miércoles, 26 de mayo de 2010

O GRUPO 7 CORES NO MAIO XOVE DE OURENSE

A xente do Barco de Valdeorras escapa a Ourense, a de Ourense a Vigo ou A Coruña” explicou Fito Ferreiro na súa visita a Ourense.





Dentro da programación dos “Maios Xoves” de Ourense celebrouse un “obradoiro sobre diversidade homosexual e transexual básico” na casa da Xuventude desta cidade.

O acto foi conducido por José Manuel Montero, membro do colectivo homosexual e transexual de Ourense A.G.L.E.T. Falou “da situación das persoas LGTB na cidade de Ourense e da problemática que ten o colectivo especialmente na provincias do interior de Galicia”

Logo falou Fito Ferreiro do grupo LGTB dos socialistas de Galicia 7 CORES sobre a futura “lei de igualdade de oportunidades e para a non discriminación” que pronto será aprobada polo goberno socialista do estado. Unha aposta por unha sociedade diversa, participativa e respectuosa coa pluralidade "na que colla todo o mundo desde a diferenza de cada quen. Unha lei que baseándose na educación, garantirá a igualdade de oportunidades e de consideración de toda a cidadanía, con independencia do seu sexo, orixe racial ou étnico, procedencia, conviccións ou crenzas, idade e orientación sexual ou identidade de xénero".

Tamén discutiuse no obradoiro sobre os movementos migratorios debidos ós problemas que ten a xente LGTB na nosa terra. Fito Ferreiro falaba de que “seguen detectándose movementos migratorios de aldeas a vilas, de vilas a cidades pequenas e destas ás grandes. A xente do Barco de Valdeorras escapa a Ourense, a de Ourense a Vigo ou A Coruña, e a destas cidades a Madrid, Barcelona ou Londres.” O coordinador galego do grupo 7 CORES, explicou que “inda se está a dar este proceso porque a pesares de que as novas leis permítennos vivir con todos os apoios legais, realmente segue sendo difícil para as persoas homosexuais e transexuais desenrolarse plenamente. E non so á xente que está máis armarizada, tamén estes problemas son compartidos coas xentes que viven máis libremente. Existen para o noso colectivo moitas dificultades para desenrolar unha vida plena.”

Nelson Gabriel Rodríguez Avilez falou da súa experiencia no Servizo de Mediación e Información de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais das cidades de A Coruña e Lugo. Que xente soe acudir a este servizo a pedir información ou como están preparadas as charlas para dar nos institutos e colexios. Falou tamén da situación actual no mundo da homosexualidade onde en oito países leva á pena de morte. Tamén introduciunos nas novas teorías sobre a homosexualidade, a teoría QUEER, que ven do mundo da anarquía e introduciu a problemática dos “intersexuais”.

Para finalizar debateuse entre todas e todos sobre a transexualidade en Galicia e pediuse a eliminación desta do catálogo de enfermidades da Organización Mundial da Saúde e a necesidade de facer unha gran campaña para conseguir este obxectivo.

Antes do obradoiro o coordinador do grupo LGTB dos socialistas de Galicia reuniuse con Jorge Quintela, presidente da Asociación de Gais Lesbianas e Transexuais de Ourense A.G.L.E.T. Fito Ferreiro explicou as políticas que estanse a levar no PsdeG-PSOE en materia LGTB. Falaron de como funciona e da filosofía dos servizos de mediación LGTB municipais. Tamén falaron dos actos que se poderían realizar durante o Día do Orgullo na cidade de Ourense.

Ó presidente de A.G.L.E.T presentóuselle o texto que será levado polo grupo LGTB 7 CORES na próxima conferencia política do PSdeG-PSOE do mes de Xuño. Un texto que fala de forma especifica da problemática do noso colectivo en Galicia. (Podedes ver o texto neste Blog) Ofrecéuselle ó colectivo de Ourense a posibilidade de incorporar novos puntos de vista que poidan axudar a mellorar este texto. Finalmente acordouse un futuro de colaboración entre A.G.L.E.T e 7 CORES.

A xornada en Ourense comezou cunha xuntanza na concellería de Benestar Social coa titular do departamento Margarita Martin. Nesta reunión traballouse principalmente de como por en marcha o servizo municipal de Mediación e Información LGTB. Nelson Gabriel Rodríguez de Avilez explicou como funciona e os obxectivos deste servizo, esencial para axudar a conseguir a igualdade real do noso colectivo. A concelleira Margarita Martin comprometeuse a por este servizo en marcha o antes posible, agora quedando pendente todo o tramite que hai que realizar no concello e a presentación deste ó Alcalde da cidade, Francisco Rodríguez.

Tamén se lle solicitou á concelleira que apoie dunha forma especial ó colectivo A.G.L.E.T da cidade, tanto nos seus proxectos como especialmente na programación do Orgullo 2010. Xa que as institucións deben implicarse nos actos do día no que o mundo LGTB únese para gritar e loitar pola igualdade real e legal en todo o mundo.

No hay comentarios: