O PP rexeita unha iniciativa socialista para poñer en marcha nas cidades de Galicia o servicio de información e asesoramento a LGTB
- A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga replica que o PP “votou en contra de todas e cantas iniciativas se aprobaron que significaran avances para a poboación LGTB”
-Afirmou que presentou esta proposta “para solidarizarse coa poboación LGTB, que esta mesma semana celebran o Día do Orgullo por todo mundo”
-Subliñou e mostrouse orgullosa de que o PSOE liderou e impulsou as profundas transformacións en materia de dereitos civís deste colectivo
Santiago de Compostela, 30 de xuño do 2011. A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar á Xunta poñer en marcha en tódalas cidades de máis de 50 mil habitantes, e nas cabeceiras de comarca, o servizo de información e mediación dirixido a LGTB (Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais). A proposta foi rexeitada polo PP.
Trala votación a deputada lamentou o rexeitamento do Partido Popular “son uns auténticos hipócritas profesionais”, espetou na comisión. Advirte “que aínda queda moito camiño por percorrer, para que a liberdade e a igualdade e a non discriminación por razón de orientación sexual recollida na nosa Constitución sexa realidade”. E replica que o PP “votou en contra de todas e cantas iniciativas se aprobaron que significaran avances para a poboación LGTB”. Ademais lembrou que ten recorrida unha da normativa mais importantes “a que equipara en dereitos civís as persoas do noso pais”. E critica que xa anunciaron que “derrogaran esta lei si chegan ao poder”.
A portavoz socialista afirmou que presentou esta proposta “para solidarizarse coa poboación LGTB, que esta mesma semana celebran o Día do Orgullo por todo mundo”. Subliñou que o PSOE liderou e impulsou as profundas transformacións en materia de dereitos civís deste colectivo.
Fraga lembrou na súa intervención que “foron moitos os logros acadados nos últimos anos na loita contra a homofobia e no recoñecemento de dereitos de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais”. Así as cousas dixo que “o PSOE colocou a España na vangarda dos estados que recoñecen a igualdade legal e a dignidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais”.
Subliñou que no ano 2005 un goberno socialista impulsou a aprobación dunha lei que posibilita o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e o exercicio de cantos dereitos implica, “a pesar da oposición do PP”, advertiu.
A deputada asevera que as lesbianas, gays, transexuais e bisexuais levan sufrido numerosas discriminacións ao longo da historia. Na actualidade son moitas as persoas que sofren ataques físicos e verbais unicamente pola súa orientación sexual e pola súa identidade de xénero.
A parlamentaria socialista afirma que “é fundamental que tódalas administracións públicas se impliquen na loita contra a homofobia con diferentes instrumentos, informando e orientando a aquelas persoas que poden sufrir ou vivir algunha destas situacións, que atenta contra a súa dignidade e contra a súa liberdade individual”, proclamou.
Argumenta ademais que a información e a educación son os camiños para acadar unha sociedade máis xusta, onde as persoas poidan vivir en sintonía coa súa orientación sexual en todas as nosas vilas e cidades.
E insistiu na súas reclamacións “creemos que a Xunta debe crear un conxunto de ferramentas e recursos que aseguren unha axeitada e acertada atención fronte a calquera tipo de discriminación ou abusos que atenten contra a dignidade e a integridade física das lesbianas, gays, transexuais e bisexuais, así como un correcto asesoramento a pais e adolescentes sobre calquera dúbida ou problema co que se poidan atopar”.
TEXTO DA INICIATIVA SOCIALISTA REXEITADA POLO PP;
Poñer en marcha en tódalas cidades de máis de 50 mil habitantes e nas cabeceiras de comarca o servizo de información e mediación LGTB, que realizaría, entre outras, as seguintes actuacións:
a) Campañas e actuacións concretas en colaboración cos centros de ensino para combater as diferentes actitudes homófobas que se poidan producir nos mesmos. Traballando tamén na formación do profesorado neste campo.
b) Asesoramento a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación información para aqueles/aquelas que teñan vivido casos de homofobia, mobbing ou calquera outro problema relacionado coa súa orientación sexual.
c)Asesoramento a familiares da poboación LGTB que busquen recursos, se lle planteen dificultades ou inseguridades en relación aos seus fillos/fillas ou demais familiares.
d) Conducir e orientar a aquelas persoas que teñan decidido acudir a xustiza a consecuencia de ter sufrido unha agresión homófoba.
e) e)Traballar na prevención de ETS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario