miércoles, 7 de septiembre de 2011

Lage Tuñas advirte que o 20-N están "en xogo" dereitos sociais e critica a política "retrógrada" do PP




Acusa a Núñez Feijóo de "apoiar co seu silencio" o recurso do PP contra a lei de matrimonio homosexual

O voceiro da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, alertou de que nas próximas eleccións do 20-N "están en xogo as conquistas dos últimos anos no terreo dos dereitos e liberdades dos cidadáns" e censurou as medidas sociais "retrógradas" do PP no ámbito social.

Así o asegurou este sábado no III Xantar pola visibilidade Rural LGTB, celebrado no municipio coruñés de Cerceda polo Grupo de Gays, Lesbianas, transexuais e Bisexuais (LGTB) do PSdeG, no que proclamou que "o modelo de sociedade que defende o PP priva de dereitos ás persoas en función da súa orientación sexual".

Neste sentido, criticou a actitude do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ante esta situación, ao que acusou de "apoiar co seu silencio" o recurso do PP ante o Tribunal Constitucional contra a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo e a adopción conxunta, aprobada polo Goberno central en xuño de 2005.

Así mesmo, aludiu á lei de familia aprobada polo PP galego á que tachou de "retrógrada e involucionista", e sinalou que o conselo Económico e Social tivo que reprobala "por negar a realidade social e polo seu carácter regresivo e patriarcal, intentando recortar dereitos á muller".

AMPLIACIÓN DE DEREITOS

No lado contrario, destacou que "nos últimos oito anos en España se avanzou de forma importante na ampliación e recoñecemento de dereitos, sempre da man do Partido Socialista". A este respecto, recordou que a lei de matrimonio homosexual permitiu que máis de 20.000 parellas en España exerceran este dereito" dende 2005.

Por outra banda, Lage Tuñas mostrou o seu apoio ao grupo LGTB do PSdeG "polo grande traballo que realizan para que as leis e o traballo institucional teña reflexo real na sociedade", conseguindo así "superar vellos fantasmas e a rancia homofobia aínda existente en diferentes ámbitos sociais".

Na súa intervención, o deputado socialista tamén mencionou a materia de Educación para a Cidadanía, a Lei de identidade sexual ou a creación de Unidades e Servizos de Referencia para o cambio de sexo, como avais dos progresos en materia social que tiveron lugar baixo o auspicio do Goberno socialista.

Con este acto, o grupo LGTB dos socialistas de Galicia mostrou por terceiro ano o seu apoio a lesbianas, gay, transexuais e bisexuais que viven os núcleos rurais da Comunidade, en especial a aqueles que sofren de acoso pola súa condición sexual.

lunes, 5 de septiembre de 2011

NOTA DO GRUPO LGTB DOS SOCIALSITAS GALEGOS NO DÍA DA VISIVILIDADE RURAL GALEGA.




É o terceiro anos que celebramos este xantar de revindicacion da realidade lesbiana, gai, transexual e bisexual no mundo rural, nas aldeas e Vilas de Galicia. Monterroso en Lugo o primeiro ano, Castrelo de Miño o pasado ano en Ourense, e o próximo ano trasladarémonos a algunha vila de Pontevedra.

Non é fácil vivir nun pobo pequeno sendo gai, lesbiana, transexual ou bisexual.
Sabemos que a homofobia esta a a orde do día, ese medo ao descoñecido. Por iso estamos aquí, para que as xentes do pobo véxanos, saiban quen somos e aos poucos ir normalizando a nosa realidade.
É un traballo que hai que ir facendo lentamente pero que irá dando o seu froito.
Aínda que é certo que hai xente moi valente que non lle importa vivir a súa vida sen ningún problema.
E aquí as mozas gáñannos. Coñecemos Mozas que viven nas súas explotacións agrícolas. Mozas que todos os días sacan esa forza para vivir nunha contorna que non lles é fácil. Elas tamén fan activismo.

Penso que é hora que deamos un paso máis contra a homofobia, que saquemos forzas e cada vez que nos insultan ou nos agreden moral ou fisicamente denunciémolo. Se nós que estamos fóra do armario e que temos o apoio dos nosos amigos e familia, non o facemos. Como llo imos a pedir que o faga unha moza ou un mozo que está empezando a vivir a súa afectivo-sexualidade ou que vive nunha parroquia de Cerceda. Debemos de loitar contra esa enfermidade que se chama Homofobia.
Como fixo o noso compañeiro José Manuel Montero, o noso coordinador en Ourense, que tivo a valentía de denunciar uns insultos que se saldo coa condena do homofobo e unha multa de de 200 euros.

Por iso o Grupo LGTB "7 CORES" e os Socialistas de Galicia imos presentar varias iniciativas nos próximos meses para loitar contra a homofobia.

Presentaremos no parlamento Galego a lei Galega de Visibilidade LGTB que estivemos elaborando coa axuda da nosa compañeira no parlamento Galego Silvia Fraga e o noso compañeiro J. M. Villaverde. Unha lei que tratase de forma transversal o problema LGTB nos ámbitos da educación, a sanidade, a xustiza, o laboral, o social, o tempo libre, a cultura? O borrador desta lei xa foi presentada pola nosa secretaria de movementos sociais Laura Seara aos colectivos LGTB da nosa comunidade para que fagan as súas achegas.

E tamén presentaremos unha campaña para educar e axudar a denunciar todos aqueles feitos homofobos que suframos. Cremos que non pode quedar en terra de ninguén todas esas agresións constantes sobre as xentes LGTB. Ademais temos o problema de que como non se denuncian estas agresións, por pequenas que sexan, non existen datos estatísticos para poder afrontar o problema dunha forma máis real. Neste proxecto estamos traballando xunto a Javier Graña e Miguel Núñez.

E para acabar dicirvos que parece ser que hai nuboeiros que ameazan os nosos dereitos. O partido do señor Rajoy segue mantendo o recurso contra o matrimonio homosexual no tribunal constitucional.
Din que queren converter aos matrimonios homosexuais en unións civís. Din, porque todo o seu programa electoral está nunha axenda oculta, que non ten narices a ensinarnos. Pero debemos traballar e soprar todas e todos xuntos para que eses nuboeiros descarguen a súa tormenta en metade do atlántico e non sobre nós. Por iso pídovos que traballemos xuntos para que non se produza esta perda de dereitos, desde aquí o partido socialista ou desde calquera dos colectivos das nosas cidades.

Pero como polo momento temos dereitos imos gozalos como nós sabemos, xuntando reivindicación e alegría. Así que aquí estamos nós para pasar unha tarde divertida, coa axuda da Cona Ye-Ye e de Humberto Longueira Rianxeira, a Drag rural Galega.

FESTA E REIVINCACIÓN EN CERCEDA NO III XANTAR POLA VISIBILIDAD LGTB NO RURAL














Este sabado celebramos o III Xantar pola Visibilidda Rural no concello de Cerceda.
Contamos coa presenza de Laura Seara, J.M Lage, Silvia Fraga, a TT de Alcalde e varias concelleiras do concello de Cerceda. E por suposto con todas e todos vos.

Foi unha xornada festiva pero á vez reividicativa, Fito Ferreiro Coordenador do Grupo LGTB dos Socialistas Galegos nos recordo que "Non é fácil vivir nun pobo pequeno sendo gai, lesbiana, transexual ou bisexual. Sabemos que a homofobia esta a a orde do día, ese medo ao descoñecido. Por iso estamos aquí, para que as xentes do pobo véxanos, saiban quen somos e aos poucos ir normalizando a nosa realidade.
É un traballo que hai que ir facendo lentamente pero que irá dando o seu froito."

Silvia Fraga fálonos da lei de Visibilidade Galega "Unha lei que tratará de forma transversal o problema LGTB nos ámbitos da educación, a sanidade, a xustiza, o laboral, o social, o tempo libre, a cultura..."

J. M. Lage advirtio de que o 20-N estan en xogo dereitos sociais e critico a politica retrógoda do PP. Acuso a Nuñez Feeijo de "apoiar co seu silencio" o recurso do PP contra a lei de Matrimonio homosexual.

Por motivos de axenda da nosa compañeira Laura Seara, secretaria de Estado de Igualdade, chego á comida. Nas sobremesas nos comento que "A lei de Igualdade de trato non quedase alvidada pola o adianto electoral. E que sera unha das prioridades dos socialilstas na proximas lexislatura".

A xornada termino coa Actuacion do trabsformista Humberto Longueira Rianxeira e a Banda de Ordes A Cona Ye-Ye. Recomendámosvos que non vos perdais a actuacións da "Cona Ye-Ye" nin do transformista Galego "Humberto Riaxenira". Fenomenais e grazas pola vosa dedicacion.


Ao final debido ao mal tempo non puidemos ir ao Aquapark. Pero habemos decidio que faremos unha visita ao parque acuatico en canto volva a brir as súas portas.

Grazas aos compañeiros do partido por todo o apoio prestado para que esta xornada saíse ben

martes, 30 de agosto de 2011

III XANTAS, COMO CHEGAR.

Entrades en Cerceda pola vía principal, Avda da Coruña, ide recto, ó pasar a gasolinera xirades a esquerda no primeiro cruce, a uns metros hai unha rotonda na que tamén seguides recto, continúade durante uns 4 ou 5 kms e xa estamos!!

Habera uns globos nas arbores da estrada donde esta a area recreativa de Portobrea, na parroquia de Queixa.

Para ir desde A Coruña o mellor e ir pola Zapateira, donde colleremos o tramo de 3ª ronda ata Ledoño y ali a estrada que vai a Cerceda e Mesón do Vento. Nos leva uns 20minutos.

lunes, 29 de agosto de 2011

ESTE SABADO 3, VÉMONOS NO III XANTAR POLA VISIBILIDAD LGTB NO RURAL





















Aqui podedes ver as fotos onde sera o III XANTAR POLA VISIBILIDAD LGTB NO RURAL, como vedes é un sitio moi bonito, con rio, mesas, sombras e baños. Un sitio onde imos a pasar un dia xenial.

Xa temos pechadas as actividades, pedímosvos puntualidade para que ás 17:30 poidamos ir refrescarnos e divertirnos todas e todos o aquapark.

O sitio é o area recreativa de Portobrea na parroquia de Queixas. Proximamente darémosvos mais detalles de como chegar.

A partir das 13:00 horas verémonos alí, traervos a comida, bebida, mantel, servilletas, xogos, balóns...

A Axenda sera a siguiente,

13:00 Chegada o Area Recreativa de Portobrea, parroquia de Queixas (Cerceda)

13:30 Xantar

15:30 Actuacións e Xogos.

Humberto Longueira Rianxeira e A Cona Ye-Ye

17:30 as 20:00 Aquapark.

Asi que traede bañador e toalla para disfrutar do Aquapark.

Mais información sobre as actuacións,

http://www.facebook.com/event.php?eid=192431080821549#!/humberrianxeirafanclub

http://www.facebook.com/pages/A-Cona-Ye-y%C3%A9/177797905566565?sk=wall

lunes, 15 de agosto de 2011

III XANTAR POLA VISIBILIDADE RURAL LGTB EN CERCEDA (A CORUÑA)


O GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS DE GALICIA CELEBRA O III XANTAR POLA VISIBILIDADE RURAL LGTB EN CERCEDA (A CORUÑA)

O grupo de Gais, lesbianas, transexuais e bisexuais do PSdeG-PSOE celebra o "III XANTAR RURAL POLA VISIBILIDADE RURAL LGTB".

Este ano celebraremos o xantar o 3 de setembro no concello de Cerceda, na área recreativa de Portobrea, na parroquia de Queixas. Proximamente darémosvos máis detalles de como chegar.

