miércoles, 14 de abril de 2010

Pedro Zerolo: “Debemos seguir traballando pola igualdade do Pobo Xitano”

8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano



Salienta o II Cumio Europeo do Pobo Xitano, que comeza mañá en Córdoba, como unha oportunidade para potenciar as políticas de inclusión.

O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, subliñou, con motivo da celebración mañá do Día Internacional do Pobo Xitano, “o compromiso do Partido Socialista de seguir traballando pola igualdade de trato e de consideración de todas as xitanas e xitanos”.

O dirixente socialista destacou a “inminente” aprobación polo Goberno de Zapatero do Plan de Acción para o Desenvolvemento da Poboación Xitana 2010-2012, “que inclúe medidas no eido educativo, así como no acceso á vivenda e ao emprego”. Zerolo sinalou que os socialistas “estamos comprometidos en combater calquera tipo de discriminación porque só así lograremos a inclusión social efectiva desta poboación”.

Segundo explicou o responsable socialista de Movementos Sociais, a celebración mañá do II Cumio Europeo do Pobo Xitano, no marco da Presidencia Española da UE, “servirá, entre outras cousas, para debater e tratar de potenciar as políticas de inclusión postas en marcha polos diferentes Estados membros, e coñecer as demandas e necesidades desta poboación, a través das organizacións xitanas de toda Europa que estarán presentes”. Calcúlase que en Europa forman parte da etnia xitana entre 10 e 12 millóns de persoas, “o que pon de manifesto que é a minoría étnica máis importante do Continente”, ha explicado.

“Non podemos entender unha parte da historia de España e de Europa sen recoñecer e pór en valor a achega realizada polo Pobo Xitano”, salientou o dirixente socialista, quien invitou a toda a cidadanía a sumarse á celebración do Día Internacional del Pobo Xitano.

No hay comentarios: