martes, 21 de febrero de 2012

14 FEBREIRO. DÍA EUROPEO DA SAÚDE SEXUAL.



As persoas progresistas debemos reflexionemos acerca dos Dereitos sexuais e Liberdades sexuais conquistadas con moito esforzo e que o goberno retrógrado e cavernícola do PP está estragando con argumentos que cómpre desmontar. A Lei que fixo o Goberno Socialista de José Luis Rodríguez Zapatero, non é ningunha Lei do aborto como os medios de comunicación e o PP non paran de cacarexar. Señores/as, é unha Lei Orgánica de Saúde Sexual, Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do embarazo. Ninguén desexa un aborto, iso simplemente é un fracaso da educación sexual no noso País que é inexistente e cando se realiza só contempla os riscos que comporta a actividade coital-vaxinal. Pídolles que lean a Lei e desenvolvan unha óptima Saúde Sexual para todas as persoas, pois a carga moral, a represión e a ignorancia son incompatibles cunha sexualidade responsable, pracenteira e amorosa.



DECLARACIÓN DE MONTREAL (2007):

Recoñecer, promover e asegurar dereitos sexuais
Avanzar cara a equidade de xénero
Eliminar violencia e abusos
Acceso universal á educación sexual
Programas de saúde que recoñezan a saúde sexual
Deter o VIH/SIDA e outras enfermidades
Identificar e abordar disfuncións
Recoñecer o pracer sexual como compoñente do benestar
En 1997 con motivo del XIII Congreso Mundial de Sexoloxía, celebrado en Valencia, fíxose manifesto por vez primeira a" Declaración Universal dos Dereitos Sexuais" ou a chamada "Declaración de Valencia", que posteriormente en 1999 foi ratificada en Hong Kong pola WAS, no XIV Congreso Mundial de Sexoloxía.
Os dereitos sexuais son parte dos dereitos básicos de todas as persoas, por tanto son universais e inalienables. A Saúde Sexual non pode ser lograda sen dereitos sexuais para todas as persoas, independentemente da súa orientación e identidade sexual.
En 2005, no XVII Congreso Mundial de Sexoloxía, celebrado en Montreal fíxose pola W.A.S. (Asociación Mundial da Saúde Sexual). Declaración de Montreal ou"Saúde Sexual Para o Milenio".
En 2006 en Canadá, desenvolvéronse os Dereitos sexuais LGTB ou Declaración de Montreal , para salvagardar e protexer os dereitos básicos da Comunidade LGTB e instar a axencias e organismos internacionais a facer un seguimento sistemático dos dereitos destas persoas.
Coñecer, difundir e traballar sobre os dereitos sexuais desde a educación sexual na infancia, preadolescencia, adolescencia e xuventude supón unha garantía para o seu desenvolvemento como persoas sexuadas, onde a igualdade, as relacións de equidade entre os xéneros, a coeducación e a garantía dos dereitos sexuais sexan os piares para facer persoas adultas, autónomas e responsables da súa propia sexualidade.
A promoción da saúde sexual fomenta a calidade de vida e a realización da paz. A saúde sexual non pode alcanzarse en tanto as persoas non estean libres de estigma, discriminación, abuso, coerción e violencia sexuais.
Cómpre avogar pola saúde sobre a base dos dereitos humanos e a solidariedade, establecer normas reguladoras e leis que garantan un alto grao de protección fronte a posibles danos e a igualdade de oportunidades para a saúde e o benestar de todas as persoas, asociarse e establecer alianzas con organizacións públicas, privadas, non gobernamentais e internacionais e coa sociedade civil para impulsar medidas sostibles no eido da promoción da saúde sexual, tamén ten que ser un compromiso de toda a cidadanía, incluídas as persoas maiores.


DEREITOS SEXUAIS

É algo obvio, pero aínda moitos/as profesionais da saúde non teñen en conta que hai sexualidades en plural, e dan por suposto que todos os varóns e/ou mulleres que lles consultan son heterosexuais.
Neste punto é importante lembrar que a sexualidade, tal como contemplan a Organización Mundial da Saúde (OMS) e a World Association for Sexual health (WAS), é un dos principais indicadores de calidade de vida das personas, polo que instan a organismos, asociacións e Gobernos a promocionar a Saúde Sexual, e para que esta se logre cómpre recoñecer e garantir os dereitos das persoas, de TODAS as persoas.
Cómpre reivindicarmos que a orientación homosexual, tanto masculina como feminina, téñense que abordar dun xeito integral desde a Sanidade Pública, e así mesmo, os/as profesionais sanitarios/as, teñan en conta e traten os problemas de parella, as disfuncións ou síntomas de erección, a exaculación precoz ou rápida, o tratamento da ITS, a inhibición do desexo sexual, as anorgasmias, etc., da comunidade LGTB.
Finalmente cómpre que o diagnóstico e as fases do proceso de transexualización sexan cubertas no Sistema Público de Saúde e Política Social.
En definitiva, debemos considerar que non hai unha única sexualidade, senón que hai distintas sexualidades, tantas como persoas existen e que todas son peculiares e específicas.

DEREITOS SEXUALES OU DECLARACIÓN DE VALENCIA ,1997.

Os dereitos sexuais son dereitos humanos universais baseados na liberdade inherente, dignidade e igualdade para todos os seres humanos. Dado que a saúde é un dereito humano fundamental, a saúde sexual debe ser un dereito humano básico. Para asegurarnos que os seres humanos das sociedades desenvolvan unha sexualidade saudable, os dereitos sexuais seguintes deben ser recoñecidos, promovidos, respectados e defendidos por todas as sociedades de todas as maneiras. A saúde sexual é o resultado dun ambiente que recoñece, respecta e exerce estes dereitos sexuais:
1. O Dereito á Liberdade Sexual: A liberdade sexual abrangue a posibilidade dos individuos de expresar o seu potencial sexual. Porén, isto exclúe todas as formas de coerción sexual, explotación e abuso en calquera tempo e situación da vida.
2. O Dereito á Autonomía Sexual, Integridade Sexual e Seguridade do Cuerpo Sexual: Este Dereito involucra a habilidade de tomar decisións autónomas sobre a vida sexual dun dentro dun contexto da propia ética persoal e social. Tamén inclúe o control e o pracer dos nosos corpos libres de tortura, mutilación e violencia de calquera tipo.
3. O Dereito á Privacidade Sexual: Este involucra o dereito a tomar decisións individuais e condutas sobre a intimidade sempre que elas no interfiran nos dereitos sexuais doutros.
4. O Dereito á Equidade Sexual: Este dereito refírese á oposición a todas as formas de discriminación, independentemente do sexo, xénero, orientación sexual, idade, raza, clase social, relixión ou invalidez psíquica, física, sensorial ou emocional.
5. O Dereito ao Pracer Sexual: O pracer sexual incluíndo o autoerotismo, é unha fonte de benestar físico, psicolóxico, intelectual e espiritual.
6. O Dereito á Expresión Sexual Emocional: A expresión sexual é más que o pracer erótico nos actos sexuais. Cada individuo ten dereito a expresar a súa sexualidade a través da comunicación, o contacto, a expresión emocional e o amor.
7. O Dereito á Libre Asociación Sexual: Significa a posibilidade de casar ou non, de divorciarse e de establecer outros tipos de asociacións sexuais.
8. O Dereito a Facer Opcións Reprodutivas, Libres e Responsables: Isto abrangue o Dereito para decidir sobre ter fillos ou non, o número e o tempo entre cada un, e o dereito ao acceso aos métodos de regulación da fertilidade.
9. O Dereito á Información Baseada no Coñecemento Científico: A información sexual debe ser xerada a través dun proceso científico e ético e difundido en formas apropiadas en todos os niveis sociais.
10. O Dereito á Educación Sexual Comprensiva: Este é un proceso que dura toda a vida, desde o nacemento e debería involucrar a todas as institucións sociais.
11. O Dereito ao Coidado da Saúde Sexual: O coidado da saúde sexual debe estar dispoñible para a prevención e o tratamento de todos os problemas, preocupacións e desordes sexuais.

PRINCIPIOS DE YOGYAKARTA. MONTREAL . Marzo 2007

Son principios Sobre a Aplicación da Lexislación Internacional de Dereitos Humanos en Relación coa Orientación Sexual e a Identidade de Xénero.
O texto consiste nun preámbulo, 29 principios e Recomendacións Adicionais, así como os Signatarios/as desta Declaración. O dereito ao goce universal dos dereitos humanos é o primeiro principio.Os dereitos á Igualdade e á non discriminación, o dereito de toda persoa a non ser detida arbitrariamente,o dereito á educación, o dereito a formar unha familia,...etc. Entrade na web: http://www.yogyakartaprinciples.org/


Estudalos co alumnado e Difundilos é Fundamental para que se coñezan e respecten.


OS PRINCIPIOS DE YOGYAKARTA. MONTREAL.2006.

DEREITOS SEXUAIS

A ACEPTACIÓN PERSOAL DA SEXUALIDADE COMO FONTE DE PRACER, SAÚDE, AFECTIVIDADE E FECUNDIDADE.

A sexualidade é unha parte integral da personalidade de todo ser humano e para o seu pleno desenvolvemento cómpre a satisfacción de necesidades humanas básicas como o desexo de contacto, intimidade, expresión emocional, pracer, tenrura e amor.



DE QUE TODAS AS PERSONAS VIVAN BEN O FEITO DE SEREN SEXUADAS E CONTRIBÚAN AO SEU BENESTAR E Á SÚA SAÚDE INTEGRAL.

Apoia a realización dun documental de temática LGTB



Ola, os compañeiros da ONG cultural visible mándannos a seguinte nota:


Puxemos na páxina de crowdfunding Verkami o proxecto do documental sobre a Colección Visible que estamos agora mesmo a realizar coa axuda dunha produtora. Temos unha axuda do Ministerio de Asuntos Exteriores pero necesito un pouco máis de diñeiro para a música, subtitulado, deseño, etc. Necesitamos que arredor de 200 persoas poñan 20 euros cada unha para conseguir os 3.500 euros que nos propuxemos como obxectivo.
Gustaríame que puideses darlle un pouco de difusión a isto entre os vosos contactos nas redes sociais... O texto de presentación do proxecto é este:

A ONG Asociación Cultural Visible promove a visibilidade da cultura gai e lesbiana e precisa da túa axuda para realizar o documental ARTE GAY BUSCA CASA, unha película sobre a creación dunha colección de arte homosexual (Colección Visible) na que leva traballando desde hai sete anos e que reúne hoxe en día cerca de 1.000 obras doadas por artistas de 30 países. Só tes que entrar na páxina de crowdfunding Verkami.com e axudarnos, con 20 euros ou máis se o prefires. Cada tipo de patrocinio vai acompañado de variadas e interesantes recompensas.
Só tes que entrar nesta ligazón para veres o proxecto:


Un bico

Pablo Peinado
VISIBLE

lunes, 13 de febrero de 2012

A Corte de Apelacións dos EUA considera inconstitucional prohibir o matrimonio gai en California .




Un tribunal federal de apelacións do noveno circuíto xudicial de California (EUA) declarou hoxe que a prohibición dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo é inconstitucional, o que supón un paso adiante para a aprobación dos enlaces entre homosexuais nese estado. Un panel de tres xuíces ditaminou 2-1 que un maxistrado de primeira instancia interpretou correctamente a Constitución dos Estados Unidos de América e os precedentes da Corte Suprema cando declarou en 2010 que a "Proposición 8" -a lei que prohibía os matrimonios entre persoas do mesmo sexo- era unha violación dos dereitos civís de gais e lesbianas.
Os avogados da "Proposición 8" e as dúas parellas que interpuxeron a denuncia para eliminar a devandita prohibición estaban dispostos a recorrer mesmo á Corte Suprema se non recibían un fallo favorable. "Aínda que a Constitución permite ás comunidades promulgar a maioría das leis que consideren convenientes, requírese que haxa ao menos unha razón lexítima para a aprobación dunha lei que trata as diversas clases de persoas de maneira diferente. De tal xeito, non hai razón ningunha para que a Proposición 8 sexa aprobada", engade a resolución xudicial.
Ademais, considera que non había probas de que o ex-xuíz Vaughn Walker, quen a rexeitou primeiro, fose parcial e engadiu que debería ter comunicado antes de que dese a coñecer a súa decisión que era homosexual e tiña unha relación desde había moito tempo con outro home. O fallo divulgouse máis dun ano despois de que a Corte de Apelacións escoitase os argumentos no caso.
Os partidarios da "Proposición 8" pediran á Corte que rexeitase a decisión de Walker por razóns constitucionais e pola vida persoal do xuíz. O maxistrado de San Francisco sentenciou a favor das vodas homosexuais nese estado ao considerar que a lexislación que as prohibía atentaba contra os dereitos fundamentais establecidos na Constitución dos EUA.
Os opositores ao matrimonio homosexual iniciaron un día despois o proceso de apelación á decisión do xulgado federal. A organización Protect Marriage, que aglutina a diferentes grupos relixiosos e conservadores, presentou o recurso ante o noveno circuíto xudicial de apelacións. Despois de que a "Proposición 8" fose aprobada nas urnas cun 52,2 por cento dos votos, os seus opositores denunciárona en agosto de 2009 ante unha Corte Federal de San Francisco por considerar que atentaba contra os dereitos constitucionais.
Os EUA non recoñecen oficialmente as vodas homosexuais, aínda que si as aceptan os gobernos de seis dos seus estados: Massachusetts, Connecticut, Vermont, Iowa, New Hampshire e mais o Distrito de Columbia. O colectivo de "Alcaldes pola Liberdade de Matrimonio", entre os que se encontran o de Nova York, Michael Bloomberg e o dos Ánxeles, Antonio Villaraigosa, aplaudiron a decisión do noveno circuíto xudicial e afirmaron que "reafirma que o soño americano é posible para todos". "Esperamos que chegue un día no que todos os nosos cidadáns poidan compartir xusta e equitativamente a liberdade do matrimonio", engadiron nun comunicado ao coñeceren a resolución.

Un proxecto de lei que contempla a pena de morte para os homosexuais volve ao Parlamento ugandés




Un proxecto de lei que contempla a pena de morte para os homosexuais que sexan "reincidentes" foi reintroducido no Parlamento de Uganda este martes tras ser proposto en 2009 por un membro do Movemento de Resistencia Nacional (NRM), o que provocou duras críticas internacionais.
Nese momento, o presidente de Estados Unidos, Barack Obama, definiu o proxecto como "odioso" e a secretaria de Estado, Hillary Clinton, pediu ao presidente ugandés, Yoweri Museveni, que o rexeitase. Ademais, varios doantes internacionais ameazaron con cortar o seu financiamento ao país en caso de se converter en lei.
O proxecto foi retirado en maio de 2011 e o Goberno anunciou en agosto que non debatería o texto porque as leis existentes eran suficientes para combater os "crimes homosexuais". Porén, un pequeno movemento homófobo, liderado por varios parlamentarios e un grupo de sacerdotes, amosou a súa vontade de que a proposta entre en vigor.
"O proxecto anti-homosexualidade volveu ser presentado ante o Parlamento e foi enviado ao comité Legal e ao comité de Asuntos Parlamentarios", segundo informou a presidenta do Parlamento, Helen Kawesa. "O comité examinarao e levará a cabo vistas públicas antes de devolvelo para o seu debate formal", engadiu.
A homosexualidade goza de moi mala prensa na meirande parte dos países africanos, onde se considera un mal costume europeo. É ilegal en 37 países do continente e poucos son os africanos que se atreven a confesar esta tendencia sexual por temor ao cárcere ou á perda do seu traballo.
O 26 de xaneiro de 2011, o activista ugandés polos dereitos dos homosexuais David Kato, cuxo nome e fotografía foron publicados en 2010 por un xornal homófobo local, foi golpeado ata a morte no seu domicilio de Campala.

jueves, 29 de diciembre de 2011

O GRUPO LGTB 7 CORES PIDE QUE SE TRABALLE CONTRA A HOMOFOBIA CON POLITICALES REAIS . AS DENUNCIAS PUBLICAS EN CERTOS CASOS PODEN PREXUDICAR .


REFERENTE AS PINTADAS EN INSTITUTO DE A CORUÑA.

O GRUPO LGTB 7 CORES PIDE QUE SE TRABALLE CONTRA A HOMOFOBIA CON POLITICALES REAIS .
AS DENUNCIAS PUBLICAS EN CERTOS CASOS PODEN PREXUDICAR E NON AXUDAR.



Fai xa un mes que o Grupo LGTB 7 CORES tivo coñecemento dunhas pintadas homofobas nun instituto da nosa cidade.

Cando hai insultos ou agresións homofobas hai uns protocolos de actuación xa que se saímos antes en prensa podemos agravar o problema se esa persoa esta dentro do armario, ten outros problemas familiares ou doutro índole.

Cando tivemos coñecemento de ditas pintadas o 22 de Novembro, puxémonos en contacto coa orientadora do centro escolar en cuestión. Decatámonos do problema real que existe alí e para non prexudicar a ninguén chegamos a uns acordos de actuación.

Esta é a forma de actuar, antes de saír en prensa e utilizar politicamente a problemática dun persoa. Xa que a publicidade pode acentuar mais o problema. O denunciar estes problemas desta forma demostran o non coñecemento da nosa realidade e o intento de acordarse de nós e nós para a confrontación política.

Ademais se o concelleiro de EU- OS VERDES coñecese de verdade o problema non se equivocaría na formulación da denuncia.


Estes acordos, ademais doutras accións, consiste en facer charlas sobre diversidade sexual no próximo trimestre en devandito centro escolar. Estas charlas estarán coordinas polo servizo de Mediación Municipal e nelas participasen tamén os colectivos da Coruña A.L.A.S e o Grupo LGTB socialista 7 CORES.

Desde o grupo LGTB 7 CORES sempre defendemos Os Servizos de Mediación LGTB dentro das políticas para traballar pola igualdade real do noso colectivo. Desde estes servizos désense charlas en institutos, a profesores. Deberíanse facer campañas contra a homofobia e dando a coñecer ao realidade da poboación LGTB. Tamén se atenderían ás persoas que necesiten axuda para desenvolver a súa orientación sexual ou a familiares e amigos.

Gustaríanos que o concello da Coruña potenciase este servizo e dese as instrucións precisas para que o servizo de Mediación LGTB do concello da Coruña realizase as charlas que tenia programadas. Neste trimestre só deu dúas charlas en institutos e colexios. E parécenos que é unha pobre actuación para un programa que debería dar tres ou catro charlas por semana.

Tamén nos preguntamos cal é o orzamento que o concello da Coruña vai dedicar ás políticas LGTB. Xa que dentro dos orzamentos municipais do 2012 non se atopan especificadas e están englobadas xunto outros programas como o de secretariado xitano, sen contía concreta. Logo da experiencia do ultimo Festival de Arte LGTB Visible onde o concello recorto de 14.000 euros que orzara a 5000 euros crémonos que o futuro das políticas LGTB do goberno municipal estean á altura dunha cidade como a da Coruña.

E tamén pedimos ao concelleiro de EU-OS VERDES que se quere traballar de verdade polo colectivo, pida que o concello Coruña continúe coas políticas que desde fai catro anos realizábanse dentro do programa VISIBLE e que contaba cunha dotación orzaría que agora non constan no orzamento municipal. Este programa da concellaría de Servizos de Servizos Sociais encargábase de VISIBLE CINEMA, VISIBLE CORUÑA, O SERVIZO DE MEDIACION MUNICIPAL LGTB e a programación cultural da semana do ORGULLO.

jueves, 1 de diciembre de 2011

1 DECEMBRO DÍA MUNDIAL DO SIDA



Pedro Zerolo: "A crise non pode ser unha escusa para eliminar as políticas de prevención do VIH"


O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG mostra a súa preocupación porque o futuro Goberno do PP siga o camiño de supresión das políticas de prevención do VIH no ámbito da saúde pública como nas CCAA que goberna Madrid, 30 de novembro de 2011. Pedro Zerolo, secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, alertou hoxe contra as políticas de supresión e graves recortes no ámbito da saúde pública.


Con motivo da celebración do Día Mundial do Sida o 1 de decembro, afirmou "que a crise non pode ser unha escusa para reducir drasticamente o investimento nas políticas de prevención do VIH". O dirixente socialista subliñou que "diversas comunidades autónomas gobernadas polo PP recortaron gravemente ou eliminado, os Programas Autonómicos de Prevención do VIH". mostrou a súa preocupación porque coa chegada do PP ao goberno de España "signifique un retroceso nas políticas de prevención, tratamento, atención e apoio relacións co VIH e a sida".


Zerolo recordou que en España se produciron o ano pasado preto de 3.000 novos diagnósticos, dos cales o 45% foi tardío. "É imprescindible que desde as Administracións públicas sanitarias sígase impulsando o diagnóstico precoz, facilítese ao máximo o acceso ás probas de detección e garántase o acceso gratuíto, anónimo e confidencial ás mesmas", sinalou o responsable de Movementos Sociais, quen engadiu que "a prevención segue sendo o investimento máis eficaz para evitar a propagación do VIH".


Con motivo deste día, o dirixente socialista quixo recordar a "os preto de 30 millóns de persoas falecidas a causa da sida en todo o mundo, así como aos seus familiares e amigos" e reclamou a todas as administracións políticas públicas contra o estigma e a discriminación que sofren as persoas seropositivas "que dificultan gravemente a prevención, o diagnóstico e tratamento desta enfermidade".

martes, 29 de noviembre de 2011

VODA DE MARCELA E ELISA



O pasado sabado reunímonos varias persoas para render homenaxe a Marcela e Elisa, dúas coruñesas que en 1901 casaron na Igrexa de San Jorge rompendo todas as regras establecidas na epoca. O matrimonio aínda consta no libro matrimonial da citada igrexa. Marcela e Elisa tiveron que escapar primeiro a Porto e logo a Bos Aires, sendo o final da historia tragico. Dentro da edicion do mini Festival Visible 2011 se esta reslizando unha exposición sobre a historia destas dúas coruñesas, unha exposición que non debeis deixar de visitar. Marcela e Elisa estan consideras as pioneiras do matrimonio homosexual no noso pais, e debemos sentirnos orgullosos lso cidadáns de Coruña da loita que realizaron estas dúas mozas.


A homenaxe a Marcela e Elisa foi moi emotivo. E despues despues da cerimonia a comitiva nupcial deu unha volta e fíxose fotos na praza de Maria pita. Logo houbo un picho nunha das terrazas de Maria Pita con torta nupcial incluída. Unha tarta que preparo para a ocasión a TiaVero.


O enlace foi obra dos grupos LGTB A.L.A.S Coruña e "7CORES" coa axuda da ONG VISIBLE e a colaboración de "tortas da TiaVero", Alunmos de Escola e Imaxe de Coruña, Pablo Rodriguez, Juan Pazos, XSG, Visible Coruña, Concello da Coruna e a UDC.


TEXTO DA HOMENAXE




ELISA SÁNCHEZ LORIGA


Nacín na Coruña ás sete da mañá do 8 de setembro de 1862. Era filla Manuel Sánchez e María Loriga, naturais ambos de Santiago de Compostela e veciños da Coruña. Bautizáronme na Igrexa de San Jorge, actuando como padriño Antonio Fenda e María Pin. Entre 1877 e 1879 formeime como mestra superior na Escola Normal da Coruña, na praza de María Pita e ese mesmo ano realizo o exame de reválida para obter o título. Cando coñecín a Marcela eu tiña 23 anos. Cando nos casamos cumprira xa 39 anos.


MARCELA GRAZA IBEAS


Fun bautizada na Igrexa de Santa Águeda, da cidade de Burgos, o día 27 de xuño de 1867. Nacín sendo filla natural de Manuel Graza e Marcela Ibeas e vivín durante dez anos no hospicio. Foi unha vida moi dura, xa que tiven que loitar a diario para sobrevivir ao fame e ás enfermidades, ademais da a falta de agarimo. Cando os meus pais casaron na Coruña en 1877 leváronme con eles e lexitimáronme. Entre 1884 e 1887 formeime como mestra superior na Escola Normal da Coruña. Cando coñecín a Elisa eu tiña 18 anos, pero cando nos casamos xa tiña 34.


NARRADOR

ELISA E MARCELA COÑÉCENSE


Elisa e Marcela coñécense en 1885 na Escola Normal, na que quizais Elisa, ao ser familiar da directora, estaba traballando en tarefas administrativas cando Marcela cursa os seus estudos como mestra. Un día Marcela, entusiasmada, chega a casa e di aos seus pais: ?¡Ai mamá! ¡Se vises que amiga máis boa teño! Estou encantada. Coñecina na Escola. É parente da directora. Non estuda, pero vai alí a traballar? Os pais de Marcela ao ver que esta relación íase facendo cada vez máis íntima decidiron enviar a Marcela a Madrid por catro meses. Cando Marcela regresou a Coruña Elisa e ela xa nunca volverían separarse?


NARRADOR

ITINERARIO DOCENTE DE AMBAS AS MULLERES


Cando Marcela regresou de Madrid Elisa era mestra interina na escola de Couso, no Ayto. de Coristanco. tomara posesión o 4 de setembro de 1888 e sería confirmada nese mesmo destino o día 31 de decembro de 1889. Ao reencontrarse de novo na Coruña Marcela decidiu solicitar a súa primeira escola, en Traba, situada tamén en Coristanco, moi preto de Couso, onde Marcela exerceu como mestra interina entre o 13 de febreiro e o 11 de xullo de 1890. Todos estes anos sempre que foi posible ambas as mulleres conviviron na máis absoluta intimidade, encargándose Elisa a miúdo ?porque tivo máis períodos de falta de traballo- de lavar a roupa no río, da cociña, de carrexar a auga e da limpeza e coidado do fogar. A convivencia das dúas mulleres ?dúas mestras- non resultaba sorprendente nin sospeitosa porque a soltería era o estado natural de moitas mestras. Con todo Marcela e Elisa decidiron casar pola igrexa. Non sabemos que foi o que as levou a facer este acto tan temerario, pero o caso é que o fixeron. Tras numerosas negociacións, coa familia, co cura e con outras persoas. Parece que a transformación de Elisa no seu ficticio primo Mario resultou crible. Non foi fácil porque houbo que convencer a moita xente e todo debía resultar moi convincente. Pero finalmente lográrono e o sacerdote Víctor Cortiella accedeu a casar á parella. A voda oficiaríase o día 8 de xuño de 1901, ás sete e media da mañá.


O acta da voda, inscrita no Libro 13 de matrimonios (1897-1911) da parroquia de San Jorge, di así:


OFICIANTE


"En 8 de xuño de 1901. Eu o Doutor Don Víctor Cortiella Somoza, Cura párroco de San Jorge da cidade da Coruña, por delegación de D. Pedro Varela Rolón Cura párroco de Santa Eulalia de Dumbría, de onde é veciña a contraente, precedida a lectura das tres canónicas moniciones e previos os demais requisitos canónicos-legais, asistín ao matrimonio que por palabras de presente e mutuos consentimentos contraeron nesta igrexa parroquial de San Jorge por unha banda: Don Mario José Sánchez Loriga, solteiro, de trinta e un anos de idade natural e veciño desta de San Jorge, fillo lexítimo de Don Manuel Sánchez e de Dona María Loriga, naturais da cidade de Santiago; e por outra Dona Marcela Graza Ibeas, tamén solteira, de trinta e catro anos de idade, natural de Santa Águeda da cidade de Burgos, filla lexítima de Don Manuel García, defunto e de Dona Marcela Ibeas, naturais o primeiro de Alcañiz, provincia de Zaragoza e a segunda de Vivar, provincia de Burgos. Recibiron as bendicións nupciais e foron testemuñas Don Miguel Hermida Casares, viúvo e Don Heliodoro Rei Mourenza, casado, veciños desta cidade. E para que conste asino."


OFICIANTE


pasaron 110 anos deste feito e hoxe día 26 de novembro de 2011 queremos volver vivir e sentir o que Marcela e Elisa sentiron. Por favor preséntense as contraentes?


ELISA


O meu nome, como todos vós sabedes é Elisa, pero aquí comparezo co falso nome de Mario. Non me quedou outro remedio que inventar este nome para poderme casar con Marcela, a persoa á que máis quero. Por ela daría a vida. Marcela é a mellor persoa do mundo e a muller que elixín para que me acompañe o resto da miña vida.


MARCELA


O meu nome é Marcela, eu non tiven que cambiarme o nome. Cambioullo Elisa porque ela daba mellor como home. Elisa é a miña vida enteira. É un ser humano marabilloso, unha muller á que me entreguei por completo desde que nos coñecemos.


ELISA


Non sabería dicir moi ben porqué decidimos casarnos e xogarnos o todo polo todo con esta voda. Pero o certo é que ambas o necesitabamos. Sentiamos que senón era desta forma non viviriamos nunca unha vida plena. Por que os demais si poden facelo e nós non?


MARCELA


Queriámonos. Sentiamos un amor sen medida a unha pola outra e non estabamos dispostas a resignarnos. Por que non intentalo? E intentámolo. Por iso estamos aquí hoxe, porque queremos volvelo a facer, unha vez máis?


SACERDOTE


Elisa Sánchez. Agora si podes casarche co teu verdadeiro nome. O Goberno español cambiou o Código Civil para que vós vos pudiéseis casar. Así é que che pregunto: Elisa Sánchez aceptas contraer matrimonio con Marcela Graza?


ELISA SÁNCHEZ


Si, quero. aceptei cada un dos cento dez anos que van desde aquela a esta voda e seguiría desexándoo outros tantos.


SACERDOTE


E ti Marcela Graza aceptas contraer matrimonio con Elisa Sánchez, antes Mario?


MARCELA GRAZA


Si, quero casarme con Elisa por segunda vez, porque o certo é que a nosa anterior voda non foi aínda anulada e o rexistro está aí (sinala a San Jorge) dentro desa Igrexa. Quero casarme outra vez con ela e esta vez ademais co seu verdadeiro nome. chegou o momento de deixar os enganos e casarnos como o que realmente somos: dúas mulleres, que teñen o mesmo dereito a amarse e a casar que un home e unha muller ou que dous homes.


OFICIANTE DA CERIMONIA


Así sexa. Que o que uniu o amor non o separe o tempo. Benditos os lexisladores, os políticos, os homes e as mulleres que caeron por fin na conta de que todos somos iguais, que todos temos o mesmo dereito á felicidade, por encima de xéneros ou de orientacións sexuais. Bendita a OMS que en 1990 deixou de considerar a homosexualidade como unha enfermidade e bendito Zapatero, que coa axuda de toda a esquerda do Congreso dos Deputados aprobou en 2005 unha lei que facía iguais, por fin, a todos os españois. E pola contra malditos os discriminadores, os reaccionarios, os oscurantistas, os oportunistas, os machistas, os ultradereitistas, os homófobos e todos aqueles que, aínda dicindo falsamente que son demócratas, votaron en contra da igualdade, malditos todos aqueles que pensan que non merecemos a terra que pisamos? quedaron atrás séculos de escurantismo nos que lesbianas, gais e transexuais eramos queimados na fogueira, torturados, golpeados, encarcerados e discriminados? quedaron atrás os tempos nos que os homosexuais tiñan prohibido casar porque non eran consideradas persoas normais nin cidadáns de pleno dereito. Eran investidos, bolboretas, maricas, tortilleras, marimachos, tolas, raros, anormais... Por fortuna todo iso comezou a cambiar. Polo menos aquí e agora. Pero nada é para sempre e os dereitos hai que loitar tanto para conseguilos, como para mantelos. Senón arrebataránnolos. Porque o que non valora o que ten está condenado a perdelo? Marcela e Elisa, espero que sexades moi ditosas e que compartades cos demais vosa felicidade. Que a vosa historia de amor continúe outros cento dez anos máis como mínimo. Oxalá que perdure para sempre na nosa memoria, como un exemplo de valentía e de loita. Só os valentes pasan á historia. Só queda memoria daqueles que se atreven a aventurarse máis aló dos límites coñecidos. Vós sodes un exemplo vivo para todos nós e para todas nós.


Podedes bicarvos (bícanse)


¡¡¡¡¡¡¡VIVAN As NOIVAS!!!!!!!