viernes, 5 de noviembre de 2010

O GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE É RECIBIDO POLA ALCALDESA DE VILAGARCÍA, DOLORES GARCÍA, E A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL.

O GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE É RECIBIDO POLA ALCALDESA DE VILAGARCÍA, DOLORES GARCÍA, E A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL. TAMÉN MANTIVERON UNHA XUNTANZA DE TRABALLO COS COMPAÑEIROS DA EXECUTIVA LOCAL.

O Grupo LGTB do PSdeG-PSOE e a Concellería da Muller traballarán conxuntamente na loita contra a homofobia





A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, e a concelleira da Muller, Victoria Hierro; recibiron ó Grupo de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (LGTB) do PSdeG-PSOE “7 Cores”, que presentou os seus proxectos dirixidos á normalización deste colectivo. A Concellería mostrouse
conforme coa creación dun Servizo Municipal de Mediación e Información LGTB que preste información para a loita contra situacións de homofobia.

Nesta primeira toma de contacto, o coordinador do grupo de homosexuais e transexuais dos socialistas de Galicia, Fito Ferreiro, acompañado de Juan Carlos Beceiro, propuxéronlle á alcaldesa e á edil a necesidade da colaboración do Concello na posta en marcha dun sistema de acción e atencións que responda ás necesidades creadas e herdadas por este sector da poboación. A través do Servizo Municipal de Mediación ofertaríase, tanto a mozos como adultos, as ferramentas e recursos que lles permitan afrontar situacións de abusos ou discriminación. O programa complementaríase, por unha banda, con protocolos de acción e atención directa, e por outra con programas de prevención e detección de condutas homófobas, xa sexa en institutos, centros laborais privados ou públicos, ou calquera institución onde se poida desenrolar un traballo cara o público.

Dende a Concellería da Muller apóstase pola posta en marcha do Servizo de Mediación que contará tanto con información, ofrecendo o apoio e os recursos necesarios ás persoas que os demanden; coma asesoramento, mediante a que se poidan afrontar casos de discriminación ou agresión que requiran xa dunha cobertura de tipo legal e médica pola súa gravidade. Do mesmo xeito, abordaranse outras actividades no futuro que reforcen as accións de normalización.

Con esta proposta, tanto o Grupo LGTB dos socialistas de Galicia coma a Concellería salientan a
necesidade da concienciación cidadá por medio de proxectos de formación e educación en diversos ámbitos, cuxo obxectivo primario é achegar a presenza e facer visible á poboación LGTB e acadar a súa total integración social.

Máis tarde fomos ata a agrupación local de Vilagarcía onde reunímonos coa Secretaria Xeral , Tania García e o Secretario de organización Álvaro Carou. Falamos da necesidade de traballar polo feito LGTB en cidades como Vilagarcía, onde é máis difícil vivir como homosexual e transexual que nas cidades máis grandes. Encontramos unha total disposición a traballar co grupo e facer políticas súas as nosas ideas.

Tamén falamos de ir buscando xentes para nun futuro a medio prazo crear o grupo LGTB local de Vilagarcía. É certo que temos un membro no grupo galego que é desta cidade, inda que por motivos de traballo atópase en Dinamarca.
Quedamos de acordo en realizar diferentes accións na agrupación local, como charlas e xornadas. Así como se nos pediu axuda para colaborar nos temas LGBT para o programa electoral das próximas eleccións municipais. Foi unha xuntanza frutífera e onde os membros da executiva de Vilagarcía mostraron o seu total apoio e colaboración co grupo LGTB e ca súa causa.

No hay comentarios: