jueves, 11 de marzo de 2010
Dende o grupo LGBT do PSdeG-PSOE queremos darlle a benvida ó novo COLECTIVO de homosexuais, transexuais e bisexuais, A.L.A.S. de A CORUÑA
A Asociación para a Loita Afectivo Sexual de A Coruña (A.L.A.S. de A Coruña) nace coa idea de ocupar un oco que os homosexuais, transexuais e bisexuais da cidade demandan e que se atopaba baleiro na nosa cidade.
O núcleo fundacional xurdiu de xente que xa demostrou a súa valía no colectivo A.L.A.S. de Lugo e do activismo coruñés, ademais de contar con xente nova. Temos ademais que felicitalos porque as catorce persoas que asistiron á asemblea fundacional elixiron a Vanesa Almeida Conde coma presidente. Cremos que esta elección axudará a normalizar a situación das mulleres lesbianas, grupo que sofren unha dobre discriminación.
Esperemos abrir liñas de traballo con este grupo xa que cada un temos un papel que desenvolver diferente. O noso obxectivo é o de ser transmisores dos colectivos homosexuais, transexuais e bisexuais da cidade e de Galicia co Partido Socialista e poder levar a cabo estas políticas ás institucións onde goberna.
Agora empeza un duro traballo, o do dia a dia e máis nestes momentos onde o activismo atópase relaxado logo de aprobada a reforma do código civil que nos deu a igualdade legal, pero que só significou un punto de partida para conseguir a igualdade real do noso colectivo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario