miércoles, 11 de mayo de 2011

7 CORES FELICITA AO CONCELLO DE VILAGARCÍA POLA POSTA EN MARCHA DO PUNTO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL LGTB

- Con este son tres os servizos de información e atención ao colectivo LGTB que funcionan en Galicia, e en todos eles goberna o Partido dos Socialistas de Galicia. Vilagarcía súmase así a Lugo e Coruña

-O Punto de Información LGTB trata de axudar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación, e denunciar de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten á súa “ser” LGTB

-Desde o Partido Socialista cremos que a loita pola igualdade se pode facer desde todas as administracións como estamos a demostrar no noso concellos

Santiago, 10 de maio de 2011. O grupo LGTB 7 CORES felicita ao concello de Vilagarcia pola posta en marcha do punto de información municipal LGTB. Sinalan que deste xeito o PSdeG fai realidade o compromiso coas políticas de igualdade para as persoas LGTB. Con este son tres os servizos de información e atención ao colectivo LGTB que funcionan en Galicia, e en todos eles goberna o Partido dos Socialistas de Galicia. Vilagarcía súmase así a Lugo e Coruña.

O Punto de Información Municipal LGTB de Vilagarcía funciona os xoves de 9:00 a 13:30 na concellaría da Muller. Lembran que poderá pedirse información sobre este servizo a través do correo pim.lgtb@vilagarcia.es, e tamén no teléfono 986 099 200 ext.107 ou 109. Existen folletos informativos que serán repartidos polos centros educativos da cidade, centros de Xuventudes, centros culturais, asociacións, etc.

O Punto de Información LGTB trata de axudar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación, e denunciar de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten á súa “ser” LGTB. Ademais presta servizo aos familiares de poboación LGTB que busquen recursos, expor dificultades ou inseguridades en relación ás súas fill@s ou familiares.

O Punto de Información tamén realiza actividades de divulgación de valores non homófobos e actitudes non discriminatorias a persoas LGTB.

Futura Lei de visibilidade de Galicia

O Partido Socialista reforza así o seu traballo pola loita pola igualdade real das persoas LGTB, unhas das políticas que día a día imos facendo realidade nas institucións onde gobernamos. A maiores explican que a Lei de Igualdade de trato que será aprobada no Parlamento garantirá o dereito de non discriminación a tódalas persoas. E lembra que dende o PSOE tamén se esta traballando na futura lei de Visibilidade de Galicia para a non discriminación das persoas homosexuais, transexuais e bisexuais. Será unha lei de carácter transversal que implique a diferentes áreas do Goberno tanto autonómico como locais e incide en oito ámbitos: lexislativo e xurídico, laboral, da saúde, educativo, cultural, da comunicación, do benestar e da participación e a solidariedade.

Desde o Partido Socialista cremos que a loita pola igualdade se pode facer desde todas as administracións como estamos a demostrar no noso concellos.

No hay comentarios: