lunes, 5 de septiembre de 2011
NOTA DO GRUPO LGTB DOS SOCIALSITAS GALEGOS NO DÍA DA VISIVILIDADE RURAL GALEGA.
É o terceiro anos que celebramos este xantar de revindicacion da realidade lesbiana, gai, transexual e bisexual no mundo rural, nas aldeas e Vilas de Galicia. Monterroso en Lugo o primeiro ano, Castrelo de Miño o pasado ano en Ourense, e o próximo ano trasladarémonos a algunha vila de Pontevedra.
Non é fácil vivir nun pobo pequeno sendo gai, lesbiana, transexual ou bisexual.
Sabemos que a homofobia esta a a orde do día, ese medo ao descoñecido. Por iso estamos aquí, para que as xentes do pobo véxanos, saiban quen somos e aos poucos ir normalizando a nosa realidade.
É un traballo que hai que ir facendo lentamente pero que irá dando o seu froito.
Aínda que é certo que hai xente moi valente que non lle importa vivir a súa vida sen ningún problema.
E aquí as mozas gáñannos. Coñecemos Mozas que viven nas súas explotacións agrícolas. Mozas que todos os días sacan esa forza para vivir nunha contorna que non lles é fácil. Elas tamén fan activismo.
Penso que é hora que deamos un paso máis contra a homofobia, que saquemos forzas e cada vez que nos insultan ou nos agreden moral ou fisicamente denunciémolo. Se nós que estamos fóra do armario e que temos o apoio dos nosos amigos e familia, non o facemos. Como llo imos a pedir que o faga unha moza ou un mozo que está empezando a vivir a súa afectivo-sexualidade ou que vive nunha parroquia de Cerceda. Debemos de loitar contra esa enfermidade que se chama Homofobia.
Como fixo o noso compañeiro José Manuel Montero, o noso coordinador en Ourense, que tivo a valentía de denunciar uns insultos que se saldo coa condena do homofobo e unha multa de de 200 euros.
Por iso o Grupo LGTB "7 CORES" e os Socialistas de Galicia imos presentar varias iniciativas nos próximos meses para loitar contra a homofobia.
Presentaremos no parlamento Galego a lei Galega de Visibilidade LGTB que estivemos elaborando coa axuda da nosa compañeira no parlamento Galego Silvia Fraga e o noso compañeiro J. M. Villaverde. Unha lei que tratase de forma transversal o problema LGTB nos ámbitos da educación, a sanidade, a xustiza, o laboral, o social, o tempo libre, a cultura? O borrador desta lei xa foi presentada pola nosa secretaria de movementos sociais Laura Seara aos colectivos LGTB da nosa comunidade para que fagan as súas achegas.
E tamén presentaremos unha campaña para educar e axudar a denunciar todos aqueles feitos homofobos que suframos. Cremos que non pode quedar en terra de ninguén todas esas agresións constantes sobre as xentes LGTB. Ademais temos o problema de que como non se denuncian estas agresións, por pequenas que sexan, non existen datos estatísticos para poder afrontar o problema dunha forma máis real. Neste proxecto estamos traballando xunto a Javier Graña e Miguel Núñez.
E para acabar dicirvos que parece ser que hai nuboeiros que ameazan os nosos dereitos. O partido do señor Rajoy segue mantendo o recurso contra o matrimonio homosexual no tribunal constitucional.
Din que queren converter aos matrimonios homosexuais en unións civís. Din, porque todo o seu programa electoral está nunha axenda oculta, que non ten narices a ensinarnos. Pero debemos traballar e soprar todas e todos xuntos para que eses nuboeiros descarguen a súa tormenta en metade do atlántico e non sobre nós. Por iso pídovos que traballemos xuntos para que non se produza esta perda de dereitos, desde aquí o partido socialista ou desde calquera dos colectivos das nosas cidades.
Pero como polo momento temos dereitos imos gozalos como nós sabemos, xuntando reivindicación e alegría. Así que aquí estamos nós para pasar unha tarde divertida, coa axuda da Cona Ye-Ye e de Humberto Longueira Rianxeira, a Drag rural Galega.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario