lunes, 20 de junio de 2011

O CONSELLO DE DEREITOS HUMANOS DA ONU CONDEA TODA DISCRIMINACIÓN BASEADA EN CUESTIÓNS DE ORIENTACIÓN SEXUAL


O Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas recoñeceu este venres a igualdade de dereitos para persoas lesbianas, gais, bisexuais e transexuais a través dunha resolución na que condenou calquera tipo de acto violento ou discriminatorio contra unha persoa pola súa orientación sexual.

O texto, presentado por Sudáfrica, contou con 23 votos a favor, 19 en contra, tres abstencións e unha ausencia, a de Libia, que foi suspendido deste organismo o pasado mes de marzo. A resolución contou co apoio maioritario dos países occidentais, que cualificaron de histórica a votación, e coa oposición dos países musulmáns.

Para a embaixadora estadounidense, Eileen Chamberlain Donahoe, "hoxe deuse un importante paso para recoñecer que os Dereitos Humanos son verdadeiramente universais". "Condenamos a violencia contra unha persoa simplemente por ser quen é", sinalou, en alusión a unha "simple pero histórica" resolución.

"O dereito de elixir a quen amamos, a compartir a vida con as persoas ás que queremos é sacro", asegurou a representantes norteamericana, quen destacou, ademais, que "cada ser humano merécese a mesma protección ante a violencia e a discriminación".

As delegacións de países como Paquistán, Arabia Saudita, Bahréin, Qatar e Bangladesh rexeitaron a medida, e o embaixador mauritano, Cheij Ahmed Ould Zahaf, criticou que o debate mantido este venres "non ten nada que ver cos Dereitos Humanos". Ao seu xuízo, trátase de "un intento de cambiar o dereito natural dun ser humano cun dereito antinatural".

Pola súa banda, o embaixador mexicano, Juan José Gómez Camacho, fixo fincapé en que o debate non ten que ver con valores occidentais, senón coa defensa da non discriminación, ao igual que xa se fai con temas de raza, relixión ou xero. Para el, "a non discriminación por motivos de orientación sexual é exactamente o mesmo".

No hay comentarios: