viernes, 13 de noviembre de 2009

REUNIÓN DOS GRUPOS LGTB DOS SOCIALISTAS DE A CORUÑA E MARIBOLHERAS PRECARIAS

O 27 de Outubro pasado reunímonos estes dous colectivos de homosexuais e transexuais de A Coruña. Esta foi a primeira reunión oficial de traballo que mantivemos os dous grupos. Antes tiñámonos reunido de xeito informal para concretar accións puntuais como a loita transexual, o crime homófobo de Vigo, a celebración do orgullo, Festival Visible…
Na reunión explicamos o plan de traballo que temos as xentes do grupo LGTB socialista de A Coruña como o mediador LGBT municipal, a celebración do Orgullo, o festival CORUÑA VISIBLE ou a proposta de rúas con nomes de temática LGTB entre outros temas. Explicámoslles cales eran os nosos plans de futuro así como a filosofía do noso grupo. Somos un grupo político dentro do Partido Socialista en A Coruña, que tenta realizar políticas LGTB nas institucións que gobernan os socialistas. As nosas accións desenvólvense no ámbito municipal de A Coruña e tentamos que o goberno municipal poña en marcha estas políticas LGTB.
Ademais temos accións sociais na sociedade así como dentro da agrupación socialista de A Coruña. Vídeo - foro, charlas, conmemoracións como os días contra a homofobia, contra a intolerancia, contra o VIH. Así como reunións co persoal das bibliotecas municipais, con outros colectivos tanto LGTB como outras asociacións da cidade e tamén charlas sobre a homofobia dentro e fóra da agrupación socialista.
Na reunión quedou claro que os dous grupos temos modos moi diferentes de entender a política e a acción na sociedade. Pero como dixo o noso secretario de Organización Jacinto Parga, “o Partido Socialista é un partido con vocación de goberno, para poder aplicar as políticas socialista na sociedade e entre elas están as políticas a favor dos homosexuais e transexuais”.
Tras dunha longa charla quedou claro os puntos de vista diferentes que temos. Pero non pechamos ningunha porta e cremos que en próximas reunións poderá ser posible chegar a un acordo de mínimos e/ou puntuais para establecer unha folla de ruta coa que traballar.
Durante esa mesma semana durante a batalla contra o concerto do cantante homófobo SIZZLA, cada grupo traballou dende a súa base social independentemente, inda que en contactos mantidos concretamos unha liña de actuación común.
Proximamente manteremos outra reunión co outro colectivo LGTB da cidade “MILHOMES”.

No hay comentarios: