martes, 11 de octubre de 2011

Manifiesto de la Alianza para la Defensa del Sistema Público de Servizos Sociales.





Vénse de presentar o Manifesto da Alianza para a Defensa do Sistema Público de Servizos Sociais, unha Alianza cuxo obxectivo é elaborar un discurso conxunto para a consolidación do Sistema Público de Servizos Sociais como cuarto piar do Estado do Benestar, porque, tal e como se indica no Manifesto, a atención ás necesidades realizada polos Servizos Sociais reduce sempre as desigualdades e a exclusión, favorece unha actividade económica, crea postos de traballo e, sobre todo, contribúe á cohesión social.
Estiven na presentación do Manifesto e deille o meu apoio, porque sempre crin no fortalecemento do Estado de Benestar, e máis aínda desde que no ano 2006 se aprobou a Lei de Dependencia. O compromiso do Goberno Zapatero coas políticas sociais sempre foi claro e traballou non só para reforzar os servizos sociais básicos, senón, ademais, para atender as novas necesidades de protección e cohesión social provocadas pola propia crise.
No Manifesto reclámase a presenza de todos os actores sociais, porque é fundamental apoiar o Terceiro Sector, xa que non só é xerador de emprego senón que xoga un papel fundamental e determinante na loita contra a exclusión e, por suposto, ten un importante papel no desenvolvemento e consolidación do Estado do Benestar. Convídote a entrar se queres: Súmate ao Manifesto!

http://www.cgtrabajosocial.es/alianza/

No hay comentarios: