miércoles, 23 de junio de 2010
O GRUPO LGTB DOS SOCIALISTAS DE GALICIA VISITA O CONCELLO DE PONTEVEDRA
A tenente de Alcalde do Concello de Pontevedra, Teresa Casal e a concelleira de Benestar Social, Margarita Castejón reuníronse con representantes do grupo de homosexuais e transexuais dos socialistas de Galicia 7 Cores.
Esta visita enmárcase dentro das xuntanzas que o grupo LGTB 7COREs esta realizando nos diferentes concellos galegos para explicar os plans de traballo que está a desenrolar e presentar varias propostas de traballo en prol de seguir traballando pola igualdade real das persoas transexuais e homosexuais.
Fito Ferreiro, coordinador do grupo, destacou que "débese traballar na educación, na visibilidade e na normalización. Quédanos moito traballo que realizar ata chegar á igualdade real, como ben saben as mulleres."
Teresa Casal fixo fincapé en que "a igualdade real debe ser unha loita onde debe implicarse toda a sociedade; os gais, lesbianas e transexuais deben ser acompañados polo resto da sociedade."
Margarita Castejón contestou á pregunta feita por unha periodista na que se cuestionaba porqué seguíamos loitando se xa tiñamos a igualdade afirmando que "non é certo que estea todo feito. A igualdade legal existe, pero como ben sabemos as mulleres, logo de trinta anos despois de conseguir os nosos dereitos legais inda seguimos traballando por conseguir a igualdade real. Unha lei soe ser un punto de partida, non o final".
Na reunión falouse do proxecto para o Servizo de Mediación e Información LGTB. Por parte de 7CORES explicouse como está funcionando en A Coruña e Lugo. Unha oficina cun técnico municipal especialista en temática LGTB que serve de apoio ás persoas que teñen dúbidas, ós seus amigos ou familiares. Tamén encargaríase de preparar e realizar campañas de visibilidade, normalización sobre o feito homosexual, transexual e bisexual. Do mesmo xeito encargaríase de realizar charlas en colexios, institutos, asociacións, sindicatos,...
A concelleira de benestar apuntou que lle agradaba a idea e que lle gustaría que se traballara transversalmente en todos os estamentos do Concello, unha achega que nos pareceu moi interesante e coa que estivemos de acordo os membros de 7CORES alí presentes.
Pola nosa parte, presentóuselle a posibilidade de realizar cinefórums, exposicións, charlas, teatro… tanto dándolles un empaque especial "visibilizando" como dentro da programación habitual cultural que axude a normalizar a realidade LGTB.
Margarita Castejón comprometeuse a que o proxecto pasará a ser estudado polos técnicos municipais para logo estudalo nos órganos correspondentes e poñelo a traballar o mías pronto posible.
Este sería o terceiro Servizo Municipal de Mediación e Formación LGTB que se poría en marcha en Galicia, co que se empezaría a cumprir os obxectivos do grupo LGTB dos socialistas de Galicia de crear unha rede de técnicos que axude a normalizar, educar e normalizar a nosa situación. Unha rede que abarcaría a poboación das principais cidades galegas e as súas comarcas. Despois empezaríamos a traballar en extender o servizo ás cabeceiras de comarca, para poder traballar no rural galego, onde tal vez necesiten máis este servizo, inda que polas mesmas circunstancias é máis difícil de implantar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario