domingo, 16 de mayo de 2010

O GRUPO 7CORES CELEBRA CON UN ACTO EN LUGO O DIA CONTRA HOMOFOBIA



DÍA CONTRA A HOMOFOBIA EN GALICIA

A Coruña, 16 de maio de 2010.- Solicitar que a transexualidade deixe de ser considerada unha enfermidade pola OMS foi o punto central sobre o que se vertebrou o acto que tivo lugar esta tarde en Lugo co gallo da celebración do Día Internacional contra a Homofobia e que foi organizado polo grupo LGTB do PSdeG-PSOE. A Praza do Campo da cidade lucense foi o escenario escollido este ano para levar a cabo o acto central deste día reivindicativo. No mesmo contouse coa presenza da deputada Silvia Fraga, portavoz de Movimentos Sociais e Igualdade do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego.

Guillermo Redondo, representante do colectivo LGTB A.L.A.S. Lugo, foi o encargado de ler un manifesto no que se congratulaban polo feito de que a homosexualidade xa non sexa considerada unha enfermidade, pero no que recoñecían ademais que inda falta moito camiño por recorrer e no que se solicitaba que este mesmo trato fose outorgado para a transexualidade que a día de hoxe todavía se considera enfermidade. No seu manifesto tamén pedían das institucións públicas unha maior implicación na loita contra a homofobia e a transfobia.

A continuación foi Fito Ferreiro, coordinador do grupo LGTB socialista 7Cores, que procedeu á lectura dunha declaración de intencións nas que se solicitaba e instaba ó Goberno de España a que traballe para que a transexualidade deixe de estar catalogada como unha enfermidade mental, aproveitando o proceso actual de revisión das clasificacións de enfermidades que estable a OMS. Recalcou ademais a necesidade de implicarse e axudar na súa loita as/os compañeiros/as transexuais que foron os pioneiros na loita polos dereitos do colectivo LGTB.

A deputada socialista Silvia Fraga leu a continuación o manifesto do PSdeG-PSOE polo Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia. Para rematar o acto, a militante transexual do grupo 7Cores Cristal Rámirez levou a cabo a solta de globos multicores que representaban a bandeira homosexual.

No acto tamén estiveron presentes representantes de A.L.A.S. Coruña, sumándose as reivindicacións os colectivos Milhomes de A Coruña, Nós Mesmas de Vigo, A.G.L.E.T. de Ourense, C.G.C. de Santiago, BOGA de Santiago e da Federación Galega ATURUXO.

O acto aproveitouse ademais para repartir entre a cidadanía folletos informativos nos que se recollía información acerca do motivo polo cal o 17 de maio ten lugar o Día Internacional contra Homofobia, Transfobia e Bifobia, xa que no 1990 foi nesa data cando a OMS suprimiu a homosexualidade da lista das enfermidades mentais.

No hay comentarios: