútbol, se precisas que un machote te abrace... Aquí tes a solución os teus problemas. Chámase Abrazolamp. Sen contraindicacións nin efectos secundarios. Un monólogo que te fará rir e sorrir a partes iguais, ó tempo que notas como o sange conxélase nas tuas veas... Pero sobre todo Abrazolamp é o seu creador e intérprete: o actor Javier Corral.
Poderá verse o venres día 20
ás 23:00h na sala Garufa.

ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL MCKUIN

McKuin é un grupo que versiona temas de Queen. A intención, dende os seus inicios en 2001, foi levar ó directo os temas desta gran banda, buscando nas súas postas en escea poñer de manifesto a mensaxe universal das súas letras, así como o lado máis festeiro e divertido deste grupo. A súa máxima é a diversión, e iso é o que buscan lograr en todas as súas actuacións. E o acadan porque a materia prima coa que traballan é de primeira: a universal música de Queen e a calidade técnica e artística dos intérpretes: Miguel "Sixto" á guitarra, Fran "Frauen" ós teclados, Masa "Fret" ó baixo, Colas "Laje" á batería e Lolo "Mercurio"á voz.
Actúan o sábado día 21 de novembro
ás 23:00 horas na sala Garufa.

SILENCIADOS

Un espectáculo teatral que presenta a cinco víctimas de asasinatos homofóbicos que tiveron lugar en diferentes partes do mundo. Unha homeaxe a todos aquelles que quixeron ser silenciados, dun ou doutro modo, pero que a pesar de todo conseguiron que as súas voces sigan vivas.
A obra conta as historias de cada unha das víctimas, que durante uns minutos volven cobrar vida para contarnos a súa vida e a súa morte. Un espectáculo de teatro-danza no que se representa o enfrentamento entre o desexo de liberdade e a homofobia. Esta obra da compañía Shudum Teatro obtivo numerosos premios, como o primeiro premio do Festival Absolut Gay de Dublín en Maio de 2009 e a Nominación ó Intercultural Dialogue. Tamén foi finalista do Certamen Jóvenes Creadores de Madrid 2007 e o premio Especial do Xurado Valladolid 2004.
Texto e dirección Gustavo del Río. Intérpretes: Juan Caballero, Denis Gómez, Gustavo Del Río, Jonatan Fernández e Nicolás Gaude. Vestiario: Reyes Eguilior Massó. Iluminación: Daniel Ruíz
Duración 70 minutos
Teatro Rosalía. Calle Riego del Agua, 37
Domingo 22 ás 20:00h. Teatro Rosalía
Entrada gratuita a todolos espectaculos.

No hay comentarios: