lunes, 2 de mayo de 2011

A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS DE A CORUÑA RECIBE PRÉMIO "MARCELA E ELISA" DO COLECTIVO LGTB MILHOMES



A ENTREGA DE PREMIOS TERÁ LUGAR O MÉRCORES 4 DE MAIO NO CAFÉ DE MACONDO NA RÚA SAN ANDRÉS ÁS 20:30 HORAS.

COMUNICADO DE PRENSA. A Coruña 2 DE MAIO 2011
COLECTIVO LGTB DA CORUÑA "MILHOMES"

FALLO DO 10º PREMIO MARCELA E ELISA

Se algún colectivo lgtb de Galicia pode acreditar non someterse a ordenanzas políticas de ningún partido nin esperar deles prebendas persoais, ese é "Milhomes". Por ese motivo, logo de criticar a "destro e sinistro" o deixamento das nosas institucións en materia de dereitos lgtb considerámonos cualificados para emitir o seguinte fallo:

No colectivo LGTB da Coruña "Milhomes", vistas os distintos labores realizados en favor dos homosexuais en Galicia, concluímos que no último ano a Concellaría de Servizos Sociais da Coruña destacou polo seu, cada vez máis completo, programa de visibilización e sensibilización cidadá nunha materia de dereitos lgtb: lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

Festival Coruña Visible,

Celebración do Orgullo Gai,

Festival Cinema Visible en abril,

Aprobación da rúa Tomás Fábregas,

Apertura da Oficina de Mediación LGTB,

Estas e outras accións puntuais son motivos suficientes para ter claro que estamos ante un compromiso destacado. Por todo isto outorgamos á concelleira de Servizos Sociais da Coruña, Silvia Longueira, o Premio Marcela e Elisa na súa décima edición.



O acto de entrega celebrarase o próximo día 4 de maio (mércores) no Café de Macondo (A Coruña, Rúa San Andres) ás 20:30 horas.

No hay comentarios: