martes, 31 de mayo de 2011

CONCURSO FOTOGRAFÍA: “A MIÑA VISIÓN DO ORGULLO”


BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA:
“A MIÑA VISIÓN DO ORGULLO”
ORGULLO LGTB 2011
ASOCIACIÓN NÓS MESMAS


Con motivo do Orgullo LGTB 2011 presentamos o seguinte concurso de fotografía.

Os premios non són ningúnha marabilla, pero queremos ver cal é a vosa visión da celebración do Orgullo LGTB ou que é para ti o "Orgullo", que significa ou implica no teu día día, que xesto, imaxe, lugar, simbolo....o representa.

Calquera cousa que para ti represente a liberdade e a igualdade que reclamamos e celebramos o 28 de Xuño!!

BASES

1.Poderá presentarse calquera persoa, sen ningún tipo de restrición.
2. A temática do concurso é “A miña visión do Orgullo”, ás fotografías poderán ter calquera contido mentres o tema ou explicación da mesma (ver punto 3) verse sobre a reivindicación dos dereitos LGTB, a visibilización do colectivo ou outro/s tema en positivo sempre que non menosprecen, ridiculicen ou ataquen de calquera xeito os dereitos, reivindicacións e ás persoas LGTB. A Xunta Directiva da Asociación gárdase o dereito de non aceptar a concurso ás fotografías que non cumpran este requisito (o autor ou autora será avisado para a súa recollida).
3. A fotografía deberá vir acompañada dunha pequena explicación persoal de porque esa é a túa visión do Orgullo. O escrito estará mecanografado, terá un máximo de 5 liñas en Arial 12 e a dobre espazo e non estará asinado.
4. O número de fotografías a presentar por participante está limitada a 1.
5. O formato das fotografías será como máximo en A4 (21x29cm). Admitiranse fotos en cor e en branco e negro.
6. Cada fotografía levará un seudónimo escrito por detrás que o vincule có autor ou autora e o documento coa explicación (punto 3). Ademais entregarase, nun sobre pechado có seudónimo escrito por fora, unha folla cos datos persoais (nome, apelidos, DNI, dirección, correo electrónico e teléfono de contacto).
7. As fotografías serán enviadas á seguinte dirección:
“CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “A MIÑA VISIÓN DO ORGULLO”
Asociación Nós Mesmas, rúa Moaña nº2 2ºIzq 36209 Vigo
Ou poden entregarse na Casa da Muller sita na rúa Romil, nº20 (en horario de 17.30 a 21.30). A data límite de admisión das fotografías será o día 17 de xuño de 2011 (ás 19.30h no caso de entregalas na Casa da Muller).
8. De todas as fotografías recibidas seleccionaranse as tres máis votadas, que recibirán un premio.
A votación será pública e mentres estean expostas. As fotografías exporanse na Casa da Muller (rúa Romil, 20) desde o 20/06/2011 ata o 24/06/2011 en horario de 17.30h a 21.30h e o domingo 26/06/2011 nos actos de rúa que organiza a Asociación Nós Mesmas polo Orgullo LGTB (contactar coa asociación para confirmar lugar). Cada fotografía exporase numerada e coa explicación do autor ou autora. E serán votadas polo público que asista a mesma.
O reconto dos votos realizarase o 27/06/2011 na Casa da Muller ás 19h, sendo este de aceso público.
En caso de existir empate, será a Xunta Directiva a que decida baixo o seu criterio, como queda o desempate.
Os premios serán los seguintes:
· Primeiro premio: Marco dixital.
· Segundo premio: Tarxeta MicroSD e regalo da Asociación.
· Terceiro premio: regalo da Asociación.
A entrega de premios terá lugar o día 28/06/2011 nos actos de rúa que realizará a Asociación pola tarde (contactar coa organización para concretar hora e lugar).
9. As fotografías premiadas pasarán a formar parte do arquivo da Asociación Nós Mesmas e poderá ser utilizada en futuras campañas nomeando ao autor ou autora da mesma (nome ou seudónimo). O resto das fotografías poderán ser recollidas por os autores ou autoras contactando antes coa Asociación no teléfono 647774051. Quen o desexe, pode enviar sobre e selo coa dirección para remitirlle a foto por correo ordinario, a organización non se fai cargo de posibles perdas.
10. Participar supón aceptar estas bases e a inapelable decisión da votación ou no caso, do desempate por parte da Xunta Directiva.

Para calquera dúbida escribir a aso_nosmesmas@hotmail.com
nosmesmas@felgtb.org

No hay comentarios: