martes, 16 de febrero de 2010

Manifestación ante a embaixada de Irán en Madrid


Corren malos tempos en Irán. O presidente Mahmud Ahmadineyad está a reprimir con dureza e sen contemplación as manifestacións dos reformistas iranianos, que o acusan de fraude nas pasadas eleccións presidenciais. Esta represión é sen dúbida a imaxe clara e palpable da crecente inestabilidade do réxime dos Aiatolás. Un réxime que ademais de reprimir aos manifestantes pacíficos que loitan pola liberdade e pola democracia, reprime e trata de eliminar de xeito constante a homosexualidade no que, en tempos, fora un dos países máis modernos de Oriente Medio, con medidas tan salvaxes como a pena capital para os gais iranianos. Para denunciar a persecución e as condenas a morte a cidadáns gais iranianos como o mozo Nemat Safavi, a asociación universitaria LGBT Arcópoli organizou unha concentración ante a embaixada de Irán en Madrid. A concentración realizarase o 18 de febreiro ás 19:30 horas, ante a embaixada iraniana na capital española, situada na rúa Jerez, número 5.

No hay comentarios: