Esta claro que ó PP non lle gusta a igualdade. Parece que Rajoy só traballa contra os dereitos sociais e civís. Así, quitouse a careta e deixa claro que se goberna derrogará, entre outras, a Lei de matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Agora ben, o que máis sorprende é que alguén que pretende gobernar este país diga que non respectará o que diga o Tribunal Constitucional ó respecto, cando se pronuncie sobre o recurso presentado polo PP contra a citada Lei. Unha Lei que non só recoñeceu a dignidade das mulleres e dos homes homosexuais, senón que naceu co apoio dunha maioría social, política e parlamentaria e coa soa oposición do PP, un partido que cada vez se asemella máis ó Tea Party.
España converteuse, co goberno Zapatero, nun referente para Europa e para o mundo enteiro de igualdade, lle guste ou non ó PP, un partido que rexeitou sistematicamente as políticas sociais e a ampliación de dereitos. Claro está, pois, que o Estado Social e de Dereito, o Estado do Benestar, polo que traballa a inmensa maioría da cidadanía é ben distinto do que pretende o Partido Popular. Díxeno noutras ocasións, logramos grandes conquistas en dereitos civís e sociais e, agora, toca defendelas, porque o PP converteuse nun perigo para a igualdade. Nin un paso atrás.
viernes, 5 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario