PRESENTOUSE A LEI DE IGUALDADE DE TRATO E O BORRADOR DA LEI DE VISIBILIDADE
GALEGA E PARA A NON DISCRIMINACION DAS PERSOAS LGTB.
O grupo LGTB do PSdeG-PSOE invitou a xuntanza en Santiago ós colectivos LGTB de
Galicia. A.L.A.S Lugo, A.L.A.S Coruña, NÓS MESMAS de Vigo e MILHOMES de A Coruña
reuníronse cos membros de 7 CORES, con membros de movementos sociais dos socialistas galegos, alcaldesas, concelleiras, de Xuventudes de Galicia, a portavoz de Igualdade no Parlamento de Galicia e Laura Seara, secretaria de Movementos Sociais na executiva galega. A idea é celebrar esta reunión cada ano para falar dunha forma periódica dos avances e a problemática das persoas lesbianas, transexuais,
bisexuais e transexuais.
Outro dos acordos foi o de traballar para facer un pequeno acto conxunto galego con motivo do ORGULLO para o mes de xuño. Falouse tamén de cal é o camiño a seguir polo activismo LGTB despois da aprobación da Lei do matrimonio homosexual.
Laura Seara presentou a Lei de Igualdade de Trato que pronto será aprobada no Parlamento de Galicia. Pedíuselle ós colectivos que fagan as súas aportas para poder sumalas antes de que a lei se aprobe no Parlamento.
A Lei de Igualdade de Trato garantirá o dereito de non discriminación a todas as persoas. Para elo os seus esforzos dirixiranse en dous sentidos. Por un lado, porase énfase na mellora da protección e a asistencia as vítimas da discriminación e, por outro lado, tratarase de impulsar medidas para promover a igualdade de trato. “Os estereotipos negativos e os prexuízos están no centro da desigualdade, e so merecen o noso rexeitamento máis profundo”
Non será unha lei so específica para a xente LGTB, senón tamén para inmigrantes, outras etnias, discapacitados, enfermos, persoas maiores, por aspecto…. E crearase unha fiscalía especial contra a discriminación.
O grupo LGTB do PSdeG-PSOE leva traballando seis meses na lei de “ A VISIBILIDADE GALEGA E PARA A NON DISCRIMINACIÓN DAS PERSOAS LGTB”. Antes de presentalo no Parlamento, quere presentarse ós colectivos e a sociedade para que faga as súas aportas e que a lei saia máis enriquecida.
O documento será de carácter transversal, implicando a diferentes áreas dos Gobernos tanto Autonómico como Locais e incide en oito ámbitos: lexislativo e xurídico, laboral, da saúde, educativo, cultural, da comunicación do benestar e da participación e a solidariedade.
Dentro do ámbito xurídico e normativo o impulso de medidas en comisarías e penitenciarías que velen pola adecuada estancia de gais, lesbianas e transexuais que estean privados de liberdade, e a inclusión nos cursos de formación dos corpos de seguridade, de coñecementos sobre a homosexualidade e transexualidade.
No ámbito laboral, o plan contempla promover e incentivar a contratación de persoas transexuais, respectando a súa formación e as súas profesións, e propón un novo acordo marco das relacións laborais que recollan a homosexualidade e a transexualidade.
En materia de saúde, propón establecer unha unidade sanitaria específica para a atención á transexualidade, desde determinadas especialidades médicas como a xinecoloxía, a uroloxía, a endocrinoloxía, a psiquiatría e a psicoloxía; e o impulso, entre outras, de campañas específicas de prevención do VIH entre as persoas xordas e cegas gais e lesbianas.
No terreo educativo, o plan propón incluír o feito homosexual e transexual nos currículos e itinerarios de formación de todo o alumnado de Galicia naquelas materias onde corresponda e impulsar actividades centradas na homosexualidade e a transexualidade nos centros educativos.
Con respecto á área cultural, proponse impulsar a produción cultural de espectáculos infantís e xuvenís (contos, teatro, monicreques, xogos, obradoiros, etc...) que incorporen o feito homosexual e transexual e ofrezan ós nenos e adolescentes rexistros positivos sobre a diversidade afectiva e sentimental.
De igual modo, a iniciativa da Xunta planea solicitar ó órgano competente a creación dunha Comisión de Seguimento, conxuntamente co Goberno, que vele polo respecto e a presenza adecuada das diversas expresión afectivas e de xénero ós medios de comunicación.
Con respecto ó ámbito do benestar, o plan contempla impulsar un apoio específico para aqueles mozos e adolescentes gais, lesbianas e transexuais que fosen expulsados dos seus fogares ou ben marcharan voluntariamente por causa de situacións de maltrato e acoso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario