lunes, 16 de mayo de 2011

LOSADA MOSTRA O SEU TOTAL APOIO A LOS COLECTIVOS LGTB E COMPROMÉTESE A SEGUIR APOSTANDO POLA IGUALDADE













O candidato socialista, Javier Losada, mantivo un encontro con colectivos LGTB na sede da Agrupación Socialista Coruñesa, no que destacou o seu compromiso coa igualdade e a súa aposta por unha Gran Coruña respectuosa e tolerante coa diversidade.

Javier Losada afirmou que as políticas sociais e de igualdade dos socialistas fixeron posible que sexamos un referente no recoñecemento de todos os dereitos de colectivos LGTB. "Quero ser o alcalde de todos os coruñeses, e aposto por unha Coruña visible, na que se recoñezan os dereitos e necesidades de todos", asegurou o candidato socialista.

No encontro desta mañá participaron as entidades A.L.A.S. Coruña (Asociación Liberdade Afectivo Sexual), Milhomes e 7 Cores.

O número 15 da candidatura socialista e representante de 7 Cores, Fito Ferreiro, afirmou que o seguinte obxectivo é a educación, para seguir fomentando a educación en igualdade: "demos grandes pasos adiante, pero seguiremos traballando por unha igualdade real ademais da legal, para visibilizar e educar".

Fito Ferreiro destacou as medidas que impulsarán os socialistas pola igualdade e a visibilidade. Así, potenciarase o Servizo Municipal de Mediación e Información de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais; o primeiro de Galicia, con actividades e charlas en colexios, institutos, colectivos e asociacións, para normalizar a realidade LGTB.

Ademais, traballarase na prevención e orientación en casos de homofobia, mobbing, etc. E realizaranse todo tipo de actividades para o fomento da tolerancia á afectivo-sexualidade e loita contra a homofobia.

Tamén se propón traballar desde o Centro Municipal de Emprego coas persoas LGTB, especialmente cos transexuais, para atender todas as problemáticas e favorecer a contratación; e establecer coas administracións plans de formación para erradicar actitudes homófobas latentes e acabar coa linguaxe heterosexual; visibilización do feito homosexual e transexual pondo nome LGTB a rúas, praza; e programación de actos que fomenten o respecto cara á diversidade afectivo-sexual das persoas.

"Queremos que a Gran Coruña sexa un punto de referencia para a poboación LGTB de Galicia", afirma Fito Ferreiro, que tamén sinala o obxectivo de potenciar o Festival de Arte LGTB "Coruña Visible" e "Coruña Cinema".

No hay comentarios: