viernes, 1 de julio de 2011
O LGTB 7 CORES CONCEDE OS PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO “TRASGRAFIAS, VIDA EN SETE CORES”, E AVOGA POR SEGUIR AVANZANDO PARA ACADAR A PLENA IGUALDADE
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2011.- O colectivo de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais do PSdeG-PSOE, LGTB 7 cores, ven de conceder os premios do concurso literario “Trasgrafías, vida en sete cores” aos traballos “Un sms” de José Miguel Ramudo Palmeiro, e o áccesit a “Lembras cando” de Jonathan Lema.
O xurado estivo composto pola directora do Instituto de la Mujer e secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara; a portavoz de Igualdade do PSdeG no Parlamento de Galicia, Silvia Fraga; a xornalista Leticia Vilar; o coordenador do LGTB Galicia, Fito Ferreiro; o coordenador do LGTB Vigo, José Antonio Santoro; e os representantes das xuventudes socialistas de Galicia David Fernández e Isaac López Rey.
Os traballos presentados poden lerse no blog http://trasgrafiasvidasensetecores.blogspot.com/, e o obxectivo e publicalos en breve nun libro.
Esta é a segunda edición do concurso literario organizado polo grupo LGTB 7 cores, do PSdeG, que naceu co obxectivo de dar un paso máis na visibilidade das ideas e inquedanzas dos gays, lesbianas, transexuais e bisexuais.
O LGTB 7 cores destaca neste senso o traballo realizado polo Goberno socialista para acadar a igualdade entre as persoas gays, lesbianas, transexuais e bisexuais, con leis como a do matrimonio homosexual ou a de reasignación de sexo. Aínda que destacan a importancia deste punto de partida, avogan por ir máis alá e seguir a traballar para visibilizar e normalizar estes colectivos, a fin de conseguir a igualdade plena.
Tamén instan ao PP a aclarar a súa “axenda oculta” e a dicir con claridade se pretende anular os matrimonios homosexuais no caso de que chegue ao Goberno, e no caso contrario, retirar o recurso de inconstitucionalidade que o PP interpuxo contra esta lei.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario