miércoles, 15 de septiembre de 2010

UN TOQUE DE ATENCIÓN


Ás veces, co paso do tempo pareces perder o enfoque das cousas. Levas toda a vida preocupado por certos temas que sempre che pareceron importantes pero semella que todo o mundo que che rodea ten pasado páxina e ti pregúntaste se serás ti o equivocado…
Fai un tempo que estivemos a pelexar para que no noso concello se crease un servicio de mediación LGTB, co fin de dar apoio e información á sociedade en tódolos temas referidos á problemática Homosexual, transexual e bisexual. Despóis de moito tempo conseguímolo e non tardarmos en escoitar críticas de que era un servicio innecesario e que era un derroche de diñeiro público…
Onte chegou ó servicio de mediación un rapaz a contar que el e maila súa parella foran agredidos o sábado pasado nos xardíns de Méndez Núñez da nosa cidade. Foron obxeto dunha clara agresión homófoba por parte dun grupo duns dez rapaces adolescentes… parece que os simple feito de que esta parella mostrara sin pudor a súa orientación sexual dándose algún bico, do mesmo xeito que o facían centos de parellas que os rodeaban fixo que máis tarde ese grupiño de valientes centraran as súas frustracións en eles deixando a un con varias contusións e o outro con varias fracturas en brazos e nariz.
Todo esto que estóuvos a relatar xa é suficientemente grave, pero case que o peor de todo aconteceu despóis cando chegaron varias patrullas da policía nacional e logo de calificar o feito de agresión xenófoba, o cal denota o grado de descoñecemento do tema, negáronse a entrar na zona dos xardíns a intentar localizar os agresores… para rematar a faena, nin sequera, acercaron ós agredidos ó centro de urxencias da casa do mar.
No servicio de urxencias, atendéronos das feridas recibidas e no parte de accidente reflexaron que foran obxeto dunha agresión de violencia de xénero, outra mostra clara de descoñecemento…
Pois ben, todas estas cousas fan que poñamos outra vez os pes na terra e que reafirmemos que estabamos acertados, que o servicio de mediación LGTB era necesario, que queda moito por facer, que está claro que estes dos rapaces tiveron un sitio onde se sentiron escoitados e axudados e que só eso xa xustifica a existencia de dito servicio.
Queda claro tamén, que as tarefas de educación do debandito servicio vai realizar son necesarias, moi necesarias. Está claro que son necesarias esas charlas nos institutos, hai que chegar a eses rapaces, teñen que coñecer a nosa realidade porque canto máis nos coñezan, menos nos odiarán.
Hai que chegar tamén a todos estes colectivos de Policía, sanitarios… e facerlles entender a nosa realidade, os nosos problemas; explicarlles o que é a homofobia, e decirlles que entre dous homes ou entre dúas mulleres non pode haber violencia de xénero.
Queda moito por facer, queda todavía moitos prexuizos no máis fondo da nosa sociedade pero non podemos permitir que xente de quince anos teña todo ese odio metido no seu interior porque eles son o noso futuro e entre todos e todas temos que escribir algo novo, non reeditar o que xa tivemos todos no noso pasado.
Consigamos entre todos unha sociedade na que esta agresión non sexa posible, unha sociedade na que miles de rapaces non miren cara outro lado cando dez indesexables agreden a unha parella só por ter unha orientación sexual distinta. Podemos conseguilo.

No hay comentarios: