viernes, 26 de noviembre de 2010

DEREITOS DO S XXI, REALIDADES DO S XIX



Baixo este título debatemos durante dous días nunhas xornadas na Universidade de A Coruña organizadas por IESGA e o grupo LGTB do PSdeG-PSOE “7 CORES”.

Estamos contentos de ter organizado estas primeiras xornadas na universidade e de que ademais lles deran ós asistentes un crédito de libre configuración. Estamos contentos tamén coa participación, con 45 matriculados e cunha asistencia media de 35 persoas. Pero segue existindo algo de medo á asistencia a actos homosexuais e transexuais, tal vez por medo a ser tachado de gai, lesbiana, transexual ou bisexual. Cando asistimos a manifestacións a favor do pobo Saharaui non temos medo a ser tachados de Saharauis ou incluso ata gustaríanos que o fixeran.

Foron unhas xornadas moi intensas onde tratamos moitos temas moi interesantes. Silvia Longueira, concelleira de Servizos Sociais, abriu as xornadas cunha magnifica charla do porqué do “Servizo Municipal de Mediación e Información LGTB”, así como o modo da posta en marcha, tentando darlle uns alicerces fortes para que vaia crecendo pouco a pouco e que así non sexa fácil de podar. Comentounos tamén que a xente do PP presentaron unha pregunta ante o Valedor do Pobo sobre os custes do Festival Coruña Visible. Con todos os festivais de arte, teatro e cine que existen nos nosos concellos e so lles interesa o único que existe na nosa comunidade sobre a cultura das persoas LGTB.

Nelson falounos do día a día do Servizo de Mediación, das campañas que está preparando, as charlas en institutos, a atención ás persoas LGTB, os seus amigos e familiares. Lucia e Eli comentáronnos cal é a situación das mulleres lesbianas en Galicia, dos activistas da nosa comunidade que están a dar todo o seu traballo pola visibilidade e igualdade real da muller lesbiana. Coa charla de Cristal e Anderson chegou unha das partes máis emotivas das xornadas. Contáronnos as súas experiencias, o difícil que é ser transexual, muller e emigrante. E as poucas ou nulas oportunidades de traballo que teñen. Carlos, do Comité Anti-SIDA de Ferrol - Lazos, alertounos do repunte que esta existindo nos casos de VIH-SIDA. E lembrounos cales son as prácticas de risco, que non colectivos puntualizou.

Logo viu outro dos momentos emotivos da xornada, coa charla donde dous  contándonos que o denunciar publicamente a agresión que sufriron supuxo unha saída total de armario, que non se daban conta desa saída cando falaban en publico e que a posteriori supúxolles algún problema.

Tras ver o documental “ORGULLO”, os colectivos MILHOMES, A.L.A.S. Coruña, A.L.A.S Lugo, ATURUXO, NOS MEMAS, LAZOS, 7 CORES e IEGAS debatemos do difícil que segue sendo saír do armario no século XXI e que as veces tócache perder polo camiño algún amigo ou familiar. Pero que un non vive a súa vida real ata que está fóra, e que saír do armario supón dar seguridade e tranquilidade á nosa vida, inda que creamos o contrario. É certo que cada un debe ter os seus tempos e non é nada fácil, pero ó final soe ser unha mellora da calidade de vida.

Ó día seguinte Silvia Fraga, portavoz de igualdade e xuventude do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, repasounos as leis que fan referencia ó feito gai e que falan da igualdade, discriminación,... Dende a carta dos Dereitos Humanos da ONU, as directivas Europeas, a Lei de Matrimonio, a de Educación e a próxima de “Igualdade de Trato”, ou o plan transversal para a non discriminación e a visibilidade das persoas LGTB de Galicia.

No debate posterior falouse das declaracións do líder do PP Mariano Rajoy, nas que aseguraba que ía derrogar a Lei de Matrimonio Homosexual, independentemente do que diga o Tribunal Constitucional. Tanto Silvia Fraga como Toni Poveda, presidente da FELGTB, aseguraron que é posible que derrogue a lei, xa que inda que creamos que é un dereito, é un dereito que se apoia nunha lei orgánica. E estas son ditadas polo goberno de turno, e xuridicamente non temos nada que facer. Mías difícil sería derrogar os matrimonios xa existentes, inda que non imposible. Toni Poveda recordou que na Historia da Humanidade xa se derrogaron matrimonios: Hitler, Stalin e Franco. Sería curioso que se unise a este trío Mariano Rajoy, inda que non nos estrañaría.

Despois de ver o documental “ESPAÑA DESTINO GAY”, o Presidente da Federación Española de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais falou da historia da Federación, do papel que xogou no recoñecemento dos nosos dereitos, tanto na Lei do Matrimonio, como a de reasignación de sexo ou como en Educación para a cidadanía. Animounos a seguir traballando e que inda que exista a crenza de que esta todo conseguido, inda temos moito camiño que realizar ata a consecución da igualdade real. Recordou que a FELGTB é a única federación que funciona como tal no ámbito do territorio nacional e que está formada por colectivos de todas as comunidades, grupos independentes, cada un coa súa propia liña de acción e política. Pero que se xuntaron para traballar en proxectos comúns e facer máis forte o movemento LGTB. Toni considera á FLEGTB como unha asociación política, xa que calquera que estea no público ten unha labor política inda que non partidista.

Dende o grupo LGTB queremos dar as grazas a todas e todos os que traballaron para que estas xornadas chegaran a bo termo e esperámosvos nunha seguinte edición.

No hay comentarios: