miércoles, 9 de junio de 2010

SE NON CREN NOS TEUS DEREITOS, NON FINANCIES A INTOLERANCIA


O grupo de gais, lesbianas e transexuais dos socialistas de Galicia está realizando unha campaña para que marques a casilla de fins sociais na túa declaración da renda.

SE NON CREN NOS TEUS DEREITOS, NON FINANCIES A INTOLERANCIA é o lema desta campaña que se está levando a cabo a través das redes sociais de internet e os diferentes blogs.

O grupo LGTB do PSdeG-PSOE di que todos debemos ser responsables co que facemos e cada ano temos unha oportunidade de mostrar o noso rexeitamento ós que empregan o seu esforzo e diñeiro en fomentar o odio cara nós.

Por iso solicitan que cando fagas a túa declaración da Renda marques a casilla de fins sociais, axuda ás ONG’s, axuda á xente que o necesita. Recorda que os outros tamén o fan, pero só cunha parte do teu diñeiro, co resto pagan as súas emisoras e prensa dende onde tentan, oxalá soubésemos o porqué, facernos todo o dano que poidan.

Ten isto en conta, a todos cústanos moito gañar o noso diñeiro e obrigatoriamente unha parte do teu irá destinada a estes fins.

Sé solidario contigo mesmo e cos demais. Por iso, marca o X dos fins sociais.

No hay comentarios: