domingo, 9 de mayo de 2010

O LGTB DO CELEBRARÁ O DÍA CONTRA A HOMOFOBIA O SÁBADO DÍA 15.


O LGTB DO CELEBRARÁ O DÍA CONTRA A HOMOFOBIA O SÁBADO DÍA 15 CUN ACTO
CENTRAL EN LUGO E INSTA AOS CONCELLOS A TRABALALR ACTIVAMENTE CONTRA A DISCRIMINACIÓN POR SEXO


O PSdeG está a presentar mocións en todos os concellos galegos para pedir
política activas de integración e que a homosexualidade e transexualidade
deixen de considerarse unha enfermidade

Os socialistas galegos inclúen no texto marco da Conferencia Política a
proposta de creación dunha Axencia Galega contra a Discriminación


Santiago de Compostela, 7 de maio de 2010.- O coordenador do Grupo de
lesbianas, gays, transexuais e bisexuais (LGTB), Fito Ferreiro, e a secretaria
de Igualdade e Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, presentaron hoxe
os actos do Día Contra a Homofobia, que terán lugar o
vindeiro 15 de maio en Lugo.


Este acto, que se celebra dous días antes da data oficia – 17 de maio-
pretende conmemorar os 20 anos dende que a Asamblea Xeral da Organización
Mundial da Saúde suprimiu a homosexualidade da lista de enfermedades
mentais.

Fito Ferreiro explicou que este acto, que contará coa presencia de membros
dos grupos LGTB de Galicia, membros da Executiva do PSdeG, militantes e
simpatizantes, seguirá desenvolvéndose cada ano en distintas cidades
galegas.

Ademais desta actividade, Fito Ferreiro destacou que o PSdeG está a
presentar mocións nos concellos galegos co fin de que o 17 de maio sexa
considerado o Día Mundial contra a Homofobia pola ONU. A moción tamén
insta os concellos a traballar activamente para erradicar a homofobia e a
transfobia, a pedir que a OMS, que se reúne este ano, deixe de declarar a
homosexualidade como enfermidade mental e instar a outros países a adoptar
medidas para a igualdade como a legalizacion do matrimonio entre persoas
do esmo sexo.

Nesta liña, Laura Seara adiantou que o Ministerio de Igualdade está a
traballar activamente na Lei de Igualdade de Trato e Non Discriminación,
que en por obxecto establecer garantías como as que actualmente existen para
as ulleres a outros ámbitos de poboación que aínda sofren discriminación de
xeito directo ou indirecto.


Seara destacou que elaboración desta lei evidencia “a aposta clara do
Goberno de España aen materia antidiscriminatoria” e sinalou que os
socialistas “estamos a ofrecer respostas xurídicas e sociais orientadas
cara as vitimas da discriminación que sitúan a España na vangarda da
igualdade”.

A secretaria de Igualdade do PSdeG destacou tamén que o documento marco da
Conferencia Política dos socialistas galegos inclúe a proposta de impulsar
unha Axencia Galega contra a Discriminación, na que participen
administracións e o tecido asociativo, co fin de promover medidas a favor
da igualdade de trato e contra a discriminación.

No hay comentarios: