sábado, 24 de abril de 2010
VALENTES E VISIBLES
Máis de 300 mulleres participaron no I Encuentro Nacional de Mujeres,
Lesbianas, Transexuales y Bisexuales Progresistas que se celebrou en
Torremolinos (Málaga), organizado pola Secretaría de Movementos
Sociais do PSOE, canda o PSOE-Andalucía.
300 mulleres valentes, mulleres que loitan contra unha dobre discriminación:
seren mulleres e seren lesbianas ou transexuais ou bisexuais, e é por isto que
traballan, por facérense visibles ante a sociedade, unha sociedade onde
temos que coller todos e TODAS, sen importar a orientación sexual de
cada cal. Neste encontro abordáronse moitas cuestións: a
integración sociolaboral das persoas transexuais, o proceso
transexualizador no sistema público de saúde, políticas
antidiscriminatorias e, sobre todo, de educación, que é a mellor maneira
de avanzar para conseguirmos unha cidadanía plural, diversa e igualitaria
baseada no respecto e a liberdade.
Desde Andalucía deuse un pulo enorme á construción desa
sociedade plural e diversa. Andalucía é valente como o está a ser
España co Goberno Zapatero. España é un referente de igualdade en
todo o mundo; é o primeiro país do mundo que conseguiu recoñecer a
dignidade de mulleres e homes, homosexuais, transexuais e bisexuais, e
iso di moito da nosa cidadanía. E non fica aquí o compromiso do
Goberno español con toda a cidadanía, e por iso imos ser o primeiro
país da Unión Europea que teña unha Lei de Igualdade de Trato e contra
a Discriminación, unha lei que pretende, nin máis nin menos, garantir
a igualdade de trato, de consideración e de oportunidades para todas as
mulleres e homes que viven en España, e desenvolverá todos os mecanismos
necesarios e suficientes para combater calquera tipo de discriminación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario