viernes, 12 de marzo de 2010
MEMBROS DO GRUPO LGTB DOS SOCIALISTA DE GALICIA ACODEN A UNHAS XORNADAS SOBRE LIDERAZGOS SOCIAIS NO INSTITUTO JAIME VERA DE MADRID.
O secretario de Movementos Sociais e Relacións coas ONG, Pedro Zerolo, inaugurou un curso de Formación de Novos Liderazgos Sociais organizado pola Secretaría de Movementos Sociais e a Fundación Ideas. A este curso asistimos varios membros do grupo LGTB do PSdeG-PSOE, e o resto asistirá ós seguintes.
O PSOE pretende con este curso formar e mobilizar a militantes e simpatizantes que traballan en diversos movementos e organizacións sociais de todo o Estado. Todos forman parte ademais dos Grupos Federais do PSOE, como son Punto Latino, Árabes Socialistas, Afrosocialistas, Pobo Xitano, Romanés, Búlgaro, Movemento Veciñal, de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais ou Laicidade, Liberdade de Conciencia e Relixión.
Durante a primeira xornada de traballo, o responsable socialista animou ós participantes a "non eludir debates e responder sen complexos a unha dereita que minte sen pudor algún". Neste sentido, Zerolo insistiu en que "é imprescindible transmitir á cidadanía as políticas desenroladas polo Goberno de Zapatero para loitar contra a estratexia de desafección da política que promove a dereita". "Debemos seguir participando nos movementos sociais para lograr transmitir as nosas ideas en todos os lugares", subliñou o dirixente.
Zerolo fixo especial fincapé en transmitir a importancia do Plan Extraordinario de Fomento da Inclusión Social e a Loita contra a Pobreza, "que aportará máis de 350 millóns de euros adicionais para programas de atención da poboación máis vulnerable". O plan, aprobado polo Goberno a semana pasada, "supón a maior aposta polo Terceiro Sector da Acción Social que realizou un Goberno na historia do noso país", destacou o responsable socialista de Movementos Sociais.
Estratexias de comunicación, como defender as túas teses, ademais de temas orgánicos da secretaría e do partido foron os puntos tratados. O domingo falouse sobre a Lei de Igualdade de trato que o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero aprobará en abril deste ano.
A Lei de Igualdade de Trato garantirá o dereito de non discriminación a todas as persoas. Para isto os seus esforzos dirixiranse en dous sensos. Por un lado, porase énfase na mellora da protección e a asistencia ás vítimas da discriminación e, por outro lado tratarase de impulsar medidas para promover a igualdade de trato. “Os estereotipos negativos e os prexuízos están no centro da desigualdade, e so merecen o noso rexeitamento máis profundo.”
Non será unha lei so especifica para a xente LGTB, xa que é unha lei que sae da Secretaría de Movementos Sociais do partido para toda as diversas minorías que conforman o estado español nestes momentos.
E nesta xornada tamén se debateu sobre a lei que xa se aprobou que loitará "Contra a pobreza e a exclusión social". É importante esta lei nestes tempos de crise, xa que aumenta as achegas do goberno para por en marcha programas de axuda ás persoas máis necesitadas nestes tempos tan difíciles.
Coma sempre en case todas as xornadas unha das partes máis importantes é o contacto humano que se realiza. Moi especial neste curso, xa que eramos xente de todo os grupos de participación da secretaría e ademais de todo o territorio español.
Temos que darlle as grazas ós profesores e poñentes, Rubén Turienzo, Juan Carlos Burga, Loly Osorio, Miquel Ángel Fernández e o propio Secretario de Movementos Sociais, Pedro Zerolo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario