viernes, 16 de abril de 2010

HOXE E UN DIA DE FESTA

E non porque comece a fin de semana, senóno porque toca celebrar. Un motivo de celebración, ese é ao fin e ao cabo o que temos hoxe entre mans, entre pernas, entre cabezas… Inagúrase un servicio que non pode máis que facernos felices contar con el como forma de visibilizar, deixando a parte o resto, os posibles casos que se poidan dar, as posibles formas de tratalo, o importante, o Servizo Municipal de Información LGTB inagúrase hoxe no Concello da Coruña.

Para tod@s @s que temos deixado sangue, suor e lágrimas nos colectivos, este é un referente á hora de auna resforzos, sumar apoios e críticas, e, por encima de todo, un foro de acordos común no que prestar un servicio á comunidade, non só LGTB, senón ao resto das persoas que queiran achegarse ás realidades invisibles por antonomasia do século pasado.

O servicio inagúrase hoxe, ás 19 horas no seu local (Millán Astray, baixo, 9) E comeza a súa andadura en activo a partir da semana que ven, contamos co voso apoio, a vosa colaboración e, sobre todo, a vosa participación como parte esencial de todo esto, a vosa axuda para pulir e matizar calquera aspecto que poida ser susceptible de ser corrixido.

E quen o desexe, vémonos hoxe ás 19 horas no local para falar un rato, coñecernos, e empezar a traballar xunt@s.

Felicitémonos, este é un logro común!

Nelson G. Rodríguez Avilez

No hay comentarios: