lunes, 10 de mayo de 2010
DÍA DE EUROPA
Temos que felicitarnos. Este ano celebramos o día de Europa con España á fronte da Presidencia da Unión Europea. É a cuarta vez que o noso país asume este reto, pero nesta ocasión fixémolo nun momento clave dada a situación actual de crise mundial. Iso fai necesario que a Presidencia española estea a traballar para impulsar un modelo de crecemento económico sostible e impulsando políticas para a creación de emprego. Se algo se demostrou con esta crise é a necesidade de coordinación europea para darmos resposta aos retos dunha economía globalizada e responder adecuadamente aos envites dos especuladores.
Somos 27 países e máis de 500 millóns de persoas os que nos encontramos traballando e loitando por un proxecto común, un proxecto onde non falte o diálogo e a negociación, que son o mellor xeito de evitar calquera conflito. Todos queremos unha Europa unida, forte, solidaria, igualitaria, unha Europa que xogue un papel fundamental no ámbito internacional.
Únome ás palabras do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero: “Queremos que os cidadáns europeos sintan realmente que a Unión Europea é relevante para a súa vida diaria, que a súa pertenza a esta nova Europa tradúcese en vantaxes concretas, que se sintan partícipes deste proxecto porque estende os seus dereitos, dálles seguridade, facilítalles os intercambios e a mobilidade, e proxecta no mundo os seus valores e a súa solidariedade.”
Por Pedro Zerolo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario