As actitudes provocadoras que emprega COLEGAS cara OS MEMBROS DA CORPORACION MUNICIPAL DE COMPOSTELA non axudan na loita pola igualdade real das persoas LGBT.
Patrocinar o único Festival de Cine LGTB que se celebra na nosa comunidade, apoiar a organización do ORGUIO LGTB GALEGO que se celebra en Santiago, coa súa manifestación, actividades e a festa na Praza da Quintana, colaborar cos colectivos CGC e BOGA de Compostela en actividades educativas en colexios e institutos. E nestes intres o Concello de Santiago está a estudar a posta en marcha do “servizo de mediación e información LGTB”, proxecto que lle foi presentado por nós, o grupo LGTB do PSdeG-PSOE.
¿Isto é non facer nada ploas persoas LGTB de Compostela?
O servizo de mediación e información LGTB, que o poría en funcionamento a Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago, atendería ás xentes LGTB, as súas familias e amigos en todo aquelo referente ó seu afectivo-sexualidade. Tamén impartiría charlas educativas en institutos e colexios da cidade. Outra das tarefas sería levar a cabo campañas de información LGTB e de loita contra a homofobia.
Ademais recordámoslles que neste Concello goberna o PSOE, partido cuxo goberno en España aprobou as leis que nos deron o dereito a contraer matrimonio e a conseguir a igualdade legal. Gostaríanos que o Señor Rafael Moral pedira nas súas multiples comparecenzas públicas que o PP retirara o recurso de inconstitucionalidade que ten presentado, unha peticion que nós realizamos sempre publicamente.
Mais vemos que Rafael Moral, o presidente de COLEGAS GALICIA, COLEGAS CASTILLA-LA MANCHA, COLEGAS CASTILLA-LEON, membro da EXECUTIVA DE COLEGAS SEVILLA, COLEGAS MALAGA e SECRETARIO DE XUVENTUDE DE COLEGAS ESPAÑA, nos nove meses que leva en Galicia non se decatou do que sucede no mundo homosexual galego.
É certo que moito non puido aprender xa que non gusta de relacionarse cos outros colectivos nin activistas galegos. ¿Que base social ten e en que se basea para presentarse como único representante dos GAIS, LESBIANAS e TRANSEXUAIS da nosa comunidade?
Aquí tamén existen colectivos como CGC e BOGA de SANTIAGO, NÓS MESMAS de VIGO, MILHOMES, MARIBOLHERAS PRECARIAS e ALAS de A CORUÑA, ALAS de LUGO, AGLET OURENSE, TRANSGALIZA, ATURUXO e O GRUPO LGTB do PSdeG-PSOE, algúns dos cales leva máis de 20 anos traballando polos dereitos e igualdade das persoas LGTB.
Queremos ademais denuciar a actitude hostil que emprega contra os Alcaldes, concelleiros e concelleiras, Presidentes das deputacións e outros cargos do PARTIDO SOCIALISTA. Facedonlles a vida imposible, esperando fora dos despachos e incluso as veces ultizando unha lenguaxe non propio como fixo coa concelleira de A Coruña, Silvia Longueira.
Ou o enfadarse co persoal do Concello de Santiago por pedirlle os estatutos do seu Colectivo para poder realizar algún proxecto. Por certo que nos gustaría coñecer o proxecto ó que se refire e para o que pide 3.000 euros. Cremos que cualquera axuda dunha institución pública ten que facerse conforme á lei e darlla a colectivos legalmente constituídos. Preguntámonos tamén se actúa do mesmo xeito cos representantes dos outros partidos políticos. Actitudes como estas non favorecen ó noso colectivo e poden entorpecer a loita pola nosa IGUALDADE e VISIBILIDADE.
Pedimos a Rafael Moral que polo ben da xente LGTB e do activismo galego modere a súa actitude e se comporte educadamente. E que se quere axudar e traballar polo noso colectivo que xunte forzas coas persoas que levamos anos traballando aquí. Nós o invitamos a traballar conxuntamente e cando queira reunirémonos con el.
FITO FERREIRO SEOANE
Coordinador do grupo LGTB do PSdeG-PSOE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario