domingo, 22 de mayo de 2011

COLEGASUR ESCINDIRASE DA CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA COLEGAS E DA FEDERACIÓN ANDALUZA COLEGAS.

Adxuntamosvos polo seu interese o comunicado público dado a coñecer hoxe por Colegasur de Cádiz con relación á Confederación Española COLEGAS.


Colegasur Cádiz deixará de pertencer á Federación Colegas. Con esta, xa é a cuarta escisión que sofre colegas na provincia de Cádiz. A opacidade na xentión do diñeiro, as deudas da federación Colegas, os impagos os traballadores de diferentes provincias e a pouca craridade na que se xustifican as subencións e as irregularidades en documentos que se presentan ante as administracións publicas son algúns dos motivos desta escisión.
Dende Colegasur Cädiz deixamos de formar parte do circo e do negocio no que se esta a converter esta hístorica asociación nacida na Andalucía, que nos últimos anos esta a sufrir un novo roteiro con postulados incompresibres dentro do movemento LgTB. O desacordo na forma na que o presidente da Confederación Española Colegas, Rafael Salazar Conde leva o presuposto da asociación a nivel nacional, é o que Colegasur Cádiz quere denunciar e facer público o que é un suposto manexo corrupto do orzamentos das subencións que adxudican as administracións.
Pero isto é somentes a punta do iceberg da corrupción e mala xestión que sofre a Confederación Colegas co seu presidente Rafael Salazar, á cabeza. Salazar fundou o que hoxe en día converteuse na súa forma de lucrarse. Ter unha asociación supostamente asamblearia para gañarse a vida desde vai máis de 20 anos é algo sen lóxica para o que se supón unha asociación asamblearia e democrática.
Colegasur non quere seguir participando desta forma de xogar cos dereitos LXTB. Non queremos pertencer a unha asociación inexplicablemente endebedada, cando só e exclusivamente funciona con subencións públicas. Unha asociación que as suas costas ten xa ducias de demandas e algunhas sentezas que a obrigan a pagar o que xustamente pertence os que son e foron os seus traballadores.
A inspección de traballo atopase nestes intres investigando a Colegas xa que cada vez son máis os casos de desvio de cartos de subencións, o impago a traballadores ou a invención de actividades que nunca acadan bo porto, co único fin de recaudar diñeiro para tentar pagar o gran buraco económico que ten dita asociación. Se todolos seus proxectos están subvencionados porque faltan cartos?
Colegas non ten detrás mais que as mesmas persoas que van rotando o seu posto de presidente. Somentes hai que botar unha ollada para ver que nos últimos anos as presidencias rotaronse entre as mesmas persoas, que non contan con ningún tipo de apoio social. Un exemplo pode ser Colegas Galicia o seu presidente, Rafael Moral pouco o nada ten que ver co tecido asociativo de Galicia. Tras a apertura de duas oficinas nas que non existe actividade algunha adebeda cartos alomenos a tres traballadores.
Outro ejemplo a creación de Colegasur Córdoba, entón que pasou con Colega Córdoba?
Os medios de comunicación deben de estar o tanto deste funciponamento e non usar a Colegas como fonte representaivo do movemento LgTB. Porque alardean unha cantidade de voluntarios inesistentes, que non os teñern nen pertencen a mencionada asociación.
Negámonos a seguir pertencendo a unha entidade coma esta , e pedimos as institucións públicas que esten atentos o destino das subencións. Xa que o caso de Colegas e o exemplo de facer puro negocio cos dereitos LgTB.
Colegasur da comezo a unha nova época alonxada desta trama de mentiras na que se converteu Colegas. Podemolo facer mellor ou peor, pero negamonos a ser os profesionais do activismo do engano e da mentira, puntualiza Ricardo Castro, Presidente de Colegasur Cádiz.

No hay comentarios: