viernes, 17 de septiembre de 2010

Carta dun home calquera en Setembro do 2010

O que está clarísimo é que a "tolerancia" só permanece mentres non nos manifestemos como somos en público, iso é evidente, por moita tele, series, etc… o de dous tíos da man pola rúa fóra do Orgullo...como que non.
Disto podo falar porque eu mesmo manteño este punto en total reserva no meu traballo cos meus clientes. Teño o tema solucionado desde hai anos en toda a familia, amigos, veciños, empresa (onde o comportamento é perfecto respecto a este tema) e compañeiros de traballo, pero aos clientes teño que caerlles ben, si ou si, ou non me compran, e vivo diso, por tanto non podo mostrar con eles este punto.
Tampouco minto pero si dou o esquinazo, como facía antes, cando era máis novo, con todo o mundo, pois agora só con eles, e ademais este punto non vai cambiar porque na relación cliente-provedor o cliente é soberano e se non me quere no seu despacho, non me quere, e punto, e isto non é denunciable, nin educable, nin nada de nada, salvo que me toque a lotería e non necesite vivir das miñas vendas.
Así que si, queda moito por facer, o máis importante é facilitar a vida dos que veñen detrás. Cada xeración loitará máis forte se a precedente fixo os seus deberes.
Saúdos.

No hay comentarios: