viernes, 12 de agosto de 2011

O GRUPO DE LGTB DO PSdeG “7 CORES” CONSIDERA UN PASO ADIANTE, NA LOITA CONTRA A HOMOFOBIA A SENTENZA QUE CONDENA A UNHA PERSOA POR HOMOFOBIA.

O GRUPO DE LGTB DO PSdeG “7 CORES” CONSIDERA UN PASO
ADIANTE, NA LOITA CONTRA A HOMOFOBIA A SENTENZA QUE
CONDENA A UNHA PERSOA POR PROFERIR INSULTOS HOMÓFOBOS




Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2011. O coordinador do grupo
LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro amosou a súa satisfacción tras coñecer a
sentencia que condena a unha persoa por proferir insultos homófobos. “Esta
sentenza é un paso adiante na loita contra a homofobia”, aseverou.

Os feitos denunciados no seu día aconteceron o pasado sábado 6 de agosto,
cando o coordinador do “7 CORES” en Ourense, José Manuel Montero, foi
insultado mentres paseaba por diante dunha terraza na cidade das Burgas.
José Manuel denunciou os feitos e no xuízo rápido que se celebrou ós poucos
días, o acusado foi declarado culpable por inxurias homófobas e condenado ao
pago dunha multa de 200 euros.

O grupo LGTB do PSdeG, “7 Cores”, amósase satisfeito por esta condena,
aínda que dende o colectivo consideran que este acto non é un feito illado xa
que o seu compañeiro de Ourense, dende fai dous anos está a sufrir un acoso
continuo sobre a súa persoa. Por tal motivo dende “7 Cores” pensan que o
máis axeitado sería que o Fiscal decidise dar inicio a unha investigación sobre
esta situación.

Tanto dende o grupo LGTB, como dende o propio PSdeG dáselle un total apoio
a este compañeiro de Ourense, ó tempo que se lle esixe á xustiza que actúe
de forma contundente nos casos de homofobia, Do mesmo xeito, felicitaron a
José Manuel Montero e a súa familia pola forza que tivo para denunciar ante
axustiza os feitos acontecidos.

Dende grupo LGTB do PSdeG insisten na necesidade de denunciar estes
casos como a única forma para acabar cos casos de homofobia.

O PSdeG-PSOE congratúlase de ser o partido que promove a “Lei de
Igualdade de Trato”, unha lei que promoverá a loita contra as discriminacións,
como a homofobia e que actuará preventivamente para que estas non
sucedan.

No hay comentarios: