miércoles, 1 de junio de 2011

X Bacanal Romana. Concurso de Variedades.

X Bacanal Romana. Concurso de Variedades

Venres, 17 de Xuño ás 23:30 - 18 Xuño ás 3:30
Lugar Plaza Santa Maria, Lugo

Organiza o Colectivo A.L.A.S. Lugo





Convocatoria:
1) Convócase un único concurso, no que se admitirán todo tipo de números de espectáculo e variedades.
2) A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases.
3) Os artistas deberán ser maiores de 16 anos.
4) O concurso celebrarase como certame aberto, actuando os artistas ante o público da cidade de Lugo e ante un xurado. O Espectáculo “BACANAL ROMANA” realizarase nun escenario sito na Praza de Sant...a María, a noite do sabado 17 de xuño de 2011.
5) Por ser parte do programa festivo “ARDE LVCVS”, é obligatorio o uso de estilismo crásico, penalizando a os que non o leven. o xurado valorará que a estética dos participantes suxira un ambente romano ou clásico, admitíndose estéticas grega, exipcia, bárbara celta ou semellantes, sempre que sexan acordes coa ocasión.
6) Entrarán en concurso únicamente aqueles números propostos e aprobados ata o mércores 15 de xuño de 2011.
7)Os gañadores da presente edición do concurso non podrán participàr o ano seguinte, pero poderán participar se asi o desexan abrindo o concurso, e con un posto reservaso dentro do Xurado.

Preparación dos números:
1) Preferentemente os números deberán ilustrar a diversidade afectivo-sexual, ademais de ser desenfadados e vistosos.
2) Admitiranse números de variedades en xeral, tipo transformismo, humor, play-back, canción en directo, música instrumental, baile, maxia, números visuais, etc.
3) Admitiranse números en solitario, dúos, tríos ou grupos maiores.
4) Cada participante ou grupo deberá preparar dous números, outorgándolle preferencia a un deles.
5) A duración de cada número deberá oscilar entre 3 e 6 minutos aproximadamente.
6) O material de instrumentación, caracterización e atrezzo corre a conta dos participantes.
Organización do espectáculo:
1) Tódolos números e nomes artísticos estarán suxeitos á aprobación da Organización, non admitíndose aqueles que poidan ser ofensivos, ou vulnerar os principios que o colectivo ALAS de Lugo defende.
2) Os artistas deberán contactar coa Organización vía telefónica (Guille: 667967336 / Diego: 626504193 / Cristian: 667330713 / Marcos: 627113848.) ou por e-mail (colectivoalas@gmail.com) á maior brevidade posible, sendo a data límite o día 15 de xuño de 2011, para dar aviso anticipado dos seus números.
3) En canto ós artistas, serán necesarios os seguintes datos:
- Nome artístico da persoa ou grupo. - Nome, apelidos e data de nacemento de tódo-los artistas. - Teléfono de contacto do artista ou grupo. - No caso dos grupos, nome do representante.
4) En canto ós números, serán necesarios os seguintes datos:
- Tipo de número (musical, humorístico, etc.).
- Título, autor e versión da canción no caso dos números musicais.
- Duración aproximada do número.
- Descrición xeral da execución e da estética do número
5) No caso de que se propoñan temas repetidos, a Organización non os poderá admitir, dando puntual aviso ós artistas, que poderán propoñer outro número. Seguirase unha estrita orde de inscrición para resolver esta cuestión.
6) A orde de representacións na gala corre a cargo da Organización, que a notificará con antelación suficiente ós artistas.
7) Segundo o tempo dispoñible e o número de participantes, é posible que soamente teña que representarse o número preferente.

Xurado e valoración:
1) O Xurado do concurso estará composto por expertos e afeccionados nos eidos da interpretación, a estética e o espectáculo, e por, alomenos, un membro do colectivo ALAS de Lugo, que terá dereito de veto en casos concretos de vulneración das normas ou dos principios de liberdade e igualdade que ALAS defende.
2) O dictame do Xurado será inapelable.
3) Os premios poderanse declarar desertos no caso de considerar o Xurado que ningún dos números presentados reúne a calidade necesaria.
Premios:
1) A valoración do Xurado e o anuncio dos premiados celebraranse ó final da gala.
2) O primeiro galardón do concurso consistirá nun premio en metálico de 400€ (no caso dos menores de idade, en cheques regalo en establecementos apropiados). Haberá un segundo premio de 200€ e un terceiro premio de 100€.
3) Pode haber outras sorpresas ou premios adicionais por categorías.
4) Estas bases poderán ser modificadas, publicándose as novas e notificándose o cambio a tódolos participantes xa inscritos.


ANIMAROS A PARTICIPAR!!!!!

No hay comentarios: