"O PP segue traballando contra a igualdade", afirma
O Secretario de Movementos Sociais, Pedro Zerolo, asegurou hoxe que "haberá Lei de Igualdade de Trato nesta lexislatura a pesar das trabas que poña o PP na súa tramitación parlamentaria". Zerolo fixo estas declaracións tras coñecerse que a mesa do Congreso rexeitou tramitar con urxencia a Lei Integral para a Igualdade de Trato e Non Discriminación -cos votos do PP, CIU, PNV e Coalición Canaria-, tal e como solicitara o Goberno e demandado diversas organizacións sociais.
O responsable socialista de Movementos Sociais asegurou que estes intentos por parte dos sectores máis conservadores por tratar de impedir que o Congreso aprobe unha norma avanzada de protección contra a discriminación non terán ningún efecto, porque "a realidade terminará impóndose aos desexos de involución en dereitos".
Finalmente, Zerolo lamentou as declaracións realizadas por distintos dirixentes do PP respecto deste proxecto de Lei, porque nos mostran unha vez máis que o PP "segue traballando contra a igualdade".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario