sábado, 17 de abril de 2010
Xa temos Servizo de medicación e información homosexual e transexual do concello da Coruña
O Concello inaugurou onte a primeira oficina municipal dedicada en exclusiva a atender á poboación homosexual e transexual da cidade. A Coruña adopta así unha decisión pioneira no que se refire aos servizos que presta aos seus cidadáns.
As oficinas que foron inaguradas polo alcalde da cidade, Javier Losada, e a concelleira de Servizos sociais, Silvia Longueria encóntranse na praza de Millán Astray, fronte ao Cuartel de Atocha. Tamén asistio ao acto a concelleira de transportes Yoya Neira, así como membros dos colectivos de homosexuais e transexuais "A.L.A.S" Coruña, MILHOMES e "7 CORES".
O alcalde, Javier Losada, colocou esta nova oficina dentro do compromiso adoptado polo Goberno local de dotar de "visibilidade" a todos os colectivos representados na cidadanía coruñesa. Ademáis esta oficina axudara a traballar contra a homofobia e pola igualdade real das persoas homosexuais e transexuais.
O mediador informará a todo aquel que decida achegarse ata esta oficina sobre orientación sexual ou posibles actos de acoso. Estes servizos prestaranse os martes e os xoves entre as 17 e as 20.30, aínda que Nelson Rodríguez, o encargado desta oficina, tamén atenderá as peticións de todas aquelas asociacións ou particulares interesados en solicitar información no teléfono 881 872 740. Tamén podedes obter máis informacion na web do concello o no 010.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario