sábado, 7 de mayo de 2011

COLECTIVOS LGTB E INTELECTUAIS ANALIZAN EN VILAGARCIA A PROBLEMARTICA DAS PERSOAS LGTB NAS VILAS GALEGAS



Os Colectivos A.L.A.S Coruña, TRANSGALIZA, O GRUPO LGTB 7 CORES e a catedratica Viguesa Beatriz Suarez Briones falaron dos problemas que afectan directamente ao colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais nunha xornada de sensibilización e información celebrada en Vilagarcía. A sesión tratou de pór sobre a mesa a realidade que viven estas persoas e de elaborar unhas conclusións que sirvan de guía ao deseño de futuras políticas e iniciativas municipais.

A profesora de literatura da Universidade de Vigo e experta en teorías feministas Beatriz Suárez Briones abrio as xornadas cunha conferencia. Tratouse dunha disertación na que se abordola teoría queer, centrada na afirmación de que a orientación sexual e a identidade de xénero son o resultado dunha construción social.

A xornada continuo cunha mesa redonda sobre a realidade actual do colectivo LGTB na que participaron José María Lorenzo Villaverde, avogado e investigador da Universidade de Copenhague especializado en Dereito de Familia en parellas do mesmo sexo; Laura Bugallo, pedagoga social e coordinadora do colectivo Transgaliza; Oscar Beceiro Hermida, do Colectivo A.L.A.S Coruña e Fito Ferreiro, coordinador do grupo 7 Cores.

Ese foro servirá para de elaborar un documento a modo de conclusións que o Concello utilizará como guía nas súas futuras actuación e que servirá como documento de traballo do Punto de Información LGBT que puxo en funcionamento o concello de Vilagarcía.

Fito Ferreiro falou "da realidade do colectivo LGTB nas vilas medianas e pequenas de galicia, o difícil que é vivir a túa vida nunha poboación pequena e aínda que non o queiramos ver, exite unha emigracion de pequenas vilas a cabezeras de comarcas e destas a cidades como Vigo, Santiago e Coruña, e ata a Madrid ou Barcelona" Por iso o representante do grupo LGTB 7 CORES "ve imprecindible o pór en marcha politicas que axuden a conseguir ao igualdade real dos mozos e mozas homosexuais, lesbianas, transexuais e bisexuais e poidan vivir libremente no teu pobo" , "Educacion, Normalización e Visibilización son as tres claves nas que teñen que basearse estas politicas".

Fito Ferreiro valora positivamenteo Punto de Información LGTB que puxo en marcha a concejalia da muller do concello de Vilagarcía "é un paso importante na loita da igualdade real das persoas LGTB".


A concelleira de Muller, Vitoria Hierro, considerou importante organizar iniciativas que visibilicen a un colectivo que aínda continúa sendo obxecto de discriminación. A edil anima a pais, docentes e mozos a implicarse nestas politicas, pois está convencida de que a comunidade escolar ten moito que facer para facilitar o camiño da igualdade e evitar situacións de rexeitamento cara aos que empezan a saír do armario.

No hay comentarios: