miércoles, 16 de noviembre de 2011

O meu LIBRO DE FAMILIA, as nosas FAMILIAS, o noso DEREITO.


Foi no ano 1999 cando comecei no colectivo LGTB MILHOMES a miña vida como activista. Discutiamos unha tarde no café Ou'alfaite, por que non tiñamos sede, o proxecto de lei de parellas de feito que a FELGTB e o PSOE ían presentar no parlamento do estado. Recordo que unha tarde levánteme da cadeira e dixen, "Estou en contra desta lei de parellas de feito, non quero ser cidadán de segunda, eu quero casarme como todo o mundo". Todos miráronme estrañados, "Fito non soñes", dixéronme.

Seis anos despois grazas a unha lei aprobada polo goberno socialista de Rodriguez Zapatero era posible que os homosexuais deste país nos casasemos cos mesmos dereitos e o mesmo nome, matrimonio, que o resto dos cidadáns.

Iso é traballar pola o igualdade da sociedade. Iso é converter unha utopia en realidade, por que a través da política podemos facer realidade aquilo polo que loitamos e traballamos. A política é o único que temos a xente de esquerda para resolver os nosos problemas, para avanzar, para ser mais iguais.

A reforma do 2005 do Código Civil que recoñecía o dereito ao matrimonio para as parellas do mesmo sexo constituíu un avance histórico ao ampliar a protección legal á nosa realidade familiar, tanto das nosas parellas como dos nosos fillos e fillas. Tras décadas de invisibilidad e marxinación, supuxo un recoñecemento da nosa dignidade convirtiendonos nunha sociedade avanzada, plural e diversa. Isto debería producir satisfacción non só no noso colectivo, senón tamén no conxunto da cidadanía na medida en que é unha ampliación de dereitos e liberdades. Esta vez, España si que entro con maiúsculas na Historia, grazas á valentía do partido socialista. Hoxe contan con leis iguais á nosa, Canada, Suecia, Sudafrica, Noruega,
Portugal, Islandia, Arxentina, Mexico DF e en USA os estados de Massachusetts, Connecticut , Iowa , Vermont , New Hampshire, Wáshington D.C. e Nova York . E Belgica e Holanda xa o tiñan antes que nós.

Estes seis anos de lei desmentiron algúns dos argumentos máis
usados no seu momento. Os modelos de familia máis tradicionais nin se romperon nin se viron socavados. Cada parella, cada proxecto de convivencia
puido elixir, libremente, grazas á reforma do
Código Civil, como organizar a súa relación afectiva, sen prexudicar en ningún
momento unhas opcións a outras. Por esta razón é vital respectar
a liberdade de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais para que
poidan, en caso de querer afianzar a súa unión desde o punto de vista
legal, contraer matrimonio. Só así a nosa convivencia, a dos
homosexuais, producirase en igualdade de condicións co resto da
cidadanía. Pero aínda estamos pendentes do Tribunal Constitucional,
que logo de seis anos podería falar xa.

O señor Rajoy discrepa en que se lle chame "matrimonio", ha de saber que non é un argumento aceptable, as nosas familias son tan dignas como as que forman as parellas heterosexuais e xa que logo por que haberían de ter unha denominación diferente e un recoñecemento legal distinto destas? O que é igual ha de chamarse da mesma xeito. Calquera outra fórmula remítenos a sistemas de segregación social. Ou non era segragacionismo cando se dicía que persoas brancas e negras tiñan os mesmos
dereitos sempre que estes exercésense dentro das súas respectivas comunidades?.

Merecemos a dignidade e a liberdade igual que calquera outra persoa.

Existiamos, existimos e existiremos, con recurso ou sen recurso, con sentenza do Constitucional positiva ou negativa e quéirao ou non o queira o PP. O debate real é se unha sociedade democrática e avanzada, como a española, está disposta a soportar un escenario no que se condene, outra vez, á clandestinidade a miles de familias vetando o noso dereito máis elemental ao amor e a felicidade.

NON, Non nos volveran a encerrar nos armarios.

Non señor Rajoy, non queremos esa "lei de unións civís".

E se recordamos, esa lei foi rexeitada dúas veces polo PP cando gobernaron. Vostedes señores do PP queren facer unha lei de unión de amigos, pero o meu marido e eu ademas de amigos, somos unha familia, somos un Matrimonio. Ademas sabe que esta lei non lle obriga a casar cunha persoa do mesmo sexo se vostede non quere.

Como dixo o outro día o noso compañeiro Pachi Vazquez, son as primeiras eleccións onde temos que pelexar para que non nos arrebaten os nosos dereitos, matrimonio homosexual, reasignación de sexo, igualdade, dependencia, aborto, educación, sanidade... Están xogando coa igualdade de oportunidades da persoas e coa súa felicidade. Non o podemos permitir.

Pero aínda con todo o avanzado, sabemos que debemos seguir traballando para conseguir a igualdade real. Para iso os socialistas estamos traballando na lei de Igualdade de Trato, os servizos de Medicación LGTB, a lei Galega de visibilidade LGTB, a lei Integral Galega de Transexualidad, aínda nos queda moita pelexa por diante.

Sabeis que é isto que teño na man? Si,é un LIBRO DE FAMILIA. Moitos sentiredes moita alegria cando vos haceis con él, para vos foi sempre fácil conseguilo.

Pero non sabeis o que significa para nós. Eu nunca pensei ter un libro de familia que recoñecese a miña relación coa miña parella e estou moi orgullo de telo.

E NON, señor Rajoy. Nos levou moitos anos de loita e Non nolo vai a quitar agora.

lunes, 14 de noviembre de 2011

ACTO DO PSdeG-PSOE: "NUEVOS DERECHOS PARA UNA NUEVA SOCIEDAD"

El MARTES 15 de noviembre, a las OCHO DE LA TARDE en el COLEGIO MARÍA BARBEITO (VENTORRILLO) hay un acto de campaña sobre "Nuevos derechos, para una nueva sociedad" donde charlaremos sobre los avances conseguidos en materia de derechos civiles en los últimos años en nuestro país. Conatremos con la presencia de

- Papa Diop. "Los derechos de las personas inmigrantes"
- Cristina Boo. "La atención a la dependencia; un nuevo derecho subjetivo"
- Carlos Giordano. "Los derechos de los españoles en el exterior"
- Fito Ferreiro. "Movimiento LGTB y derechos civiles en España"

- Javier Losada. Candidato al Senado

lunes, 31 de octubre de 2011

Pedro Zerolo: “Rajoy só traballa contra a igualdade”


Sexto aniversario da presentación polo PP do recurso ante o TC contra os matrimonios do mesmo sexo

O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG esixe de novo a Mariano Rajoy que retire o seu recurso ante o Tribunal Constitucional contra a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo

O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, sinalou que “cada día que pasa sen que o PP retire o seu recurso contra a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, Mariano Rajoy demostra que só traballa contra a igualdade”. Cando se cumpren seis anos desde que o PP presentase o seu recurso ante o Tribunal Constitucional, Zerolo subliñou que “o PP só traballa contra a igualdade, como poñen de manifesto os seus coñecidos intentos de derrogar leis que amplían dereitos civís como a Lei de Igualdade efectiva entre mulleres e homes, a de Saúde Sexual e Reprodutiva ou a do matrimonio igualitario, entre outras”.

“Xa son máis de 20.000 parellas as que nos últimos seis anos puideron exercer o seu dereito ao matrimonio en igualdade”, subliñou o dirixente socialista. “Neste tempo, España colocouse na vangarda dos dereitos humanos e dos dereitos civís, entre outros os de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Desde o ano 2005 no que se aprobou o matrimonio igualitario, son xa dez países máis os que recoñecen este dereito, así como sete estados dos EUA e México DF”, indicou Zerolo, quen engadiu que “cómpre defender as conquistas sociais ante o PP, porque os dereitos civís hai que reivindicalos, conquistalos, celebralos e agora toca defendelos”.

O responsable de Movementos Sociais volveu esixirlle ao PP que “retire o seu recurso do Tribunal Constitucional e se sume ao amplo consenso social e político que existe en España en torno ao recoñecemento do matrimonio igualitario”. Zerolo indicou que “o PP segue a ser o partido da involución en dereitos”.

CURSO "TRANSFORMARSE PARA TRANSFORMAR" ORGANIZADO POR CCOO, DESTINADO AO PROFESORADO.


Desde CCOO, como cada año ponemos en marcha el curso Transformarse para transformar, sobre cómo impulsar una educación en la diversidad afectiva y sexual en los centros educativos.
Dado el interés del curso, y debido a la premura de las fechas, este año se cerrará en cuanto esté lleno por lo que contará también el orden de llegada de las preinscripciones.
el curso completo se llevará a cabo en La cristalera de la UAM, Miraflores de la Sierra.
El curso es del Ministerio y está destinado a docentes de todas las comunidades autónomas en activo fundamentalmente, por lo que es gratuito, dispondrá de título acreditado por el ministerio y presenta los siguientes requisitos:

PARA LA PRESCRIPCIÓN es obligatorio mandar un correo a la dirección que se adjunta en el folleto con todos los datos que se solicitan, fundamentalmente un número de móvil, correo electrónico, etapa educativa, comunidad autónoma, situación administrativa (funcionariado de carrera, interinidad...) tipo de centro educativo( pública, concertada, privada..)
recibirás un correo confirmando que todos los datos están correctos y que se ha recibido tu preinscripción que no garantiza la plaza.

PARA LA INSCRIPCIÓN oficial es obligatorio entrar en la plataforma del ministerio, rellenar la ficha y tener cerca una impresora para poder imprimirla: una vez hecho esto se entiende que tienes plaza e inscripción oficial, pero para obtener la beca y el curso sea gratuito será obligatorio:

* antes del inicio del curso hay que entregar como documentación: una copia del DNI y cabecera de la nómina que puedes enviar escaneada en el momento que tengas la plaza o por correo ordinario, pero siempre antes de la realización del curso.
* la inscripción oficial impresa y firmada, que se entregará en el curso.
* sin estos dos requisitos no se becará el curso, por tanto NO será gratuito.

El curso incluye en su gratuidad:
alojamiento completo, manutención y salvo que sea imperioso se podrá pernoctar el día antes del curso, siempre que exista una razón que lo justifique ( que no se pueda viajar el mismo día por horarios de los medios de transporte )
el viaje ida y vuelta tanto en transporte público, como en coche ( en caso de venir más personas en el mismo vehículo, sólo se abonará el kilometraje a una de ellas ) el trasporte no se abonará a aquellas personas que vienen por Madrid, puesto que se pondrá un autobus desde Atocha hacia Miraflores y vuelta para todos los y las participantes. Es muy importante ajustarse al horario programado, aquella persona que no pueda llegar a la hora de salida del autobus, tendrá que organizarse los horarios y medios de locomoción por su cuenta, simpre ajustándose a la hora de inicio del mismo.

El curso tiene dos niveles de profundización, por lo que se contará la asistencia a ambos niveles, de momento no disponemos de fechas exactas para el nivel 2, tendrán prioridad en el nivel 2 quienes hayan cursado el nivel 1 o bien alumnado de otros años que no hayan podido cursar el nivel 2 en su promoción.

Tendrán prioridad aquellas personas que puedan asistir al curso desde el inicio del mismo.
en cuanto te confirme la plaza en el curso seguiré ampliando la información. muchos besos. belén

--
Belén de la Rosa
F.E. de CCOO
Secretaría de Juventud y Cultura
669891865, 60904

lunes, 24 de octubre de 2011

UNHA BREVE HISTORIA DOS PONETES DAS XORNADAS NA UDC

Carla Antonelli




Naceu en Güímar, Tenerife, Illas Canarias, España. Estudou arte dramática no Conservatorio de Música e Arte Dramática de Santa Cruz de Tenerife. Saíu da súa cidade natal en 1977, xa que naqueles momentos facíase impensable que unha persoa transexual puidese desenvolver a súa identidade de xénero nunha contorna rural. Viviu rabexadas da ditadura franquista e o post-franquismo de cheo, ademais da persecución policial. En España ata 1979 as persoas transexuais e homosexuais podían ser encarceradas baixo a Lei de “perigo social”.

Activista polos dereitos das persoas transexuais de forma directa desde o ano 1977 en Las Palmas de Gran Canaria. En 1980 gravou o primeiro documental temático sobre transexualidad que se emitiu na Televisión Española (TVE-2). Este documental foi secuestrado pola censura e non se emitiu ata setembro do ano 1981, debido a que arremeteu contra xuíces por non posibilitar o cambio de nome e sexo legalmente.

En 1997 comenzo a coordinar a área Transexual do Grupo Federal GLTB do PSOE. Traballou en grupo no programa electoral onde se incluíu o matrimonio homosexual e a Lei de Identidade de Xénero para as persoas transexuais. Colaborou na redacción da norma que posibilitaba ás mulleres transexuais ingresar nos módulos femininos, sen necesidade dunha cirurxía de reasignación de sexo.

No ano 2004 o PSOE gaña as eleccións e o Congreso aproba o matrimonio homosexual, pero a Lei para transexuais atrasábase unha e outra vez, e cando se viu perigar a súa saída, ameazou ao seu Goberno con iniciar unha folga de fame[1] xunto a presidentas doutros colectivos se o Consello de Ministros non aprobaba dita normativa. Esta cuestión tivo unha repercusión mediática nacional e internacional, ao final o Goberno logo de diversas reunións comprometeuse de forma pública a tramitar a Lei. Cousa que se fixo realidade o 1 de marzo do ano 2007. Renunciou á súa actividade politica cando a Lei de Transexuais foi aprobada, asinada polo Presidente do Goberno e o Rei de España o 17 de marzo do 2007. O 1 de xullo dese ano anuncia que deixase o seu cargo por “motivos laborais”, xa que comezaba a gravar unha serie de televisión en Antena 3.

Foi Portavoz de Área Transexual da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais de España e portavoz para os medios de comunicación do Colectivo Transexualia de Madrid, logo de violentas agresións a persoas transexuais por grupo de neonazis no Paseo da Castelá. deu charlas en distintas universidades de España e distintos centros do país; así como Congresos de Sexología, o último en Valladolid en outubro de 2009.

Viaxou a Venezuela, Chile e Mexico, invitada por colectivos transexuais dos países a encontros internacionais. En Chile participou en todas as televisións e programas de máxima audiencia do país, con entrevistas pola demanda dos dereitos de transexuais, en México falo na Cámara dos deputados e deu unha conferencia na Universidade de Mérida, no Estado de Iucatán.

Premiada polos colectivos transexuais de Cataluña e Andalucía en 2008 pola súa participación necesaria na Lei de Identidade de Xero. Colectivo de Transexuais de Madrid premiouna no 2003 pola súa traxectoria histórica. Premio 2008 da Federación Estatal de Gais, lesbianas e transexuais de España "Premios Látigos e Plumas".Premio Baeza 2009 a ?A visibilidade?, recibido xunto ao Xuíz Grande Marlaska e o concelleiro Pedro Zerolo.



Dr. Vicent Bataller i Perelló

Naceu en Gandía provincia de València en 1958.
Licenciouse en Medicamento e Cirurxía pola Universitat de València, E.G. en 1985. Alcanzou o grao de doutor pola mesma Universidade no 1995, cunha tese sobre Educación Sexual, cualificación sobresaliente cum laude por unanimidade do Tribunal Tese.
Creou o primeiro servizo de información sexual teléfónico para mozas no P.V. en 1989.”Telèfon Jove da Sexualitat” dependente do Institut Valencià de Joventut.
Fué Presidente da Societat Sexológica do País Valencià. Promotor, creador de diferentes Asociacións de Sexólogos e pertenceu á FESS durante máis de 10 anos.
Coordinou a área de Saúde Integral/vih-sida da FELGT desde a súa creación ata 2004.
Actualmente forma parte do Aula de Identidade de Xénero da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e é Vicepresidente e fundador da AUEMS (Asociación Internacional para o estudo Multidisciplinar da Sexología) nas Illas canarias. Colabora en ECOSEX e na CASA GLTB de San Bartolomé de Tirajana (Sur de Las Palmas de Gran Canaria). Foi o primeiro Coordinador Grupo LGTB PSPV-PSOE
É Director do "Espai de Sexologia" no Centre Internacional de Gandia, dependente da Universitat de València. Vogal de Saúde Sexual da Sociedade Española de Intervención en Sexología (S.E.I.S.). Vogal de Saúde Sexual e Dereitos Sexuais da Asociación Española de Antoloxía, Medicamento Sexual e Reprodutiva (A.S.E.S.A.). Coordinador Federal de Saúde Sexual e Dereitos Sexuais do CEF- PSOE.
Ten o Premio AET- Transexualia en recoñecemento á Traxectoria Profesional en Defensa do Colectivo Transexual, outorgado en Madrid no 2007. No 2008 recibiu o Premio LGTB L´Ahuir e no 2010 outorgóuselle o Premio Margalida Borràs polo seu defensa a favor da Saúde Sexual da Comunidade LGTB.
É profesor de Sexología da Universidade de Almería, Universidade de Sevilla, Universidade Camilo José Cela e da Universidade de Oviedo.
Máis información sobre Vicente na web www.vicentebataller.com


Afredo Saborido Pérez

Traballador social, sexólogo do INCISEX (instituto de Ciencias Sexológicas da Universidade de Alcalá de Henares) e terapeuta sexual e de parella por BIKO ARLOAK. Militante do CGC (Colectivo Gay de Compostela) desde 2002 a 2009. Poteriormente foi presidente de CGC e representante da federación ATURUXO (federación LGTB Galega). Durante estes anos foi cando o activismo LGTB en Santiago e en Galicia tiña unha gran actividade. Organizábase o orgullo de Galicia en Santiago cunha manifestación onde chegaron a ir 5000 persoas e unha festa que enchía a praza da Quintana.



Massioun Didier Villegas Mogollon

Massioun Didier foi activista LGTBI, de colectivos de traballo coas persoas con VIH e participo nun grupo politico LGTBI na cidade de Cali.

Ingreso no ano de 1997 no colectivo chamado Fundación Vivir Mellor actualmente chámase Apoio e solidariedade. É unha organización para persoas que viven e conviven con VIH, formando parte do grupo de auto apoio. Realizaba e promovía encontros nacionais e internacionais con persoas que vivían e convivían con VIH, sendo integrante activo da organización, axudando a persoas recentemente diagnosticas coa infección.

Para o ano 2001 integrar no grupo que se formo a través da igrexa católica, chámase Grupo LGTBI Kyron onde se facían reunións cada xoves co obxectivo de facer talleres e de charlas sobre o tema LGTBI e formación integrar ecuménica, cara a parte da parroquia da igrexa de Champagnat de cali, pero a igrexa non interviña na actividades do grupo.

Xa no 2002 comenzo a formar parte do grupo LGTBI Aguacatal onde a reunións eran os sábados coas actividades similares ao de kyron pero dándolle un diferente (non relixioso) mais de reflexión persoal e con cine-foros.

Estando nestes grupos crear unha fundación de teatro Satiricón, co obxectivo de facer obras de teatro con temas LGTBI, o cal participe durante ano e medio asistindo a talleres de preparación artística no grupo.

Outros dos grupos que se formaron na cidade de Cali, é un grupo con fins políticos, de ideoloxía de esquerda, chamado grupo Polo de Rosa, o cal era parte do movemento político Polo democrático alternativo, alí a súa función era contactar cos novos integrantes para ter unha ficha técnica de cada un e así poder levarlles a información dos sucesos actuais do grupo a través de Internet.

Como na actualidade hai mais grupos en Cali, e entre eles destaco ao grupo Xuño Unicidad (polo respecto da unicidad), o cal programaba cada ano o recital de poesía homo-erótica, con fins culturais dentro de colectivo LGTBI. Alí participaba de forma exporadica na realización deste evento e doutros eventos que eles realizaban. Foi nomeado membro honorario. Aínda hoxe continua axudando aos grupos de Colombia cando eles solicítano.

martes, 18 de octubre de 2011

“CONSTRUÍNDO AS NOSAS SEXUALIDADES. AS DIVERSIDADES SEXUAIS E A SAUDE SEXUAL"



“CONSTRUÍNDO AS NOSAS SEXUALIDADES. AS DIVERSIDADES SEXUAIS E A SAUDE SEXUAL"

II Obradoiro LGTB IESGA e 7Cores

Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña.

MÉRCORES 26/OUTUBRO:


10:00 INAUGURACIÓN DAS XORNADAS
Chema Castrillo: Coordinador IESGA UdC
Fito Ferreiro: Coordinador grupo LGTB 7 Cores

10:15 “DA DIVERSIDADE NORMATIVA ÁS DIVERSIDADES SEXUAIS”
Vicente Bataller: Doctor en Medicina, sexólogo e membro do instituto de estudos psicosomáticos e psicoterapia médica.

11:30 DESCANSO

12:00 PROXECCION DOCUMENTAL
"MAMA, SOY TRANSEXUAL"


13:00 DIVERSIDAD Y SALUD SEXUAL
Alfredo Saborido Perez
Traballador Social,Sexologo e membro da AEPS.

14:00 XANTAR

16:30 IDENTIDADES TRANSEXUAIS; ABORDAXE INTEGRAL
Carla Antonelli: Deputada do PSOE da Asamblea de Madrid. Muller transexual activista dos dereitos LGTB.
Vicente Bataller: Doctor en Medicina, sexólogo e membro do instituto de estudos psicosomáticos e psicoterapia médica.


18:30 OBRADOIRO DE SEXUALIDADE


19:30 DEBATE COS COLECTIVOS LGTB
ALAS CORUÑA
7 CORES
NOS MESMAS
ALAS LUGO
Modera: Juan Jesús Sánchez
(Coordinador Nacional de IESGA)

XOVES 27/OUTUBRO:


10:30 DIVERSIDADE SEXUAL, REALIDADES NOUTROS PAISES.
Maurico Álvarez: Activista LGTB
Massioun Diddier: “Grupo reflexia LGTB aguacatal” Pueblo Rosa (Partido Pueblo democrático - Colombia)

11:30 GLOBALIZACIÓN DOS DEREITOS SEXUAIS.
Silvia Fraga: Voceira parlamentaria de LGTB do grupo PSdeG-PSOE
Obdulia Taboadela: Doutora en Socioloxía


12:30 IGUALDADE DE TRATO, UN NOVO PASO CARA A IGUALDADE
Mar Barcón: Voceira Municipal en A Coruña do grupo do PSdG-PSOE
Laura Seara: Secretaria de Estado de Igualdade.

13:30 PECHE

A inscripción farase a través da web da asociación www.IESGA.es //
LUGAR: FAC. DE CC. da Educación (Campus de Elviña) //
Para +info iesga@iesga.es

Descarga o Cartaz: http://goo.gl/TZpFe

+ Info

www.iesga.es
www.grupo7colores.blogspot.com

lunes, 17 de octubre de 2011

Pedro Zerolo: “Rajoy só traballa contra a igualdade”

Sexto aniversario da presentación polo PP do recurso ante o TC contra os matrimonios do mesmo sexo




O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG esixe de novo a Mariano Rajoy que retire o seu recurso ante o Tribunal Constitucional contra a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo

Madrid, 29 de setembro de 2011. O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, sinalou que “cada día que pasa sen que o PP retire o seu recurso contra a lei do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, Mariano Rajoy demostra que só traballa contra a igualdade”. Cando se cumpren seis anos desde que o PP presentase o seu recurso ante o Tribunal Constitucional, Zerolo subliñou que “o PP só traballa contra a igualdade, como poñen de manifesto os seus coñecidos intentos de derrogar leis que amplían dereitos civís como a Lei de Igualdade efectiva entre mulleres e homes, a de Saúde Sexual e Reprodutiva ou a do matrimonio igualitario, entre outras”.

“Xa son máis de 20.000 parellas as que nos últimos seis anos puideron exercer o seu dereito ao matrimonio en igualdade”, subliñou o dirixente socialista. “Neste tempo, España colocouse na vangarda dos dereitos humanos e dos dereitos civís, entre outros os de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais. Desde o ano 2005 no que se aprobou o matrimonio igualitario, son xa dez países máis os que recoñecen este dereito, así como sete estados dos EUA e México DF”, indicou Zerolo, quen engadiu que “cómpre defender as conquistas sociais ante o PP, porque os dereitos civís hai que reivindicalos, conquistalos, celebralos e agora toca defendelos”.

O responsable de Movementos Sociais volveu esixirlle ao PP que “retire o seu recurso do Tribunal Constitucional e se sume ao amplo consenso social e político que existe en España en torno ao recoñecemento do matrimonio igualitario”. Zerolo indicou que “o PP segue a ser o partido da involución en dereitos”.