Con este acto o grupo LGTB do Partido dos Socialistas de Galicia queremos dar o noso apoio e cariño a todas esas mulleres lesbianas, homes gais e transexuais que viven o seu día a día nas nosas aldeas e vilas. Queremos así revindicar a loita diaria que fan todas as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais que viven no noso rural. En especial as persoas que son acosadas pola homofobia, como é o caso do noso compañeiro Jose Manuel de Ourense.

Este é un acto dos Socialistas de Galicia, polo que animamos a todas e todos @s militantes e simpatizantes, e tamén as amigas e amigos a que se animen a pasar este día connosco. É importante que na loita pola nosa igualdade sintamos o apoio de toda a sociedade.

Temos que unirnos todos e berrar forte contra a intolerancia.

Xa temos pechadas as actividades, pedímosvos que sexades moi puntuais para que ás 17:30 poidamos ir refrescarnos todas e todos ao Aquapark.

A partir das 13:00 horas verémonos alí. Traede comida, bebida, mantel, servilletas, xogos, balóns...

A axenda será a siguiente:

13:00 Chegada á área recreativa de Portobrea, parroquia de Queixas (Cerceda)
13:30 Xantar
15:30 Actuacións e xogos. Humberto Longueira Rianxeira e A Cona Ye-Ye
De 17:30 a 20:00 Aquapark.

Así que traede bañador e toalla para poderdes gozar do Aquapark.

Máis información sobre as actuacións e o Xantar:
http://www.facebook.com/fitoferreiro#!/event.php?eid=192431080821549

http://www.facebook.com/event.php?eid=192431080821549#!/humberrianxeirafanclub

http://www.facebook.com/pages/A-Cona-Ye-y%C3%A9/177797905566565?sk=wall

viernes, 12 de agosto de 2011

O GRUPO DE LGTB DO PSdeG “7 CORES” CONSIDERA UN PASO ADIANTE, NA LOITA CONTRA A HOMOFOBIA A SENTENZA QUE CONDENA A UNHA PERSOA POR HOMOFOBIA.

O GRUPO DE LGTB DO PSdeG “7 CORES” CONSIDERA UN PASO
ADIANTE, NA LOITA CONTRA A HOMOFOBIA A SENTENZA QUE
CONDENA A UNHA PERSOA POR PROFERIR INSULTOS HOMÓFOBOS




Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2011. O coordinador do grupo
LGTB do PSdeG, Fito Ferreiro amosou a súa satisfacción tras coñecer a
sentencia que condena a unha persoa por proferir insultos homófobos. “Esta
sentenza é un paso adiante na loita contra a homofobia”, aseverou.

Os feitos denunciados no seu día aconteceron o pasado sábado 6 de agosto,
cando o coordinador do “7 CORES” en Ourense, José Manuel Montero, foi
insultado mentres paseaba por diante dunha terraza na cidade das Burgas.
José Manuel denunciou os feitos e no xuízo rápido que se celebrou ós poucos
días, o acusado foi declarado culpable por inxurias homófobas e condenado ao
pago dunha multa de 200 euros.

O grupo LGTB do PSdeG, “7 Cores”, amósase satisfeito por esta condena,
aínda que dende o colectivo consideran que este acto non é un feito illado xa
que o seu compañeiro de Ourense, dende fai dous anos está a sufrir un acoso
continuo sobre a súa persoa. Por tal motivo dende “7 Cores” pensan que o
máis axeitado sería que o Fiscal decidise dar inicio a unha investigación sobre
esta situación.

Tanto dende o grupo LGTB, como dende o propio PSdeG dáselle un total apoio
a este compañeiro de Ourense, ó tempo que se lle esixe á xustiza que actúe
de forma contundente nos casos de homofobia, Do mesmo xeito, felicitaron a
José Manuel Montero e a súa familia pola forza que tivo para denunciar ante
axustiza os feitos acontecidos.

Dende grupo LGTB do PSdeG insisten na necesidade de denunciar estes
casos como a única forma para acabar cos casos de homofobia.

O PSdeG-PSOE congratúlase de ser o partido que promove a “Lei de
Igualdade de Trato”, unha lei que promoverá a loita contra as discriminacións,
como a homofobia e que actuará preventivamente para que estas non
sucedan.