miércoles, 31 de marzo de 2010
NOTA DE PRENSA DO GRUPO LGTB "7CORES" DO PSdeG-PSOE: DIA INTERNACIONAL POLA VISIBILIDADE DE TRANSXÉNERO.
Hoxe celébrase o segundo Día Internacional pola Visibilidade Transxénero. O segundo día dunha visibilidade que debía ter existido dende hai máis de dous anos e que inclúe non só transexuais senón todas esas persoas que se moven en medio dos xéneros, intentando nadar en medio da forte
corrente do binomio masculino-feminino no que somos educad@s.
Hai unhas semanas a sociedade internacional víase impresionada e sobretodo desorientada pola admisión en Australia do primeiro caso de xénero neutro, ¿cal é o problema desa conmoción? Curiosamente a crenza anquilosada durante séculos do deber de tod@s nós de admitir
que pertencemos a un xénero, a unha categoría inventada e abstracta
que nos condiciona como persoas dende que nacemos, asumindo roles de
comporamento, obrigas e deberes para “parecer”, que non “ser”,
homes e mulleres estandarizados por reglas que tradicionalmente teñen
promovido comportaments machistas, actitudes homófobas e por último,
unha recua de crimes transfóbbicos coa morte de milleiros de persoas
en todo o mundo polo simple feito de non actuar e parecer como unha
persona dentro dun xénero.
Por todo eso, por todas as inxustizas sofridas por todas esas persoas que como crime tiñan o de non caer dentro das categorías que poda establecel@s como home e muller, hoxe é un día especial. Por todo eso para o resto é tamén un día especial, un día no que poñer en cuestión todas as crenzas aprendidas por repetición durante as nosas vidas e cuestionar aqueles comportamentos que nos fan ser menos persoas e máis inventos autómatas dentro dun xénero. Por todo eso, é momento de celebrar a visibilidade de quen estivo invisibilizad@ durante séculos, ameazad@ e maltratad@. Por todo eso, temos o deber de abrir as miras dunha sociedade na que se esixe a liberdade individual, pero non permite
sair das categorías de vida normal e normalizada que poida ameazar a
orde tradicional.
Hora é de devolver a visibilidade d@s que quedaron sen voz por tanto tempo.
Nelson G. Rodríguez Avilez
GRUPO DE HOMOSEXUAIS E TRANSEXUAIS "7CORES" DO PSdeG-PSOE
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario