miércoles, 2 de febrero de 2011
Zapatero pon o matrimonio gai como exemplo do mellor que fixo, e do peor, non poder dar resposta a parados.
O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, puxo este luns como exemplo do mellor de ser presidente do Gobierno ter feito a Lei de matrimonio homosexual e como exemplo do peor, o non poder dar resposta ás persoas que están no paro.
Ao lle preguntaren, durante unha entrevista en RTVE, que é o mellor e o peor de ser presidente do Goberno, Zapatero dixo que o mellor é que "podes cambiar cousas e a vida á xente". E puxo como exemplo a Lei de Matrimonio Gai. "Sempre lembro, por exemplo, a cidadáns que coa lei de matrimonio gai houbo moitos homosexuais que me deron as grazas", apuntou.
No extremo contrario, explicou que o peor de ser presidente é "non poder dar unha resposta minimamente satisfactoria a quen está no paro con angustia e a quen mira lexitimamente é ao presidente do Goberno".
Non obstante, precisou que isto é "o peor agora", porque "o peor con carácter xeral é cando miras aos ollos á nai dun soldado, policía ou un garda civil que foi asasinado nun atentado terrorista".
"A súa mirada --dixo-- está chea de dor e ás veces de compaixón ao presidente, pero descobres que te miran como dicindo que xa sei que nin ti podes devolver a vida ao meu fillo". "Eses son momentos moi difíciles", remachou.
Ao lle preguntaren polo peor de ser ex presidente do Goberno, Zapatero dixo non ter pensado moito neste asunto, pero imaxinou que "haberá un cúmulo de sentimentos".
Por una banda, dixo que si ten pensado algunha vez "como poderá ser útil envorcando" todo o que aprendeu. Aínda que imaxina tamén que terá unha "certa sensación de máis tranquilidade cando non te sintas responsable das cousas graves que suceden" que, explicou, "inevitablemente" sendo presidente "sénteste responsable" aínda que de moitas delas non se teña a responsabilidade.
"Cando deixe de ser presidente, imaxino que baixará moito o grao de sentimento de responsabilidade ou se se quere de culpa das cousas que pasan", concluíu.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario